28 ene 2013

San Xiao 2013: Un exito.

A Romeria de San Xiao do Trebo, con máis de dous séculos de historia consolídase como unha das primeiras festas populares do ano en Galicia. As baixas temperaturas non desanimaron os cariñeses. Non faltaron as empanadas nin as caldeiradas de peixe, nin os callos, as típicas chaolas tamén se viron nos pratos. Esta romaxe marca o comezo das máscaras en Cariño, unha localidade que vive con entusiasmo o Carnaval.

No hay comentarios: