Ortigueira pechou a vixésimo oitava edición do Festival do Mundo Celta. Con menor asistencia que en anos anteriores, unhas 50.000 persoas pasaron nos últimos catro días pola vila ortegana. O certame desenvolveuse sen incidentes, na que supuxo a primeira cita coa prohibición expresa de carpas «dance» e aparatos eléctricos na acampada de Morouzos, máis tranquila, con menos cacharelas e raves, que deixou sabores dispares entre os asistentes. Unha normativa municipal puxo couto «ás actividades que proliferaron nos últimos anos» no piñeiral, cun gasto adicional en seguridade, a cargo dun presuposto inferior a 400.000 euros, contía similar á do 2002. Como é costume, o desfile de bandas puxo o broche a 96 horas de música que arrancou con dúas xornadas de mal tempo. Máis de 300 músicos, de oito formacións, marcharon a sopro de fol e redobre de tambor polas rúas de Ortigueira. Esa zona urbana, duns 1.800 veciños, viu como nos últimos días crecía exponencialmente a poboación e, á par, os servizos de seguridade. Uns 160 efectivos -80 deles de Protección Civil da provincia de Málaga- velaron pola seguridade dos folkies durante o certame, declarado de Interese Turístico Internacional no 2005. Policía Local e Autonómica, Seprona, Garda Civil e voluntarios completaron o servizo.
3 comentarios:
Moi interesante, pero, ¿do Carme non dicides nada?.
Xa temos un album na voz de Galicia.
¿Y?, ¿a caso esto qué es?, ¿un blog sobre Ortigueira o qué?. A mi lo que diga La Voz me la trae al pairo.
Publicar un comentario