
Os últimos movementos da área sanitaria de Ferrol, co nomeamento do pediatra naronés José Ramón García como novo xerente, deixaron aos municipios de Cariño, Ortigueira e Mañón cun servizo infantil sesgado. As mentes preclaras da sanidade galega dicidiron que o titular da praza de pediatria de Cariño fose trasladado a Narón para cubrir a praza que deixou vacante o novo xerente da área e non se chegou a repor. A explicación oficial é que "Narón é un municipio que está crecendo moito. En cambio, nos outros concellos a poboación permanece máis estable", a verdade que tamén pudiron decir "Os de Cariño joderos, que os nenos de Naron son mais e mellores". Pero estemos tranquilos, agora o pediatra de Ortigueira terá que facerse cargo tamén do noso municipio. Foi unha pena que Touriño non soupera isto o outro día, seguro que na sua vista prometianos catro pediadras a tempo completo para noso centro de saude.
34 comentarios:
sempre somos os de Cariño os que pagamos os pratos rotos doutros sitios, asi que agora nos quedamos sen pediatra porque o levan a Naron, debe ser que os de Naron pagan impostos e nos non. Ou será que ali hai un alcalde que loita polo povo e sen ser do PSOE nin do PP nin do BNG defende os seus veciños con tanta forza que os do bipartito xunteiro teñen que drobrar as suas intencións.
PEDIATRA XA
FISIOTERAPEUTA XA
DENTISTA XA
Que tristura, que baixeza...
Moi certo é que municipios como Narón son os que están crecendo na nosa comunidade autónoma. A Conurbación, ten moita culpa diso. Os núcleos urbáns e as zonas industriais atraen man de obra pero as esixencias do prezo da vivenda entre outros fenomenos fan que a xente teña o seu domicilio en concellos limítrofes ou en zonas optimamente comunicadas co seu centro de traballo ou negocio.
E así como zonas como Narón, Arteixo,ect... fan as funcións de "cidade dormitorio", co consecuente incremento pronunciado da súa poboación. Poboacións que sen dúbida nesesitan de investimento pra ateder a sua continua demanda.
A demanda é unha boa bara de medición, pero tamén o é o poder inquisitivo dos cidadáns. Un municipio, como Cariño que ainda bastante incomunicado, a desmán de todo, e inxusto que eses cidadáns teñan que cubrir tantos desprazamentos, afrontar taxas, ect... e afrontar pérdidas e gastos, cando moitos outros disfrutan de todo a máns cheas e case de balde.
Todo o mundo lembra (ou polo menos algúns), as políticas que queren ou que nos seus programas aparecen a defensa do rural, dos municipios menos favorecidos, de cubrir necesidades, prestación de servicios, sanidade alcance de todos, infraextructura...
Talantes, desexos, papeis, intencións,...papel mollado. Dime de que presumes...
Por outro lado, vin algún comentario por ahí abaixo dicindo que esta web só se uso para calumniar e inxuriar. E certo que se fan mensaxes dende o anonimato e que a xente dí o que pensa e o que cala moitas veces, pero eu saco moito en limpo ainda cando o río esta enturbiado, é unha ventá pola que se asoma a liberdade, con todo o que iso supón. Peores son as campañas de casa por casa, a intoxicación masiva na que sempre hai persoas como obxectivos, e detrais as súas familias, iso é o que realmente pode facer dano. Non un vínculo que nos pode unir ou comunicar.
VARA. ADQUISTIVO....perdoade.
Quentin dis unha boa verdade, esta web é unha fiestra aberta por donde entra aire de liberdade, mais ainda agora que pecharon o libro de visita das Caleiras otra vez. Si non e polo Aguillón neste noso Cariño ninguén levanta a man pra decir !xa esta ben! tanto comulgar con rodas de muiño.
Pero falando do tema do pediatra, como sempre das desfeitas doutros as pagamos nos, que ses lles vai o pediatra a Naron, pois non hai problema sacamos o de Cariño e o traemos para Naron, total os nenos e nenas de Cariño non estan enfermos nunca, e se pasa alguhna desfracia a culpa a tera o nordés. ¿ Cando despertaremos deste mal sono ? ¿hai un pobo en galicia tam pouco defendido polos seus veciños e polos seus politicos? ¿que fixemos na outra vida para merecer esta castigo nesta?
A Caleira non pechamos nada.Temos un problema co libro de visitas e o administrador debe andar ocupado. E como os nosos coñecementos do internet son limitados,pois haberá que esperar.Son Marilyn, a secretaria e como proba de que non todo funciona á perfección, intentéi agora mismo facer unha conta neste blog e tamén me foi imposible.Comprobádeo. Así que teño que firmar como anónimo.Dame igual. Perdoade as molestias que intentaremos sokucionar canto antes.Graciñas.
Agora que vale máis SOLUCIONAR.
Fe de erratas.
Como nos gusta meter os cans na bouza. Se Marilyn di que hai problemas, pois hai que pensar que así é.
Veño observando dende hai un par de semanas que ca proximidade das eleccións xa hai algúns enmerdando, ou tentandoo, o libro de visitas da Caleira. Hoxe estarán que trinan o non poder engadir a cagada diaria que lle sae desa mente revirada.
Unha aperta para a Monroe :-)
Hola a todos los usuarios de esta
página , cobardes por naturaleza ,
que se esconden en el anonimato
para intentar insultar , difamar e
injuriar . Hay mucho espabilado que
nos rodea , la mayoria de ellos ,
siempre listos para alimentarse con
los problemas de los demás.
Parasitos de la vida , buitres carroñeros que siempre estan al
acecho de los errores que se puedan
cometer y en vez de promover
soluciones os escondeis en esta
página , sin dar la cara .
Leo na Voz de Galicia de hoxe "La Consellería de Sanidade confirmó que se trata de una reorganización definitiva y no provisional. La explicación oficial es: «Narón es un municipio que está creciendo mucho, mientras en los otros ayuntamientos la población permanece más estable". Anda a de coña con nos, "reorganización definitiva" e quedaremos calados claro total para que queremos o pediatra ¿verdade? esto e unha vergonza mexan por nos constantemente.
Se esconden en el anonimato
para intentar insultar, difamar e
injuriar. ¿quén? eu non vexo nada do que dis. A min pareceme q a xente ainda se comporta mellor do esperado e eso que o pode facer dende o a nonimato.
Xustifica-la conurbación pra deixar sen servicio de pediatría a municipios que estan moito menos comunicados... debe ser de educación pra a cidadanía. ISO SI QUE É UNHA CHAPEADA NO CÚ.
Xa vou entendendo, como o neno do alcalda xa vai crecidiño dabondo, por iso non fai nada para que os nenos dos demais podan crecer asi de fermosos tamén. Armada loita un pouquiño polo pediatra anda rapaz!
En vez de ter máis servicios, temos menos.Eu vexo moitos nenos pequenos, máis que outros anos, e non comprendo como se van a apañar as máis e os páis con un pediatra DOUS DÍAS Á SEMANA. Si enferman o día que non está o pediatra, ¿xúntanse cos maiores que abarrotan as salas de espera de enriba? Pois qué lindo.
Ao final tan só vai quedar o conserxe....ao tempo.
deixadeo ir que pa merda que facia esta mellor mirando dos de narón ,era do peor que habia pola volta pa min que o levaron por que naide confiava nel e faltavanlle clientes.Deixadeo ir pa onde queira pero iso si que nos manden outro en condicións ,de quen te poidas fiar non que che de unhas gotas de via oral pa votar nun ollo , mellor que se vaia falo desde a esperiencia teño dous fillos e dios me libre de levarllos a ese tipo ,que nos manden algo bo .
Estou de acordo de que non era o millor especialista, pero o malo do tema e que desaparece a figura do PEDIATRA.Agora xa nin bó nin malo, non existe.Imonos ter que automedicarnos, en contra dos consellos da OMS.
No salgo de mi asombro el revuelo que ha causado en la comunidad PaParda la compartición del pediatra con dos concellos más y hace apenas cuatro años la centralización de todas las guardias y demás servicios fuera del horario "normal" se las llevaban para Ortigueira con el beneplácito del Sr. Fernando Tallón Cabana y toda la comunidad PaParda de nuestro entorno.
Me lo expliquen.
Xa esta o sociolisto de turno votando merda sin limpar o cu
Non o entendo esto non e cuestión de sociolisos o pepardos e cuestion q nos quedamos sin pediatra
Na época de Fernando Tallón Cabana había guardas de noite con presencia física localizada; refresca a memoria; agora todo está ben, os da vila protestan porque son papardas e nos non protestamos porque somos sociolistos.Da noxo
Hai a memoria, a puta memoria; ó final vai a ser que un bó día que se concentraron as 3/4 partes do pobo na Casa da Cutura para protestar porque levaban "esas guardas de noite con presencia física localizada" para Ortigueira foi unha ilusión óptica, un soño.
Que pouco lles gusta a xente da diestra recoñecer os seus propios erros.
Agora eso está feito e forma parte da historia deste pobo.
Neste momento ocupa o tema do pediatra, pero tamén sería bó que se recoñecesen e se adeprendese dos erros propios.
Ata Maricomplejin recoñeceu onte que invadir Irak foi un erro. Lástima que moitas familias e amigos de José Luis de Dorila xa non vivan para cóntalo.
Eso de que levaban as guardas de noite para a vila é unha mentira máis das moitas que soltan os fanáticos que de tanto repetilas terminan creendo; nesa reunión a que aludes quedou demostrado que non había por qué preocuparse: e por parte do xerente de Atención Primaria do PP explicouse, que cando na vila funcionase o PAC, Cariño iba a mellorar os seus servicios non a recortalos e que xa estabamos sendo tratados como ningún Centro de Salud de toda Galicia: estaba funcionando hasta as dez da noite (todos os demáis das mesmas caracteristicas cerraban as tres da tarde) e a partir das dez da noite estaban os médicos con presencia física localizada. Moi listos non somos, pero non nos queiran estos nacionalsociolistos facernos burros; como cando anunciaron a bombo e platillo que íbamos ter
unha ambulancia medicalizada e así o venderon, e benvida a que temos; como foron tamén apreciadas as duas que antes prestaron o seu servicio (a da confraría durante moitos anos e a do Concello) o tempo pasa e as novas tecnoloxías poñense ó servicio dos veciños.A Sanidade no noso pobo está a sofrir unha merma de servizos que traballo costaron en conseguir; por eso non debemos baixar a guarda; e un sin sentido ter que ir a vila a facer a rehabilitación,como está sucedendo.
Sin servizo adecuado de pediatría; dentista xa non o botamos en falta porque non o tívemos nunca.En fin, menos rollo e máis feitos.
Falando de nenos...
Na nova ley do aborto un feto human abortado de 29 semanas(BEBE SETEMESINO), deixará de chamarse restos humans polo de residuos sanitarios....
E preguntome eu...Suxeitos como Xose Luis Rodriguez Zapatero con corenta e tantos anos...¿Que se lle pode denominar?
Pra que defender a eutanasia, vendo todas as irregularidades en materia de sedacións que estan a ocorrer en toda-las partes do pais... ter un exercito de médicos que se venden ao mellor postor ao servizo do estado é arrepiante.
E aos interinos, axudantes,... Os traballadores dos hospitales víctimas de todo abuso, que debería se-la prioridade deste goberno mentiran, son desprezados.
Todo sexa polo obreiro.
Ai claro agora o entendo por iso non necesitamos pediatra, o que necesitamos e un experto en residuos sanitarios....
- A campaña de Zapatero é un auténtico disparate. É un candidato desesperado, sen ideas, sen balance de xestión e sen equipo, que xa só se dedica a meter a man na chistera a ver se sae algún coello.
- O último Coello é un cheque de 400 euros, un regalo de campaña con cargo aos Presupostos Xerais do Estado que demostran que Zapatero carece dun modelo fiscal coherente.
- A única promesa electoral chamativa é unha ocorrencia de última hora, improvisada, como recoñeceu a vicepresidenta do Goberno ao dicir que a medida conta con dificultades técnicas e que non se pode levar a cabo agora.
- A idea é un exemplo de caciquismo. Parece sacada da España rural do século XIX e non é un bon exemplo para unha sociedade española que aspira a liderar o século XXI.
- Despois de reprocharnos aos españois que demos propinas dun euro, Zapatero chega cunha propina de 400 euros debaixo do brazo. O PSOE é autor de importantes promesas históricas que nunca cumplíu.
- Pola contra, o PP ten un programa para gobernar. Un programa que pon o énfase nas propostas económicas, con ideas para promover o pleno emprego de calidade e a contención de prezos.
20 puntos menos de confianza económica
- A confianza dos españois na economía caeu 20 puntos desde que goberna Zapatero. Os 10,1 puntos positivos que se atopou Zapatero en 2004, son agora 10,5 puntos negativos, segundo un estudio comparativo das enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas.
- As enquisas do CIS, como os datos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), amosan que os cidadáns teñen unha percepción real da crise, por moito que Zapatero se empeñe en negar a súa existencia.
- A inflación desbocada, o aumento do paro e a subida das hipotecas están na orixe desta crecente desconfianza dos cidadáns. A incapacidade do Goberno para corrixir a situación, a súa tendencia a negala e a falla de medidas que intenten paliala completan un panorama que é lóxico que os españois vexan como moi negativo.
- Os españois necesitan recuperar a confianza e para elo é imprescindible un Goberno que acerte no diagnóstico e teña receitas e equipos capaces de curar os males da nosa economía. A persoa que pode conseguir todo iso se chama Mariano Rajoy.
¡¡Desperta Cariño¡¡
Donde están os fundadores do Movemento Veciñal,o señor Armada e o señor Varela.¿Xa non importa a perda do Pediatra?
Os nenos do Concello de Cariño só poden emfermar dous días a semana.
Canta demagoxia,cando gobernaban os outros,queríamos a xente na calle para reclamar melloras no servicio sanitario.
Ahora gobernan os nosos é baixamos as orellas dicindo.¡¡Que sea o que Deus queira¡¡.
¡¡ Xuntémonos todos e vade !!
Hai xente que confunde o que se dixo naquela histórica reunión de centos de veciños na Casa da Cultura para reivindicar uns servizos sanitarios dignos, e o que querían que se dixera e que a día de hoxe se lembrase daquilo.
Para comenzar, eu estiven alí. E non teño ideoloxía remunerada nin lle debo nada a ningún partido político.
Lembro varias cousiñas:
1.- A revolta promoveuna, entre outros, o actual alcalde.
2.- Moitos veciños de dereitas non foron porque creían que aquilo era un ataque á Xunta de Fraga e a Tallón.
3.- Os conferenciantes foron os responsables do BNG e PSOE no parlamento galego e, como figura institucional (voceiro da administración autonómica), o xerente da consellería de sanidade para a comarca de Ferrolterra (polo tanto, posto polo PP naquel intre).
Debatiuse largo e tendido se Cariño tiña o que merecía. Lembremos que as gardas localizadas eran dende as 15:00 horas ata as 8:00 horas, ou o que ´´e o mesmo, soamente había médicos en consulta de 8 a 3 da tarde. O que diga o contrario (como se dixo arriba, minte). E non hai máis que lemrar cando ao coñecido Yoni lle deu un infarto na praia da Concha, xusto frente á clínica, un día de verán a iso das 7 da tarde.
Houberon de buscar aos médicos non sei onde, e tivo que vir o helicóptero a recoller o que era xa -por desgraza- o seu cadáver. A ambulancia de Ortigueira apareceu non sei canto tempo despois porque "iba noutra viaxe".
Porque claro, é que ambulancia tampouco había.
O que se xogaba naquela reunión era non era conseguir unha nova ambulancia, ¡¡que va!!, era que as gardas localizadas desaparecesen e tivésemos que acudir ao centro comarcal de referencia (Ortigueira) dende as 15¨:00 horas en adiante.
De ahí se partiu. O actual alcalde -recentemente elexido por aquel entón- entrevistouse con Fraga para pedirlle non so que os médicos estivesen de garda NO CENTRO MÉDICO (e non na casa ou nos bares) de Cariño 24 horas (como agora pasa), e solicitoulle unha ambulancia.
A resposta xa a sabemos. Nada de nada.
Ben, logo co tempo conseguíronse ambas cousas.
O da ambulancia (que moita xente que escribe eiquí cala, porque debe molestar falar diso) foi un logro que de tela antes cecais -e digo cecais- poidera ter salvado algunha vida.
E, con todo o meu respeto, é ser moi hipócrita non alarmarse por non ter unha ambulancia antes (que a nosa ten as características de UVI móbil, con desfiblilador, etc..) e rasgarse as vestimentas agora por un -MOI NECESARIO- pediatra tódolos días.
É moi hipócrita esa postura.
¿Que vos alarmaría máis nun hospital, que retirasen o servizo de Urxencias ou o de pediatría?
A min, sen dúbida, uirxencias. Dentro do malo, alí sálvanse vidas ao límite e aos nenos -ainda que moito peor- poderían atendelos outros médicos.
Unha ambulancia é algo de urxencia, de imperiosa necesidade.
Tamén o é ter ao médico alí, no centro. Que atenda ao que chega apurado no momento, e non ter que esperar a que saia da cama, se vista e se achegue.
Digo eu, vaia.. Eu son padre de nenos, e creo que a miña prioridade sería esa.
Agora ben: ¿por que temos que ver reducido o servizo de pediatría?. A min, igual que recoñezo aqueles logros, paréceme unha tomadura de pelo o que está a pasar.
Xa sei que non eliminaron o servizo, que o hai 2 días á semana, pero os nenos non escollen cando enferman.
Así que xa poden espabilar o alcalde e socios, porque senón haberá que voltar a mobilizarse...¡¡pero contra eles!!.
O mesmo que houbo hipocresía antes (e hai agora) coa postura do PP pode comenzar a habela agora por parte do PSOE-BNG, que tanto deron a lata coa necesaria ambulancia e gardas de presenza física.
Os veciños da rúa estamos fartos de partidismos...¡¡¡espabilen xa!!!.
O que escribe isto debe de creer que o resto dos veciños somos parvos; o que había en Cariño no Centro de Saúde sabémolo todos e non é o que vostede dí. Cariño xa era tratado como unha excepción. Os médicos de urxencias eran de presencia física localizada.E nesa reunión explicouse moi ben que hasta Francisco Cerviño quedou sorprendido.Cariño sempre tuvo ambulancias ó que lle fai falta son bos médicos para atender e sanar no momento.Cada vez temos menos, iso non ten debate, é un feito.
Hasta as mamografías temos agora que ir a Ferrol.Home fú.......
Os líderes do movemento veciñal... cómo sera o resto...
Tranquilizádebos un pouquiño,é mirade para o presente si queredes.
A historia dun Pobo é moi importante,pero,recurrir a ela para autosatisfacernos con erros de outros gobernantes,é un fracaso para o presente é futuro.
Levamos casi cinco anos de Goberno de Coalicción.¿Donde está a boa xestión?.
Mercado Municipal,Artal(hipoteca flotante),novo edificio Capitanía Marítima,novo Cuartel da Garda Civil con eles dentro,claro está,unha Ambulancia Medicalizada,un pediatra para todos os días da semana,unha Piscina Municipal Climatizada que se nos ven ofrecendo desde a Segregación,cantos van xa no outro mundo sin poder disfrutála, é non lle pase coma o Mercado Municipal.
Con esta xente que nos goberna,os cariñeses, temos que durar os anos de Matusalén ,para poder disfrutar das cousas que nos prometeron.
É un longo etc.etc.de promesas imcumplidas,sírvanos de exemplo,o Polígono Industrial.
Esto é o que hai,e non lle dar máis voltas a vara de marear, nos guste ou no nos guste.É, polo feito de votar por eles,non pode ser impedimento para quitarnos a venda dos ollos é ver todo isto é máis.
"Cariño sempre tuvo ambulancias".
Impresionante, sobran as palabras.
Tranquiiiiilos!! O asunto do pediatra non so afecta a Cariño, senón tamén a Mañón e a Ortigueira.
En breves aparecerá Super-Girón ao rescate para salvar á comarca deste revés, xa veredes.
Está que se sale.
Tranquiiilos que xa vai vir o 10 de Marzo SEN FALTA!!!, Luis e Maleny Álvarez ca tuneladora para atravesar a Miranda pra a nova estrada!!!
E o nº que me falta de Super López.
Publicar un comentario