27 abr. 2012

Cursos formativos no Concello de Cerdido

O Concello de Cerdido xa ten aberto o prazo de matrícula en varios cursos formativos de carácter gratuito que se desenvolverán no municipio nos próximos meses. Así, ofertan un curso de mantemento higiénico-sanitario de instalacións con risco de legionella. Trátase dunha formación presencial de 25 horas de duración obligatoria para a expedición do certificado oficial de Saúde Pública. Ademais programa un curso de condución e prevención de riscos laborais co manexo de carretillas elevadoras, outro de prevención de riscos laborais de nivel básico e un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. O prazo de matrícula termina o próximo 11 de maio e as inscripciones se formalizarán a través do Concello ou chamando ao 981 411 000.

No hay comentarios: