Mostrando entradas con la etiqueta a nosa historia. Mostrar todas las entradas

15 ene 2011
O PSOE abre as portas a renovación

O Aguillón escribiu isto
.
as
10:00
Etiquetas:
a nosa historia

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
8 abr 2010
Insistimos e somos moitos
O Aguillón escribiu isto
.
as
8:00
Etiquetas:
a nosa historia
24
comentarios

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
5 jun 2009
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Declaración Institucinal da Xunta de Galicia
Unha comunidade humana, ao igual que todas as agrupacións de seres vivos, só pode desenvolverse e progresar nun marco ambiental favorable, acorde coa súa natureza, e de características esencialmente estables. Así, podemos dicir que, antes de conformarse como unha política pública, a atención ao medio natural é un cultura da vida.
En Galicia, onde a identificación coa Terra é proverbial, a cultura ambiental ten que poñerse de manifesto de xeito permanente no conxunto das actividades públicas e privadas, individuais e colectivas, de produción e de ocio, industriais e agrarias. É por iso a Xunta de Galicia asume a necesidade de incrementar e respectar a cultura ambiental en dous aspectos importantes:
A) Na inspiración e conformación integral das políticas públicas, que en todos os casos e desde cada departamento deben manter os criterios de equilibrio e sostibilidade.
B) Na xeración dunha cultura cidadá, que, tanto a nivel individual como colectivo, asuma a idea de que a Terra é, ademais da nosa única morada, o noso maior patrimonio.
Toda política ambiental realista, ademais de potenciar a mellora dos hábitos individuais, debe estar enmarcada nas grandes liñas de actuación que se están definindo, especialmente nos últimos anos, no marco das Nacións Unidas e doutras organizacións nacionais e internacionais. Por iso, consideramos totalmente adecuado que o Día Mundial do Medio Ambiente de 2009 se celebre baixo o lema “O teu Planeta necesítate – Unidos contra o cambio climático”, xa que neste lema aparece explícita e concentrada a idea de que o problema ambiental ten unha dimensión global, que todos e cada un de nós temos a posibilidade de incidir no problema ou de formar parte da solución.
Pero tamén cómpre dicir, porque diso estamos convencidos, que non hai mellor achega ao medio natural que a firme e razoable convicción de que o progreso social e o benestar económico son perfectamente compatibles. Porque xa temos os suficientes recursos e coñecementos científicos para poder cambiar o sistema de explotación da natureza -ata acadar a plena sostibilidade- sen renunciar ás vantaxes conquistadas e ás riquezas socializadas nos dous últimos séculos de civilización.
Con esta declaración, a Xunta de Galicia quere contribuír a incrementar a conciencia e os coñecementos ambientais dos cidadáns, colectivos e institucións. O problema ambiental, que pasou de centrarse na cuestión dos recursos naturais a converterse nun compromiso de xestión e organización do medio, esténdese agora a conceptos tan importantes e omnicomprensivos como son a xustiza e a paz. Nun planeta ambientalmente deteriorado non poderían subsistir illas de progreso, benestar e liberdade. Por iso estamos obrigados a elevar a nosa reflexión ambiental deste 5 de xuño de 2009 desde Galicia ata poñela ao nivel da humanidade mesma.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2009

1 comentarios

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Suscribirse a:
Entradas (Atom)