27 abr 2012

Exemplo de cooperación intermunicipal

Ortigueira e Mañón, teñen en vigor un convenio de colaboración entre ambos os municipios destinado a compartir recursos públicos locais co obxectivo de economizar e aforrar no gasto de ambas as administracións. Un convenio que  constitúe un exemplo de cooperación intermunicipal e debería ampliarse a mais servicios, e facerse extensible a mais equipamentos susceptibles de cesión,  e a toda a comarca do Ortegal.  Polo de agora o convenio compromete ao Concello de Ortigueira a ceder a favor de Mañón, sempre que a dispoñibilidade o permita, a carpa de titularidade ortigueiresa, para acoller actividades lúdicas, culturais ou turísticas ao aire libre. Pola súa banda, o Concello de Mañón cederá o uso da maquinaria para a limpeza dos areais que suporá, entre outros beneficios, acelerar a posta a piques da praia de Morouzos tras a celebración do Mundo Celta. Estas cesións fanse de forma gratuíta para os municipios beneficiados, é dicir, a administración ortegana asumirá os gastos de persoal precisos para o transporte, montaxe e desmonte da carpa. E a administración de Mañón asumirá os gastos do persoal encargado do manexo da maquinaria de limpeza.

No hay comentarios: