30 oct 2009

Aulas Abertas de Teatro

Mentres a politica local segue ou seu devenir, o pasado mércores no Auditorio Municipal da Casa de Cultura, comezaron con éxito as monitorías das "Aulas Abertas de Teatro" destinadas a rapaces/as de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. As sesións están organizadas polo Concello en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tamben terán continuidade as sesións de contacontos que se veñen desenvolvendo os martes e os mércores na Biblioteca Municipal do Concello de Cariño para nenos de entre tres e sete anos en horario de 16:30h a 18:30h.