23 ene 2008

En loita pola VAC

Mentres Touriño e Armada paseaban esta maña, xuntiños da man, por Cariño, e despois contaban as suas milongas sobre a VAC na casa de cultura, os nosos veciños que estan en pé de guerra para lograr a VAC deron un paso mais na loita. O pleno da corporación de Ortigueira aprobou hoxe unha moción na que se solicita á Xunta de Galicia e ao Goberno central que aumenten "de xeito inmediato" os fondos destinados á construción da Vía de Alta Capacidade que unirá a cidade de Ferrol coa localidade lucense de San Cibrao. Na moción recórdase que, no actual exercicio, a Xunta só vai consignar 3,7 millóns de euros para a Vía de Alta Capacidade. Esta cantidade supón, un 92 por cento menos do que estaba previsto gastar en 2008. Ademais de esixir un maior compromiso orzamentario por parte das administracións, na proposta tamén se solicita á consellería de Política Territorial e ao ministerio de Fomento que axilicen ao máximo os trámites administrativos pendentes. O obxectivo é que se garanta que o corredor costeiro estará operativo no ano 2011. A iniciativa aprobada esta mañá en Ortigueira reclamaba o apoio dos grupos municipais á mobilización convocada por varios alcaldes do PP nas comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña lucense. Estaba previsto que a protesta se desenvolvese o próximo fin de semana na localidade do Vicedo, aínda que se atrasou ata o 17 de febreiro para solicitar o máximo respaldo social.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Fíxadevos nas cexas e no corte de pelo; modelo ZP.Faltan dous anos para as eleccións Autonómicas, xa veremos cantos metros están feitos do que dixo hoxe día 23 de Xaneiro de 2008.

Anónimo dijo...

Pobriños de Ortigueira....

É o que ten estar chupando do bote uns anos cun goberno de compadreo na Xunta. E non falo da cor política, senón do compadreo/colegueo do ex-alcalde con algún ex-conselleiro amigo.

Claro, así que houbo que gobernar a contravento.."mariquita el último", e o alcalde sae fuxindo escopetado.

Entre tanto, nun fraude aos veciños que votaron ao anterior alcalde, deixa posto ao actual rexidor que da a sensación que trata de gañar con actos revolucionarios o que non gañou nas furnas en maio (lembremos que era o nº7 da lista do PP en Ortigueira).

Agora, como trata de demostrar que "yo lo valgo" quere convertirse no salvador da comarca.

Pobre.

Non sabe onde se meteu, bastante terá con manter sen que a Xunta lle arríe millóns e millóns inxustificados (como viña sucedendo, e que provocara as protestas de concellos moito maiores en tamaño e poboación) as contas dese concello, que non debe ser moco de pavo o que se adeuda. Os proveedores están que trinan...

Polo de agora a manifa da VAC ía ser este sábado pero... ¡¡coincidía co S.Xiao!!. Vaia, que mala sorte. Os 40 buses de Cariño non poden vir...

Pois nada, deixámolo para o seguinte.. ¡ups!, tampouco pode ser que é entroido, e en Cariño celébrano moito.

¡Que mala sorte!. Bueno, pois para finais de febreiro, cando non hai novas, a ver se así saio na TVG como o de Cariño (na Voz xa saio, para iso lle puxemos á biblioteca o nome do dono do periódico) e me reivindico como defensor da patria, pensará algún...

E mentres, un presidente da Xunta vén a Cariño (e non a Ortigueira, a capital de 1.300 habitantes) a presentar a nova VAC, o enlace novo de Cariño coa mesma e a falar do novo porto deportivo que xa recolle o plan de portos de Galicia.

¡¡Incrible!! ¿ Un presidente da Xunta que vén a Cariño a iso e non a pescar ou encherse de pulpo e viño?.

Pois sí, incrible pero certo.

E como molesta...

Anónimo dijo...

E que chejou e dixo:
TOU en carIÑO

Anónimo dijo...

Canta saliva, canta baba, canta tenrura, canta hipocresía, canta parafernalia, canta solemnidade, canta progresía masónica, canto siervo, canto pasodoble, canta propaganda, canto conto, canta demagoxia, canta promesa, canto si señor, canta secta, canta pedagoxía, canta doctrina, canto ideal opresivo, canta utopía, canta fantasía, canta vida do conto, canto canto de serea, canta oratoria señorial, canta superfluidade, canta invención altruista, canta iluminación, canta eminencia, canta ambiguedade, canta emoción sincera, canto titiritero, canto teletubie, canto soño dunha noite de verán...

ZP, Touriño, Pepiño,...........
Cánta, cánta... despois do 9M canta y no llores, por qué cantando se alegra, cielito lindo, los co... los corazones...

JA,JA,JA,... acabouse o de vivir DO CONTO.