23 ene 2011

O PP de Cariño fai balance con ilusión


O PP revalidou a candidatura de Juan Manuel Fachal como candidato a Alcaldía de Cariño. Dos nomes que compañaran o candidato pouco se sabe, ainda que e seguro una renovación. Parte da campaña que van facer farase en base o feito dende a oposición y o que van facer se logran a alcaldía. Entre as labores de oposición destacan o facer publico nos medios a presión popular que propiciou a retirada do vertedoiro incontrolado xunto o parque infantil e o que puido tamén co perigo do depósito de madeira xunto a pérgora do Paseo. Pero unha das bazas mais acertadas e que dende o PP de Cariño se propiciou que unha empresa veña a nosa Vila , e se instale no porto co obxetivo de dar traballo a 23 persoas, algo moi loable nos tempos nos que estamos. Tampouco olvidaranse das continuas explicacións que pediron pola paralización do poligono industrial, e sobre a paralise de inversións no municipio. A xestión de Juan Manuel Fachal na cofradía non se vai a ocultar. De feito a valoran como unha xestión moi boa e exemplar, gracias aos seus xestores e as súas relación con Portos de Galicia, e resaltando que o porto de Cariño leva acometido inversións por centos de miles de euros nos últimos catro anos. Parece que o PP esta e disposición de apostar duro por gañar as municipais.