27 abr 2012

Plans dun novo punto limpo en Cuiña

O pleno do concello de Ortigueira deu luz verde ao proxecto técnico de construción dun punto limpo no polígono de Cuiña, para dotar a área empresarial da localidade dun equipamento para a reciclaxe de residuos que tamén poderá ser utilizado por outras empresas da zona, os veciños do municipio, e o resto de localidades da comarca do Ortegal. Rafael Girón, logra un dos  obxectivos prioritarios do Concello. E sustituir asi o que na actualidade, é un recinto provisional no mesmo polígono. Para sacar adiante este equipamento solicitaran a Xunta a súa subvención.  O proxecto suporía un investimento de 111.876 euros, e inclúe as partidas precisas para o acondicionamento, urbanización e peche perimetral da parcela onde se situaría o parque de colectores, ademais da construción dunha caseta para o depósito de residuos tóxicos e perigosos.  O anterior punto limpo pechouse no ano 2009 por motivo das obras da construción da vía de alta capacidade.

No hay comentarios: