17 nov 2007

A sinceridade de Armada

Armada esta encantado coa Consellería de Política Territorial, xa que adxudicou, fai unhas semanas, por un importe de 139.000 euros, a redacción do estudo informativo e de impacto ambiental da conexión de Cariño coa futura vía de alta capacidade. A conexión entre o centro de Cariño e a vía de alta capacidade, que medirá uns dez quilómetros, terá un ancho total de doce metros: dous carriis, loxixamente un de ida e outro de volta, de 3,50 metros e outros tantas beiravías de 2,50. Vamos un luxo comparable con unha autovía. Armada, nun arranque de sinceridade di na Voz de Galicia "Non podo adiantar unha data na que a estrada estará en funcionamento, pero o importante é que o proxecto está en marcha e vai ser unha realidade". A velas vir por tanto di o noso alcalde, polo menos e sinceiro, eso xa e algo. Os de ortigueira, que para estas cousas das inversións públicas son mais espavilados dúbidan de que a vía de alta capacidade estea terminada antes do 2015. Entre a sinceridade de Armana e a loxica dos de Ortigueria, o Aguillón esta por mercar un cabalo e facer a ruta polo monte como os indios.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Por máis que leo non alcanzo a comprender o texto:

"Armada esta encantado con a Consellería de Política Territorial adxudicou, fai unhas semanas, por un importe de 139.000 euros,..."

Me lo explique. Porque ou redactas mal ou non teño eu nivel para alcanzar a entender o que queres dicir.

Anónimo dijo...

Tes razón falando de indios xa escribo como eles. ¿ou será Armada que me pon nervioso?

Anónimo dijo...

"...El portavoz de infraestructuras del PSOE, Abel Losada, y el diputado autonómico Ismael Rego, fueron los interlocutores socialistas que recibieron, pasada la una de la tarde, a los REPRESENTANTES POLÍTICOS de los consistorios de Cerdido,Moeche, Ortigueira, Vicedo Viveiro, Xove y Cervo-vuelven a ser significativas las ausencias de los alcaldes de Cedeira y CARIÑO-...".Diario de Ferrol/ sábado 17 de noviembre de 2007.


"...por lo que no descartaron la posibilidad de que la zona (Variante de Ortigueira), pueda verse beneficiada por la política que se aplica desde la Cptopt, en el sentido de ejecutar las obras en función de la tramitación de los expedientes."

Dádevos conta que as nosas praias enchense solas; con internet chéganos para promoción turística;para que queromos máis cartos se non podemos gastálos, que aínda estamos pensando por onde se fai, ou se se fai por riba ou por baixo, e iso pra nosos descerebros é moito xunto; xa o pensaran na Xunta que pra eso están.Nos a tomar castañas con leite fervida que son moi boas pra limpar o intestino.

Anónimo dijo...

E curioso que Cerdido e Ortigueira, por nomear 2 ben próximos durante o mandato do PP non estiveron presentes en nada. Todo estaba ben feito ca xunta de D. Manuel. Esa mesma xunta do mausóleo-mamotreto da cidade da cultura de galicia que non ten pes nin cabeza.

¿Onde estaban cando D. Manuel trazou a transcantábrica pola súa Vilalba natal?

Curioso. O vial da costa por Vilalba. Vilalba, ademáis de ser a terra natal de D. Manuel e a terra do capón e tamén e ben coñecida polos seus portos deportivos, diques de abrigo, ensenadadas e praias. Por eso o vial da costa pasa por Vilalba.

Dende logo, quen non sexa un pouco tonto, ou non vota, ou dende logo que non vota a estes do PP que son unhos trapalleiros.

Anónimo dijo...

AS hemerotecas están aí pra leélas; os alcaldes de todos os partidos, no seu momento, fixeron o que tiñan que facer e sempre xuntos. Ó que non é de recibo é que ó alcalde de Cariño non este onde éstán todos os seus compañeiros de partido, o alcalde de Viveiro por exemplo é do PSOE, nestes intres, e xa ves como da a cara, como antes a deo o do PP.Estamos a falar dunha VIA de ALTA CAPACIDAD.Pero o alcalde conformase, está contento cos plazos virtuales administrativos que inventa por vergoña.Patético

Anónimo dijo...

falar por falar

Anónimo dijo...

Ea de Monseñor Rouco tamen : Canto se lles revalorizaron os prados....

Anónimo dijo...

2015... Xusto vai coincidir ca primeira expedición tripulada a Marte... Cariño, a este paso estará tan lonxe coma Marte... Esixan sres. olviden por un instante nas súas siglas e defendan a súa terra...

Anónimo dijo...

NI UNS SON TAN BOS, NIN OS OUTROS SON TAN MALOS... SO UNA PEQUENA DIFERENCIA DE IDEAS. VISTO ESTA QUE O FINAL CALQUERA QUE ESTA NO PODER, AS COUSAS FANSE O MESMO, TARDEN UN POUCO MAIS OU UN POUCO MENOS... XA DIGO MAIS OU MENOS, NISTO ESTA A DIFERENCIA.

Anónimo dijo...

Dou por feito que a xente que aquí fala está ben informada porque so un necio se aventura a falr sen saber ou informarse.
Partindo desa premisa inalienable, eu pregúntome varias cousas:

- ¿Por onde íamos a sair da VAC os cariñeses antes de que Armada alegase o trazado?. Supoño que, como tod@s víchedes o trazado orixinario saberedes que o tandem Feijoo-Campo tíñanos reservado unha sopresiña.

Cariño sen saída propia.

E mentras, Ortigueira con saída norte e sur (como se fose Coruña ou Manhattan). E por suposto Espasante con saída, etc...

Dou por feito que isto o sabedes, porque tamén dou por feito que, como calquera veciño que se teña interesado no asunto, teríades ido á Consellería de Política Territorial en Santiago (ou polo menos á Delegación provincial) a ver o pastel que nos preparaban.

Eu fíxeno, aposto a que vos tamén.

- ¿Quen conseguíu unha estrada nova de entrada e saída directa en Cariño -actualmente en estudio do trazado- cara a VAC?.

Creo que o actual alcalde. Unha vez máis, non hai máis que ir á Consellería e ver as alegacións de uns e outros, así como as datas.

E ollo, eu falo de feitos sobre os papeis oficiais, con datas oficiais e rexistros de entrada e saída oficiais, vistos cos meus propios ollos.

Ao César o que é do César.

¿Que se pode mellorar en cousas? Nun cento, iso seguro (non hai máis que mirar o pobo), pero non debe impedir decir a verdade.

Lembro unha ocasión na que concelleiros e alcaldes do PSdG-PSOE e BNG se reuniron na ponte do Baleo (¡¡ que vergoña esta ponte no século XXI !!) para pedir a VAC. Convocaron a tódalas forzas e partidos da comarca (pódese rastrexar a nova no buscador de La Voz, por exemplo). Pois ben, os do PP -e menos Campo- non apareceron. Dixeron que era algo partidista.

E agora eles fan o mesmo.

E mentres nós agardando pola estrada... Todos iguais, ou case, se é que esta Xunta non comeza a executala antes da fin da lexislatura.

Tamén se ten falado de transferir a titularidade da actual estrada Mera-Cariño á Xunta (hoxe en día é da Deputación). Eu considero -é unha opinión persoal- que isto sería un erro, por varios motivos.

O primeiro porque é un trámite farragoso que leva tempo. O segundo porque daríamos unha coartada á Xunta para non facer un novo vial de acceso á nosa vila e, terceiro, porque necesitamos esa estrada nova xa que na actual (ainda que pase á Xunta ou a quen se queira) non se pode axilizar a movilidade.

Sabemos ben que esta estrada atravesa numerosas parroquias, a limitación de velocidade é alta -por tratarse prácticamente dunha travesía contínua- e, por se fose pouco, casde non hai onde adiantar.

Necesitamos unha estrada nova, sexamos ambiciosos (ou covizosos, como queirades decir).

Creo que debemos ter unha maior amplitude de miras que, como xa se dixo eiquí, hai outros concellos que xa as teñen. Así nos vai.

Eu non entendería propoñer un cambio de titularidade na estrada en troques de unha vía nova, nin estando na oposición como está o PP. Penso que primeiro está o interese xeral e, logo e moi de lonxe, o interese partidista (e xa nin cito ao interese persoal).

Pero cada quen é moi libre de facer o que lle pareza. Por algo isto é unha democracia...

Un saudo