31 ene 2013

O Concello pode perder o aval do centro de dia

O centro de día para maiores de Cariño xa foi entregado, pero a súa apertura está condicionada non só pola dotación do mobiliario senón por varias obras comúns coa residencia, como son a instalación eléctrica, o ascensor ou os sistemas de ventilación. O o investimento global superou os seis millóns de euros, financiados a través da Xunta (Agader), a Deputación e o Concello. A obra está finalizada, pero falta instalar o equipamento interior. Este centro comparte espacio coa residencia socioeducativa de anciáns, cuxa execución aínda non concluíu. A construtora entrou en concurso de acredores e os traballos acumulan xa un atraso de máis de tres anos. Queda pendente tanto concluír a parte do inmoble destinada a residencia como o pagamento da última certificación de obra emitida pola empresa adxudicataria. A anterior corporación que presidía José Luis Armada non abonou a última certificación pola dilación das obras. A construtora reclamou o pagamento de 128.000 euros, máis os intereses de demora, o que superaría os 200.000 euros. Pero ao final, a alcaldesa Purificación Seixido, chegou a un acordo cos administradores concursais e quedou en 109.073,61 euros. Ainda asi a situación e complicada. O Concello de Cariño está obrigado a abrir este ano o centro de día para maiores. Pola contra, tería que abonar os ao redor de 380.000 euros do aval depositado polo anterior goberno local, no ano 2009, para garantir a entrada en funcionamento deste servizo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Los partidos politicos de ese pueblo, son contra el pueblo, o es el pueblo que es tonto, que haceta esos politicos.