27 abr 2012

En defensa do naval

Os concellos aprobaron declaracións institucionais de apoio ao sector do naval en toda Ferrolterra.  Escrito por:Os 20 concellos uniron as súas voces ás do naval ferrolán, que reclama accións para deixar atrás unha crise que xa custou a destrución de mil empregos e ameaza a curto prazo outros 2.000. Os concellos celebraron plenos extraordinarios ás seis da tarde o xoves para referendar unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Navantia Fene-Ferrol e dos seus persoais auxiliares. A corporación de Cariño sumouse á declaración institucional, pero non chegou a celebrar o pleno extraordinario.

No hay comentarios: