
A construcción dunha piscina cuberta climatizada foi unha das super promesas do PSOE. Na anterior lexislatura conseguiron dede alcaldia rematar coas xestions moi avanzadas do goberno de Fernando Tallon coa Deputación Provincial. O final a Deputación aportou 250 millóns das antigas pesetas para a sua construcción. Pero denda aquela xa choveu, e a piscina aínda non está rematada. E verdade que a construcción da piscina experimentou un retraso motivado pola quiebra da empresa adxudicataria do contrato, pero a piscina atopábase nun estado de execución moi avanzado, o que non estaba avanzada era a xestión administrativa do Concello que ante a quiebra da empresa de construccion non reaccionou con axilidade y reforzou a paralise da construcción. Tambén a problemática do mantenemento da piscina climatizada, cun custo enerxético que ronda os 120.000 euros anuais uns 20 millons das antigas pesetas para entendernos, deu mais dun quebradeiro de cabeza por pensar as cousas coma se pensan no Concello cos pes e non coa cabeza . O final o Plan E, que non aportou ningún emprego o noso concello pero si os paneis solales que quentarán a piscina, parece que permitiran o final disfrutar dela. A previsión temporal para a súa posta en funcionamento, que manexan no Concello, e como sempre amplia, sitúase entre decembro deste ano e o primeiro trimestre do vindeiro ano 2010.