23 ene 2008

As eleccions estan cerca

Touriño, sin trineo de reos, nin camellos, fixo nunha visita relampago a Cariño e avanzou que a VAC da Costa Norte tamén estará conectada coa AP-9, grazas a un proxecto que xa ten en marcha a Consellería de Política Territorial, e que contará cun investimento de 40 millóns de euros. Deste xeito, segundo lembrou, a Vía de Alta Capacidade Costa Norte completará a súa comunicación co resto do territorio, xa que ademais da conexión coa AP-9 tamén conectará coa Autovía Transcantábrica, a A-8, dado que chega ata San Cibrao, ademais de coa A-6, a través da Autovía Ferrol-Vilalba. Na súa intervención referiuse ademais a outra infraestrutura de grande importancia para Cariño, sinalando que vamos contar cun novo acceso viario de titularidade autonómica de once quilómetros de lonxitude e que terá un investimento de 35 millóns de euros. Durante a súa visita Touriño tamén se referiu a outros importantes investimentos que o Goberno que preside está a realizar no noso municipio. Deste xeito, referiuse a un investimento de 7 millóns de euros destinados ao saneamento e depuración de augas neste concello, dos cales 6,5 irán destinados a unha nova depuradora e colectores xerais e o resto a un punto limpo. Asimesmo, avanzou que no Plan de Portos de Galicia está prevista a construción do novo porto deportivo de Cariño, “ese proxecto tan ansiado e reivindicado”. Por último lembrou o investimento de máis de 200.000 euros para a mellora das instalacións frigoríficas pesqueiras de Cariño e os 3,4 millóns de euros que se van destinar ao Parque empresarial que superará os 130.000 metros cadrados.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Bienvenido, Mister marshall

Anónimo dijo...

Xa vedes: desde hoxe xa podemos durmir tranquilos.Estamos conectados con AP-9; con A-8; con A-6. Novo porto deportivo (¿dónde está o primeiro?); outra depuradora (AÍNDA NON TEMOS A PRIMEIRA); outro punto limpo (o anterior parece ser que non o era); Parque Empresarial (xa van cinco anos de retraso as costas...).

Anónimo dijo...

Americanos..........

Anónimo dijo...

HAIIII QUE SORTE TEMOSSSS!!!
por fin Touriño coñeceu Cariño, foi unha pena que non aparcara o coche oficial de 80 millons das pesetas de antes, as portas do mamotreto, si chego a sabelo poño unha pancarta na galeria. Ven vido Presidente o Mamotreto!!!!

Anónimo dijo...

¿e verdade que Touriño atopouse co Aguillón na casa da cultura? ¿que o sabe?

Anónimo dijo...

Un presidente, (que se supón de todos), ven a vendernos 40 días antes das Eleccións Xerais unha serie de promesas que son imposibles de cumplir nos DOUS ANOS que a él lle quedan para as suas eleccións.Desde ó 2005 sempre disminuíndo o presuposto; no 2008 ó 92% menos que no 2007 e o presupuestado sin executar.Nun país verdadeiramente democrático a MENTIRA págase votando fóra ó que minte.
Debe de creer que os de Cariño temos encefalograma plano; moi listos non seremos, pero non tan burros como cree ó Sr. Touriño.
Este tipo de políticos dan noxo; toman as Institucións para usos descarados do partido.

Anónimo dijo...

O PP non é, dende logo, un exemplo a seguir no relativo á utilización das institucións para fins partidistas. E se queren poñemos algúns exemplos.

E no tocante ás infraestructuras tampouco. 16 anos no goberno da Xunta, catro maiorías absolutas... ¿qué estrada temos entre Ferrol e Viveiro?, ¿qué pasou coa Transcantábrica? Agora é moi fácil facer demagoxia, pero os feitos son os que son. Sucede o mesmo que co Plan Galicia. Fume que é moi fácil vender cando un está na oposición.

Anónimo dijo...

Por que non lle puxeron unha placa de inauguración o Mamotreto. Touriño seguro que estaria encantado de que seu nome figure na porta do mamotreto.

Anónimo dijo...

O das placas era outro alcalde previo, que non lle quedou esquina do pobo na que poñela (como cando os cans mexan), e iso sen facer nada.

A máis surrealista, a que está na casa de S.Xiao, onde reza que alí se vestíu un bispo. Como dixo algún.."e logo ¿ata eiquí veu espido?". E non falemos xa da que puxo nun terreo que un veciño cedeu amistosamente ao pe do cemiterio...

En canto á VAC, polo de agora a manifa que ía ser este sábado atrasouse. Sería porque... ¡¡coincidía co S.Xiao!!. Vaia, que mala sorte. Os 40 buses de Cariño non poden vir...

Pois nada, deixámolo para a seguinte fin de semana.. ¡ups!, tampouco pode ser que é entroido, e en Cariño celébrano moito.

¡Que mala sorte!. Bueno, pois para finais de febreiro, cando non hai novas, a ver se así saio na TVG como o de Cariño (na Voz xa saio, para iso lle puxemos á biblioteca o nome do dono do periódico) e me reivindico como defensor da patria, pensará algún...

E mentres, un presidente da Xunta vén a Cariño (e non a Ortigueira, a capital de 1.300 habitantes) a presentar a nova VAC, o enlace novo de Cariño coa mesma e a falar do novo porto deportivo que xa recolle o plan de portos de Galicia.

¡¡Incrible!! ¿ Un presidente da Xunta que vén a Cariño a iso e non a pescar ou encherse de pulpo e viño?.

Pois sí, incrible pero certo.

E como molesta...

Anónimo dijo...

Ahí le duele. O máis sorprendente dese outro alcalde de Cariño ó que "gallardonearon" hai uns meses e que a menos de 24h de deixar de ser alcalce, en funcións encheu o pobo de placas e inaugurou o famoso fogar da muller maltratada e do naufrágo, declarados de inutulidade pública.

Anónimo dijo...

!Pois menos mal, que si chegan a estar abarrotados......!
Ca de naufraxios que pasaron estes días, e que o Damafrán tal vez evitóu que foran máis os mortos, non está de máis ter un local axeitado por si fai falta.
E as mulleres maltratadas tamén vale máis que non precisen dun centro de acollida.Pero haber, háilas.

Anónimo dijo...

A ver, a ver, a ver, a ver. A qué ven esa euforia, retranca...

Se se fixera un mamotreto, un artal, un dinosaurio, case triplica-la deuda, se lle tomasen o pelo a xente co polígono, se falasen de corredores, vías,... que planificaron outros e que agora se corten investimentos, se fixeran un cura capataz, e nada diso fóra digno de un pleno...


Xa lle estabádes agardando con cócteles molotov na costa de San Adrián.

AS ELECCIÓNS ESTÁN A VISTA... ESPEREMOS QUE MOITOS NON DEIXEN O CEREBRO E A DIGNIDADE NA PORTA DO COLEXIO ELECTORAL...

Anónimo dijo...

Pero canta hipocresia hai, que pouca memoria, que pouca dignidade e decencia..........
Ten pelotas ver como cargades as escopetas contra o presidente, cando durante 16 anos tiñades as boquiñas ben pechadas.... ó mellor porque as barrigas estaban ben cheas.
Que eu recorde o proxecto inicial da autovia do cantabrico ia ate Ferrol non é?
Pero o o voso amigo Don Manuel, ó que lle adicastes unha rúa pola gran labor que fixo en Cariño, variou ese proxecto para que pasase pola sua Vilalba querida, e da VAC que foi o que fixo si nin proxecto habia, nin terreos expropiados...nada de nada.
E agora vos creedes con dereito a criticar, difamar, calumniar contra o presidente.
Si Cariño e o resto do noso pais esta na situación que esta é gracias a politica do PP nos ultimos 16 anos, millons e millons de euros que viñan de Europa, fondos de desarrollo gastados en cacicadas e en merda, nada de infraestructuras nada en desenrolo economico.... nada o PP practicou a "politica do canto peor mellor", canto peor estea o traballo mellor, mais favores que vender por colocar a alguén, canto peor esten os camiños o alumbrado..... mellor mais favores por asfaltar e colocar unha farola, politica que hai que recoñecer que electoralmente lles funcionou durante moito tempo, pero que facer non fixo nada polo pais...

Asi que ainda que compartades esa ideoloxia polo menos non sexades hipócritas e mentiros e non pensedes que en dous anos se pode arranxar a desfeita que deixou don Manuel y compañia.

A jugar!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Pois se algun sabedes ler,no edificio mais emblematico de cariño,si¡¡¡¡ ese no que se sinte ata cando se vai mexar´si,si¡¡¡¡¡ ese onde estivo onte touriño.Pois nese o noso actual alcalde puxolle unha placa co seu nome despois de perder as elecions do 95,quizais teria medo de que alguen se apropiara de semexante XOIA.¿OU sera que lle ten un cariño especial.(din as malas lingoas,que se fixo de bloque porque os ladrillos foron pra facer a sua casa

Anónimo dijo...

Por favor, informate un pouco antes de cuspir.

Anónimo dijo...

Ainda se lembra a choiva de críticas por rexeitar Tallón unha piscina...que non era cuberta... penso que con Luis Armada, que se opuxo o polígono, que se opuxo o Plan de Urbanismo, que tentou de boicotear distintos proxectos, que se opuxo as distintos acondicionamentos das rúas como a porta da pulida, mesmo as aceras de Feás,ect; asafaltado de multiples pistas forestais, miradores na serra e no Limo,... xa sen pasar por edificios con toda a súa extensión da palabra como o mercado municipal, que se usa agora de camerino do ortegal rock ou de almacén, edificios coma o de úsos múltiples marítimos e terrestres adulterados tirando tabiques pra facer o despacho oval, ou outros que quedaron sen executar coma o de Capitanía que iría en fronte o do mercado, e así un longo etc...

Imaxínome ese Cariño, sen centro de Saúde, Sen Campo de Fútbol(Que tal e como o cuidan mellor era),.. Co "pavillón", ca "Casa da Cultura", co "Dinosaurio", co "Artal", co "Mamotreto", cunha "piscina" ao aire libre que se usara dous meses,...

Pero mirade o lado bo, agora mesmo non farían controis na recta de Feás coma hoxe, Hixi non sería capataz,...


Pero agora que non conten contos a naide por moita placa que poñan, sen Pal de Ordenación Municipal non habería novo instituto, nova piscina... e incluso e o máis importante de todo o Polígono Industrial. Non abusen de hipocresía.

O erro foi non ter a xente ao corrente de todo cando foi preciso. Vexo moita xente botando charetas cos zapatos por que asomou a zoca o presi Touriño pra facer actos de propaganda pura e dura, xa que a oposición dos distintos concellos tiñan programada unha manifestación polas continuas tomaduras de pelo da VAC, un acto tan sucio e reaccionario coma seu contido demagoxico.


A historia de sempre. Cariño PROGREsadecuadamente, Galicia PROGREsadecuadamente, España, PROGREsadecuadamente.....

Iso si...pola LOGSE. Calamidade.

Anónimo dijo...

Fontes ben informadas (un militante) dinme a causa de que se teña atrasado a manifestación en favor da VAC que o PP dos concellos do norte tiñan organizada para mañán sábado.

Non é porque sexa S.Xiao e os de Cariño non vaian a ir, non. Nada diso.

A causa é que.... ¡¡¡HAI UN ACTO POLÍTICO DE RAJOY EN GALICIA!!!.

Manda truco, como o ledes. E claro, é máis importante ir a ver a Rajoy que manifestarse pola VAC.

Iso é o que lles importa a estrada aos señores do PP (en realidade é o mesmo que lles importou sempre...).

Ainda que claro, vendo que -agora sí- se vai a facer, case que é mellor ir a apoiar a Rajoy, que moita falta lle fai a tenor das enquisas.

E logo chaman electoralistas aos do PSOE. Con un par de ovos...

Rajoy antes que a estrada. ¡¡¡Viva Girón, o alcalde non electo como tal!!!

Anónimo dijo...

A VAC, naceu do PP. Decir que o PP nunca lle importou e simplemente unha falsedade de tantan que andades arreando pola boca.

Con Raxoi, Mariano, o noso futuro presidente da nación ten que estar respaldado, os militantes teñen e deben de ir xunta del por que é o único que sabe como é a VAC, así como os seus VERDADEIROS investimentos, prazos, ect... co PSOE xa non tiñamos moita fé, pero é que xa non paga a pena ir ao despacho da Sra. Caride, reunións,... pedir limosnas dunha obriga e un deber deste irresponsable e propagandista goberno nacional-socialista.


Se tuveran algúns un ápice de dignidade en vez de limpa-lo paseo e decora-la "casa da cultura", facer parafernalias mediaticas e propagandísticas e fixeran os seus deberes, é dicir, gobernar, pero bueno, que se lle vai facer. Logo era mellor que viñera pescar(no Artal, supoño), se enchera de polbo e viño, e non veña contar andrómenas.


Iso de ter alcaldes non electos,.. non hai que berrar tanto e pordiosear xa que che pode pasar a ti. Cando as barbas do teu veciño ves rasgar pon as túas a remollar... Claro que algún só pensar niso xa lle tembla a queixada.

Anónimo dijo...

A Transcantábrica naceu de Don Manuel, pero que digo a transchairega, porque pasa por Vilalba e remata en Begonte creo, e pra facer de coma quen por aquií unha VAC, vivimos no cu do mundo, pero o Señor dos Hilillosh (q vaia a un logopeda) non nos toma o pelo.