A confradía de pescadores “Nosa Señora do Carmen” de Cariño non percibe subvencións da Consellería do Mar por non ter as contas saneadas. Estas axudas serían para a cofinanciación dos equipos de vixiantes. Fachal, comentou na Voz de Galicia que actualmente traballan no depósito dous vixiantes, vixialantes que dada a situación financia o 100 % a Cofradia. Afirmando que “estamos pendentes de contar co certificado que avala que as nosas contas están ben para poder demandar as subvencións”. Ata o 2005, asinábanse uns convenios de colaboración cos depósitos, polos que se lles adiantaba o diñeiro das vixilancias. O sistema cambiou co bipartito na Xunta, que habilitou unha liña de axudas, liña que ainda hoxe permanece.