15 ene 2011

O PSOE abre as portas a renovación

Din na Voz de Galicia que a situación dos socialistas no municipio de Cariño está asentada. "Armada Castro ten tras as súas costas vinte e tres anos como líder indiscutible do PSOE na vila cariñesa". Nos recordan que tras un primeiro mandato de sete anos, os socialistas pasaron á oposición as seguintes dúas lexislaturas, nas que o PP alcanzaron o poder con Fernando Tallón como candidato. Armada recuperou a alcaldía e comezou un novo período en coalición co BNG. Agora tocanlle ás terceiras eleccións consecutivas tras o parón. Armada xa esta conformado pola executiva local do PSOE para liderar a lista dos socialista para as próximas municipais. A Voz que parece ben informada tamben apuntan a que o PSOE en Cariño atópase actualmente nun proceso de negociacións internas no que se vai completando aos poucos a lista electoral. Hoxe sabado, a asemblea de militantes reunirase onde se desvelará finalmente a lista elixida para as municipais. Unha das incognitas mais esperadas e saber o papel a xogar no futuro por Lois Armada, fillo de Armada Castro.