18 nov 2007

Pola ampliación dos servicios sanitarios

O PP de Cariño pedirá ao Concello por medio dunha moción no próximo pleno do día 24, que esixa ao Sergas a ampliación dos servizos sanitarios. Juan Fachal, declarou na Voz de Galicia que as infraestruturas en materia de sanidade son insuficientes para os veciños de Cariño , dado que hai unha gran demanda de tres novos servizos que, ao noso xuízo, son imprescindibles a día de hoxe. Fachal estase a refír en concreto ás especialidades de fisioterapia, odontoloxía e radioloxía, cuxa carencia causa que os cariñeses téñanse que desprazar a Ortigueira ou a Ferrol.

64 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo o que sexa pedir está ben, máis esta proposta soa a coña.

Non hai que facer moita memoria para lembrar a movilización en contra da centralización dos servicios sanitarios en Ortigueira co beneplácito de Fernando Tallón e o PP local en pleno.

Agora reclaman máis servicios onde antes tanto tiña.

Me lo expliquen.

¿Está Tallón dacordo con esta petición cando hai nada estaba dacordo en que todo se centralizase en Santa Marta de Ortigueira?

Pode que o BNG e o PSdeG-PSOE non teñan moita fé neste pobo, pero dende logo a credibilidade do PP está polo chan. Cada vez a máis.

Sexan serios Sres. e Sras. PoPulares. Con estas cousas nen lle fan un favor ó pobo e moitos menos a os seus intereses, se e que habelos hainos.

Anónimo dijo...

Efectivamente, isto é outro alarde de hipocresía pepeira.

Oito anos con dúas maiorías absolutas e tódalas administracións ao seu favor. E oito anos de centralización de servicios en Ortigueira.

Porque penso que todo o pobo sabe qué goberno conseguíu as gardas de presencia física as 24 horas do día. E tamén qué goberno trouxo o servicio de ambulancia.

Tamén habería que lembrar a aquel representante do PP nunha mesa redonda coa casa de cultura ateigada de xente, na que o señorito dicía pouco menos que todo estaba ben, e que en Cariño eramos moi afortunados de ter o que tiñamos.

O que está claro é que cando un está na oposición pode dicir de todo, pero viría ben que estes señores do PP fixesen de vez en cando un pouquiño de autocrítica.

E tamén habería que ver se esas especialidades que demandan poden implantarse nese excelente centro de saúde que se fixo durante o mandato pepero. Por que me parece que o centro non anda moi sobrado de espacio e, de feito, o PP sempre xustificaba que en Cariño non podía haber PAC "porque el centro de salud no reune los requisitos".

Dito sexa isto, paréceme moi ben que se implanten especialidades no centro de saúde. Todo o que sexa mellorar está ben. Pero neste terreo -como en moitos outros- tamén hai que admitir que o bipartito fixo máis en catro anos que o PP en oito. E ao PP cariñés máis lle valía estar calado.

Anónimo dijo...

pero quen manda dende fai seis anos. por favor repetide conmigo..en Cariño os que mandan son os do PE SO EE ...PE SO EE, parece que non nos enteramos, a culpa sempre do PP manda carallo, ¿e se non existera o PP? ¿ a que lle votarias a culpa? ¿a quén?

Anónimo dijo...

"quen manda dende fai seis anos". Vamos a ver:

mayo 2007 - mayo 2003 = 6 años

De nuevo, aflora el gran sentido del rigor de los peperos cariñeses. En su línea habitual y en la línea de este blog.

Es cierto que el bipartito gobierna desde hace cuatro años y medio (no seis). Y después de ese tiempo, el centro de salud de Cariño tiene guardias de presencia física las 24 h. del día y ambulancia también las 24 h. del día.

El PP gobernó 8 años con dos mayorías absolutas y en todo este tiempo no fue capaz de conseguir ni una cosa ni la otra. Por eso Uds. pueden demandar lo que consideren oportuno -faltaría más- pero su credibilidad deja bastante que desear.

Y tanto PSOE como BNG llevaban en sus programas electorales esa demanda, así que imagino que en eso estarán trabajando. Porque sólo faltaría que aún encima se nos erijan Uds. en los salvapatrias de la sanidad cariñesa. Con semejante historial bien pueden...

Anónimo dijo...

Gracias ó PP temos un Centro de Saúde en Cariño que pouco a pouco o propio PP foi dotando de máis e máis servicios a medida que se foron necesitando.
Hoxe en día na Xunta de Galicia non goberna o PP; goberna un bipartito, como eiquí en Cariño, por tanto agora tócalle o PSOE&BNG dotar o Centro de Saúde de Cariño para que cubra o que a sociedade cariñesa pide e necesita. Non se trata de quén fixo máis ou menos se trata de facer, non de tirar balóns fóra. Catro anos perdidos máis sete de antes, fan once de PSOE e Armada bis e nada feito.Agora temos listas de espera hasta en Atención Primaria, que xa é decir.Asi que menos despilfarro sanitario e máis eficacia e atención a os ciudadáns.Ó rollo de Tallón é pura mentira, seguide injuriando e calumniando, a xente de ben deste pobo sabe que o Centro de Saúde fixoo o PP e aí está pá que o enchades de servicios.Como dixo Raquel Cobo (médico) portavoz do PSOE en Ortigueira´.
"Le voy a recordar una cosa a usted y a su grupo. Una cosa que parecen olvidar.
La diputación tiene gobierno socialista, la Xunta tiene gobierno socialista, el Estado tiene gobierno socialista".
El PP de Cariño propón ao bipartito do consistorio que se una a petición que fan os ciudadans do noso pobo.Non creo que sexa moito pedir.

Anónimo dijo...

Que desagradecidos son estes sociolistos, sinon fora polo PP aínda estariamos na antiga clinica. E logo o friki de Luis Armada xa esta satisfeito coa ambulancia. Patético.

Anónimo dijo...

A ministra de Sanidade, a Conselleira de Sanidade do bipartito, veu eiquí a vendernos o da ambulancia "medicalizada"- que por certo non é verdade que sexa unha ambulancia medicalizada-, benvida sexa pero o Centro de Saúde necesita de máis servicios, que supoñemos que en esa visita de tan altos cargos se lle pedirían. Ou solo viron a enseñarnos o que é unha ambulancia non medicalizada, que xa vai sendo hora de que adapten estos vehículos as novas tecnoloxías, estalles pasando como os Picasso dos guardias, ou como a ambulancia que tiña o concello, o tempo perece no tempo, e estas ambulancias empezan a estar obsoletas.
En maio veñen eleccións. É tempo de pedir.

Anónimo dijo...

Ui, cómo se alteran estes pepeiros! Non hai cousa que máis ofenda que as verdades.

Por máis que foda, a sanidade en Cariño tocou fondo nos anos do PP, así que a facer o hipócrita a outra parte. As especialidades para o centro de saúde de Cariño seguramente virán, pero non será polas mocións que presente o PP.

A ese que tanto fala de anos perdidos (os peperos repiten máis que o chourizo), pois hai que dicirlle que, sentíndoo moito, semella que a xente de Cariño non comparte a súa opinión. Por moito que lle pese, as frases non se convirten en verdadeiras a base de repetilas. E agardo que non sexas deses que pensan que a xente só acerta cando vota ao PP.

Dame risa ler iso de "sinon fora polo PP aínda estariamos na antiga clinica". Claro, como se os socialistas non tivesen sobradamente amosada a súa capacidade para facer cousas en Cariño. Seguro que o pavillón polideportivo, a casa de cultura, o paseo marítimo, a piscina climatizada, etc. son obra do PP. Xa sei que para vós todas estas cousas son unha merda, que as fai calquera, etc. etc. Xa se ve o que deron de si os vosos 8 anos.

Porque, dito sexa de paso, parece que a etapa de Tallón non a defenden nin os seus. Abonda ver a patada no cú que lle pegaron nas eleccións municipais. Se realmente os peperos cariñeses cren que os seus oito anos foron tan memorables, pois podería dicirse que non llo recoñeceron moito... (e, por favor, non insulten á intelixencia contándonos iso de que se retirou por motivos de saúde e bla, bla, bla).

Por último, a ese que tanto lle gusta falar de frikis, recomendaríalle que antes de seguir mire o que ten na súa casa. Porque, que eu saiba, o único líder político local que leva meses en boca de todo o pobo pola súa manifesta incapacidade e as súas inefables dotes oratorias é o do PP. Como para andar falando de frikis, vamos.

Anónimo dijo...

Patada no cú a levaron os sociolistos que gobernan, por que vos unides os bloqueiros e a cobrar que son catro días.

Todo o que está en Cariño feito, foi feito e conseguido na época do PP.
Na Xunta está o bipartito desde fai dous anos e xa se ve o que levan conseguido estos frikis, da Xunta, cero patatero, e da Deputación o que corresponde por territorio,número de habitantes, esforzo fiscal.Catro anos perdidos máis sete de antes , once anos nefastos.Demagoxia e rétorica temos a toneladas; feitos non os vexo, iso sí, vexo chocolate con churros, bailes de ligue,castañas con leite, viaxes virtuales no ARTAL,OKUPAS da confraría,- metédevos dentro que o bipartito arrancha o local e xa veredes como non se atreven a votaros fóra-. Catro anos e seguimos esperando a piscina cuberta climatizada.Manda carallo pra estar orgullosos os sociolistos da merda de polideportivo que fixeron , que grazas os arreglos que lle fixo o goberno do PP podese mirar pra él, nin nombre tiña posto; o mismo pasou ca casa da cultura.
Todo o que ten Cariño débese directa ou indirectamente a os gobernos do PP. Os de agora levades catro anos xa perdidos e temo que outros catro.Corenta e dous votos de diferencia,e como tí dis sen saber leer;os de cariño empezan a darse conta que os nacionalsociolistos nada fan, moito falar e votar as culpas os demáis.Traballade que pra iso tedes un bon soldo.A gran obra destes catro anos; poñer un Mamotreto no mellor do pobo pra recoller a merda, batila e bombeala como atractivo turistico, merda ecodesarrollada.

Anónimo dijo...

"Claro, como se os socialistas non tivesen sobradamente amosada a súa capacidade para facer cousas en Cariño". Dame a risa, se eu non me rio dos socialistas soamente do friki que temos de alcalde. O polígono incapaz de acabalo, promete colaboración coa xente do mar e rouballes os terreos, promete viveiro de empresas e crea un viveiro de merda (no antigo vertedeiro e o mamometro), os xovenes a velas vir, o mercado municipal non é capaz de enchelo, a piscina xa veremos cando é capaz de abrila, a casa da cultura vaia obra faraonica.
Que mais queres que che diga, nin os seus propios compañeiros de partido o poden ver, " menos mal que quitamos a ese sinvergonza de diputado" comentaronme o outro dia. Para que vexades a "imaxen" que ten o friki este no exterior.

Anónimo dijo...

O director xerente da confraria vai levantar o pobo que futuro, que cousas.
O tarolo axuda a mellorar a sua xubilación e arranxar os seus temas personais.
E o alcalde xa vemos.......
Agardanos un futuro esperanzador con este cadro.

Anónimo dijo...

A culpa é de Antonio Campo que os abandonou á súa sorte e agora andan desnortados.

Anónimo dijo...

A verdade é que agardaba esas respostas tan cargadas de bilis coma ausentes de argumentos. Os pepeiros que pululades por aquí sodes así de aburridos e predecibles.

Non vou a perder o tempo en respostar semellante pila de estupideces (p. ex. "Todo o que está en Cariño feito, foi feito e conseguido na época do PP"). O peor que lle pode pasar a alguén é que a mellor réplica sexan as súas propias afirmacións.

Si merece un breve comentario, porque demostra o teu talante totalmente fascista (ou a túa enorme ignorancia), o feito de que cuestiones a lexitimidade do PSOE para gobernar ("Patada no cú a levaron os sociolistos que gobernan, por que vos unides os bloqueiros e a cobrar que son catro dias"). Ao mellor a tí contáronche outra cousa, pero deberías saber que as CATRO veces que o PSOE asumíu o goberno en Cariño GAÑOU AS ELECCIÓNS, tanto en votos como en concelleiros. Unhas veces con máis vantaxe e outras con menos, pero GAÑOU nas catro lexislaturas. O de coaligarse posteriormente co BNG é unha opción lexítima e forma parte do funcionamento máis elemental dun sistema democrático (iso que tanto vos costa asumir a algúns).

Ah, unha última cousa. Dis que "Catro anos e seguimos esperando a piscina cuberta climatizada". Pois penso que tamén te trabucas. Pola piscina climatizada levamos agardando bastantes máis de catro anos (entre eles, os oito anos de PP con dúas maiorías absolutas).

Nada máis pola miña parte.

Anónimo dijo...

Veñen a salvarnos os furtivos de Cedeira.

Anónimo dijo...

Que servicios vamos a ter si cada vez some menos os que vivimos no pueblo.
Non sei a quen lle temos que dar as grazas se ao bipartito ou a o gran pp.
Sen rumbo e denortados asi lle vai o pobo eo os asesores novos do bipartito Mirense as listas de concellais.
¿que fan polo pobo ou so lles preocupa Feas? ou o seu ombrigo.

Anónimo dijo...

A realidade é aburrida e perceptible. Iso xa son cuestións metafísicas. Comentarios fascistas???????? Isulto e difamación a titulo persoal, vota unha ollada e verás que sempre son os mesmos... Hai que joderse!!! Vaia cara tendes os sociolistos!!!!! Pero bueno, perdoase sabendo de donde veñen...

Anónimo dijo...

Quen pagou o parking privado de pedramea?
A deputación tanto da goberne quen goberne.
SINKONTROL.

Anónimo dijo...

Nada máis pola miña parte, non fai falla co digas, está a vista de todos os que teñen ollos e queren ver, nada feito. Patético e impresentable.Non valedes máis que pra insultar e chamar fascista ó primeiro que vos dí verdades coma puños. Pero o Centro de Saúde cada vez funciona con menos servicios, como dí o Tarolo non é miña competencia e cousa do Sergas.Antes se faltaba unha botella de oxixéno no Centro de Saúde a culpa era de Tallón, agora é do Sergas;se morría alguén a culpa era do alcalde , non era o Sergas, se agora temos que ir a vila a culpa é do Tallón, non do Sergas.Deixádevos de mandangas que catro anos xa van pola popa e aínda seguides co mesmo discurso.Como dixo algún; Tallón nunca máis (por sorte).Fai anos que o Centro de Saúde funciona as 24 horas, desde as dez eran guardias localizadas, non llas pagaban,por iso os médicos foran a xuizo, e gañaron, agora funciona desde as dez pero ca porta aberta, antes era ca porta pechada, pero alí xa estaban. A os OKUPAS_bipartitos deronlles unha ambulancia que empeza a estar obsoleta e quixeronna vender como se fose unha ambulancia medicalizada, tratan o pobo como se foran indios, a redacción impecable do Tarolo quedou en internet pra posteridade, ambulancia medicalizada, coma sempre mentira tras mentira.Deixovos por miña parte, que de agora en diante bou embarcar virtualmente no ARTAL.

Anónimo dijo...

que aprendan estes peperos a facer unhas aceras coma dios manda , hay tedes as de feas que estan a quedar razoablemente ben , ahora mirade para as de sismundi feitas polo pp hay que aparcar os coches coas rodas nas aceras por que non collen no espazo que deisaron ,as obras de tallon , sera que lle pideu consello o seu amigo torrente.

Anónimo dijo...

alguen se recorda do centro de saude que tiña en proyecto facer os socialistas cando perderon as eleccions por que lle dava mil voltas ao bodrio modernista que fixo o tallon , a saber onde meteu os cartos de diferencia de proyectos .

Anónimo dijo...

La clínica Ruber.

Anónimo dijo...

o centro de saude que tiñan en proyecto os socialistas?. Quen viu ese proyecto? Seria outra das mentiras do trapalleiro de Armada, coma o viveiro de empresas, colaboración coa xente do mar, via de alta capacidad a Mera,tirar co edificio do Castro, acabar cos ruidos na rua Eduardo Pondal, plan de choque para amortizar a deuda do Concello (que por certo naide fala diso pero empufouno mais do doble), facer de Cariño un sitio onde a xuventude non emigre ( vamos de mal en peor), etc, etc calquer cosa para seguir enchendo o peto e levantarse as 11 da mañá.

Anónimo dijo...

¿Queres oir un comentario fascista? Cando acabedelo centro asistencial para anciáns, ese que lle chamades centro-socio-educativo para eschiva-las cláusulas dos contratos.... basta con denunciarvos para comprobar que un centro pra educar esta fóra da área educativa na que se encontra o novo instituto segundo o plan de urbanismo(vixente na contrucción)... e hála! INHABILITADOS da política... ainda estades a tempo pra comprar terreos que non vos pertencen... ou devolvelos aos seus donos.

Saludos de los fachas y nos vemos en los bares!

Anónimo dijo...

Os Centros de Saúde fainos ó SERGAS; non diseña o alcalde de turno. O querades ou non todo o que se está a facer e do PP; hasta as aceras de Feás comenzaron a facer o seu estudio en épocas do PP, moitos de Feás xa viron o proiecto inicial e tamén viron como se fixeron cacicadas, pra algo o fillo é tenente de alcalde, a obra da Deputación benvida sexa, o alcalde nada fixo, os terreos foran pagados e expropiados pola Deputación, e a obra é executada o 100% pola Deputación Provincial, que menos, xa que é propiedad dela.Polo momento, catro anos perdidos; iso sí os bolsillos do friki cada día máis cheos; aínda que agora notará a falta do que cobraba como deputado provincial.Patético

Anónimo dijo...

En Feás?... en Feás, Armada iba lles dicindo ao seu club veciñal que iba poñer carril lento na recta a San Adrián, ademais da intención de cumprir todo beneplácito socialistavotante, a sabendas de que o plan que tiña nas máns, que non podía levar ainda máis modificacións.

Moitos veciños pediron e pediron, por pedir... Outros que tiñan afundida a casa(Os que verdadeiramente hai que atender), seguena a ter afundida. Iso é tomar a xente de parva.

A outros (Pedramea e veciños colindantes), tiveronllés a estrada levantada dende o 30 de Xullo ata fai menos dun més, que a decidiron asfaltar(cando chovía...). Enterrados de pó todo o verán e parte do outono. Menos mal que quedou moi chulo, xa lles valiu, parecía que o facian adrede. As obras sempre son un cúmulo de intereses particulares e os operarios foron o centro das iras das encizañadas veciñais alegando ben causas políticas ou outras causas. Os de diputación saíron abraiados con isto e cos DETALLAZOS do noso querido alcalde.

Anónimo dijo...

Facede un favor ao pobo intentade facer que a estrada MERA-CARIÑO, pase en máns da Xunta. Facede un enlace coa VAC como dios manda. FUTURO.

Anónimo dijo...

Canto lamecus temos no pobo.

Anónimo dijo...

Había tantas cosas por morir aquel 20 de noviembre que después de mas de treinta años todavía quedan aunque escondidos y agonizantes, grandes valores y nobles sentimientos.

Ha sido triste ver como con el natural paso de los años nos hemos ido quedando sin los verdaderos testigos de la historia que con sus testimonios nos unian a aquellos tiempos, pero mas penoso es aún ver como en su lugar han brotado desafortunados e irresponsables personajes que con sus desfasados gruñidos empequeñecen ante la sociedad la tremenda dimensión histórica de uno de los periodos mas brillantes de España.

Hoy además son tiempos de odio y resentimiento, de egoismo y de engaño. Así unidos unos con los otros el trabajo de la infamia ya esta hecho. Era cierto pues que los enemigos de España estaban alerta y hoy mas que nunca bailan relamiéndose sobre la memoria y el granito de Guadarrama.

Pero si la entrega, la dedicación y el amor a España fueron ejemplo de muchos en aquellos años es seguro que algo de aquello volverá a nacer en los corazones venideros. Por ello Excelencia, descanse en su eterna y merecida paz, que mientras tanto nada ni nadie nos quitará a muchos el recuerdo y el agradecimiento de poder vivir gracias a usted en una España mejor.

¡VIVA ESPAÑA!

Anónimo dijo...

Aguillon ,como se nota que non tes edad, senon non terías a osadía de poñer este escrito no teu blog.Únicamente que o poñas pá que Pancho de Pita empece a recordar a os fascistas da sús familia, porque uns e outros eran o mesmo. Na televisión ¿eres capaz de distinguir os fascitas dos antifascistas?.Os extremos chegan a confundirse.
Por Dios , por la Patria y el Rey moriremos nosotros también.Os sociolistos son os que desenterraron a Franco despois de 32 anos de morto.

Anónimo dijo...

ARRIBA ESPAÑA

Anónimo dijo...

Sr. Aguillón:

La carta de presentación de su blog dice lo siguiente: “Os Aguillóns é unha reacción cívico-política independente na blogosfera, cuia finalidade principal é a de traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño na Coruña”.

Tras este artificio retórico, creo que nadie tiene la más mínima duda de que este blog es en realidad un instrumento político del PP cariñés cuyo objetivo único es erosionar al actual gobierno municipal. Un objetivo que, en principio, podría considerarse perfectamente respetable y legítimo. Lo que sucede es que incluso para algo aparentemente tan sencillo como gestionar y moderar los comentarios de un blog son necesarios un cierto criterio, un mínimo de tacto y por supuesto algo de honradez. No sé en qué medida participa Ud. de estos valores, pero no cabe duda de que ser responsable de un blog le queda a Ud. muy grande.

Desde el principio y con su evidente complicidad, esto no ha sido sino una vulgar vacenilla en la que cabe absolutamente todo. Aquí pueden leerse continuamente todo tipo de excesos. Aquí se cuestiona diariamente la honestidad de muchas personas; salen a colación nombres propios -generalmente en términos despectivos- que no tienen (ni han tenido nunca) ninguna responsabilidad política; se cuestiona permanentemente la competencia laboral y hasta mental de mucha gente; y así suma y sigue.

En los últimos días, han aparecido en este blog comentarios absolutamente espeluznantes: así, acusar de homicidio, omisión de socorro, etc. a un chaval que tuvo un desgraciado accidente; o burlarse de los familiares fallecidos de una persona, tal como puede verse en el comentario que se encuentra en este mismo post y un poco por encima del mío. Es cierto que hay mensajes detestables de todos los colores políticos, pero me temo que predominan de forma abrumadora los que Ud. bien sabe.

Da la impresión de que a Ud. todo esto le parece muy bien, pues no he visto hasta la fecha ni una sola intervención suya intentando moderar el debate, eliminando aquellos mensajes a todas luces inaceptables, etc. No cabe duda de que su posición es muy cómoda (tan cómoda como cobarde): Ud. gestiona este blog desde el anonimato y además tiene la coartada de que no es necesariamente autor de los mensajes que aquí se escriben (en su práctica totalidad también desde el anonimato). Pero -supongo que no se le escapa- Ud. es el único responsable de lo que aquí sucede. Lo es desde luego desde el punto de vista penal, pero también -y si cabe es más importante- desde el punto de vista ético.

Así las cosas, creo que no tiene demasiado valor que presuma de tener muchas visitas (aunque por otro lado el contador no es público ni tampoco sabemos los criterios de recuento). Ud. sabe que las páginas web más visitadas en internet no son precisamente las de mayor utilidad social, ni tampoco las más defendibles desde un punto de vista ético. Es más, me atrevo a asegurarle que cuanta más carnaza se vierta aquí más aumentarán sus visitas; a la mayoría le pica la curiosidad por ver cómo insultan a su vecino, o qué eco tiene en internet el cotilleo de la semana. Pero deja Ud. bastante que desear desde el punto de vista humano si el único criterio que tiene en cuenta para gestionar este blog es el número de visitas.

A mí personalmente me parece repugnante que día a día se esté mostrando en este blog lo más bajo y rastrero de la naturaleza humana (y también lo más bajo y rastrero de determinado personaje que -estoy convencido de ello- es autor de un buen número de los mensajes que aquí se escriben).

En definitiva, ignoro el efecto que tendrá este mensaje sobre su persona, pero después de seguir la trayectoria de este blog hoy me he visto en la obligación moral de escribirlo. Creo que, a fin de cuentas, lo que este sitio web pone de manifiesto es que en Cariño la derecha sigue sin encontrar a las personas capaces de representar dignamente y con solvencia el ideario -por supuesto respetable, aunque yo no lo comparta- de dicha tendencia política.

Anónimo dijo...

Meu querido amigo "cuéntame lo que paso" eu non poño nada, o poñeu un dos leectores. Este e un blog que respeta a liberdade de expresión, a opinión do anónimo do 20 de Nov, e tan respetable como as dos demais, por muy minoritaria que sexa, e por moi lonxe ideoloxicamente que se encontre do Aguillón. Pero non vou ser eu que faga de censura por cuestions politicas. Nun dia como hoxe recordar unha frase "Aqueles que non estudian a sua historia estan condenados a repetila". Esperemos que non sexa o noso caso. !Viva a España democratica!

Anónimo dijo...

Sr Aguillón,

Diríxome a vostede para indicarlle que me parece moi ben que vostede se erixa en defensor da liberdade de expresión. Esta liberdade é un ben de todos, algo fundamental nunha democracia sólida e consolidada, propia do século XXI.

Saberá vostede que as verdadeiras democracias ríxense por un estado de dereito que se encarga de velar pola integridade da mesma.

Como moi ben vostede sabe, os nosos códigos civil e penal tipifican como delitos os insultos, acusacións, vexacións, e outras actitudes nada desexables, algunhas delas presentes en non poucas mensaxes deste blog.

Na mesma liña que apuntaba un internauta anteriormente, observo cunha mistura de preocupación, estupor e mágoa a deriva que este lugar web está tomando.

Esta fiestra aberta cara os veciños como un lugar no que esixir -a quen fose e fora do partido ou ideoloxía que fose- a mellora común dos cariñeses, estase a converter nun lugar de servicio e servidume dun partido político que trata de acadar por extranas vías o que non foi quen de colleitar nas eleccións DEMOCRÁTICAS do pasado maio.

E cada vez somos máis os veciños internautas que, sendo de partida neutrais, nos vemos decepcionados pola xestión que deste espazo se fai.

Buscamos a mellora do pobo, e non de ninguén en concreto (sexa libreiro, patrón maior, hostaleiro en Feás, profesor ou ata fillo de calquera veciño, poñamos por caso, dunha dentista ¿?).

O de defender a liberdade de expresión é algo positivo, repítollo e agradézollo.

Pero, gardando as enormes distancias, tamén me lembro de aqueles que mataban no nome da liberdade. Ou do clero, cando queimaba na fogueira a intelectuais (coma Miguel Servet) no nome de Deus.

O pobre Miguel Servet, a quen se lle ocurre decir que os humáns temos respiración pulmonar...

Como queira que vostede está supeditado -como o resto de nós- á lei, e como é obvio que leeu as condicións dos termos legais que debeu aceptar ao dar de alta o blog (o oposto sería unha enorme temeridade pola súa banda) lembrolle que estes termos indican que é vostede RESPONSABLE deste espazo.

Da igual que vostede non escriba unha mensaxe, ou que quen o faga se ampare no anonimato -ou baixo un seudónimo, coma min nestre intre- xa que é vostede, e soamente vostede, quen ten a potestade de xestionar as mensaxes.

Como lle digo, alabo ó seu compromiso coa liberdade de expresión, pero tamén debe saber e estou convencido de que sabe que está vostede obrigado a cumplir -e o que ainda é máis importante- facer cumplir a legalidade vixente neste seu espazo web.

Non está vostede eximido de responsabilidades.

E en canto á relación liberdade de expresión-legalidade, remítoo á sentenza recentemente publicada ao respecto da portada da revista "El Jueves".

Cada quen pode decir o que lle pareza, pero debe asumir a responsabilidade das súas verbas. E vostede, como digo, ainda que non as emita é quen de regula-la situación.

Dende o Cariño pídolle que relea as condicións contractuais e termos legais deste blog.

É con isto despídome, agradecendo a súa atención así como a dos internautas.

Un abrazo para tod@s eles/as.

Anónimo dijo...

Teño que recordar que O Aguillón esta dacordo con a linea argumental do anterior comentario. Tanto é asi que en mais dunha ocasión fixemos limpeza por iniciativa propia ou a petición de comentarios con descalificacións de caracter inxurioso. E volvemos a recordarlle os nosos lectores que tamben ven ben que eles nos avisisen dalgún comentario desta indole que se nos pase.

O Aguillón ainda asi pensa que por un ou dous comentaristas que non cumplen o mais minimo decoro, non podemos pechar os outros centos que si expresan as suas opinions de maneira correcta y intentando facer un debate en positivo.

A nosa opinión persoal e que nadie morre por exceso de liberdade, teñamos esperanza en nosos veciños e na responsabilidade particular que cada un asume cando opina neste blog.

A outra solución e pechar os comentarios e facer do Aguillón una web so de opinión do Aguillón. Cousa que non me pareceria xusta.

Usade a liberdade con sentidiño. Abur

Anónimo dijo...

Os que soltan ese rollo pesetero son precisamente os que que poñen os insultos, injurias, e calumnias , despois dín que eles non foron ,dílles Aguillón que vaían os tribunais e verás como te quedas abraíado de quenes son os mesmos que che queren meter medo no corpo pra que só fales do que eles queren; como Hugo Chávez e compañía. Non te olvides que vive , viviron e queren perpetuarse no sillón: e todo lles vale , iso sí sen pegar pau a auga.

Anónimo dijo...

xa me tarda que entre en vigor a ley de mimoria historica pra cambiarlle o nome o colexio e mais a avenida principal do pobo.
fora caciques

Anónimo dijo...

le debemos algo a esta señor , acaso se acordo de algo de cariño , a bueno si pa venir e pesca y a papar marisco

Anónimo dijo...

Como veciño da Pedra dende a posta en marcha da páxina web da Caleira ás visito de vez en cando para poñerme ó día do marujeo virtual, o memso que neste blog.

Hai un intre acabo de ver unha mensaxe que de ser certo xa sería a repera. A ver se alguén o pode confirmar, porque esto xa sería o colmo dos colmos.

-Inicio da mensaxe orixe do libro de visitas A Caleira

Sra. Fina Armada:

Faga o favor de poñernos ó día da comidilla que hai hoxe en todos os corrillos do pobo.

¿Qué é iso de que onte Juan Fachal no pleno insinuou que os di Cariño non tiñan porque pagar as obras a igrexa da Pedra?

Entón, por esa regra de tres, ¿os médicos e servicios que reclama o PP son para os di Cariño ou imos a ter a sorte de poder disfrutar da atención dos mesmos tamén os da Pedra?

Eu de iluso pensaba que A Pedra pertencía ó Concello, pero parece ser que Juan Fachal non pensa o mesmo.

Como en ocasións anteriores deixou caer eiquí algunha queixa, inquedanza do pobo, este tema pareceme máis serio do que se pode pensar.

Xa que o PP non ten páxina web, en ocasións anteriores se aproveitou este espazo para tal fin, faga o favor de poñernos ó día, ¿ou como veciña nosa non vela polos nosos intereses?

-Remate da mensaxe.

O asunto paréceme grave. De ser así, a incompetencia de Juan Fachal non ten límite.

Anónimo dijo...

a incompetencia non, Juan Manuel é o que non ten límites

Anónimo dijo...

Como veciño do Concello de Cariño,sinto vergoña dos ultimos comentarios.Eu non son da Pedra,nin de cariño e comparar os servicios medicos cos eclesiasticos pareceme de ignorancia supina.Aunque o mellor o do anterior comentario esta vinculado de algun xeito co clero ou simplemente e un politico fustrado que pensa que esta no pulpito e desde ali pode decir calquera barbaridade no nome de deus.Pero aqui hai un pequeno GRAN problema,a xente vai o medico cando ten necesidade.¿pero a iglesia da pedra(eu que nunca a pisei).porque se supon que teño que pagala¿????.Pois,mira eu nas ultimas eleccions votei a ARMADA,para que fixera pistas,amañara carreteras,construira o poligono industrial que nos prometeu,pero non el dedicase a amañar iglesias cos carto¡s de todos.¿Sñor Armada,como cando estaba en campaña electoral nos dixo que tiña concedida unha subencion da diputacion e agora estamos pagando todos os vecños esta obra?.Quero decir que non teño nada persoal contra a iglesia da Pedra,pero tampouco quero que os meus cartos ,coma cidadan,sirvan pa tapar a inetitude do cura da Pedra.¿porque,a iglesia caeu?.¿Ou tirouna o cura sin saber siquiera se tiña os suficientes cartos pra amañala?.Eu non son das ideas do Sr Fachal,pero po lo que oin que lle preguntara o Sr Armada no pleno penso que me sentin defendido como cidadan e contribuinte e como LAICO.As preguntas que lle fixo o noso lider da oposicion foron as segintes .¿En que partids do presuposto de este concello esta o diñero pra sufragar as obras da iglesia da Pedra?.¿A canto ascende o coste da obra?.¿Ten vostede algunha subencion pra pagar esta obra ?.¿ou reamente o que vostede quere e facerlle un regalo o obispado?.Xa vedes preguntas sinxelas como se faria calquer familia que tuvera que poñer os cartos pra facer unha obra na sua casa.Pero algun non lle importa nin o custe nin nada de nada (e que veñen ai as eleccions)e claro os cartos son de todos nos.¡¡¡¡E POR RIBA FACENDO POLITICA CON ISTO¡¡¡¡¡¡¡.

Anónimo dijo...

E preguntome eu... ¿que respostou Armada a esas preguntas?
Polo pouco que eu sei a Igrexa da Pedra estase a amañar con cartos da Deputación Provincial.
¿Estades a xogar a ver quen gana en demagoxia ou e que eu estou moi mal informado?

Anónimo dijo...

Onte á tardiña nun bar de tantos que temos no pobo comentaban varios que en Ortigueira ven a canle de tv La Sexta porque o concello puxo un repetidor.
Eu non vou á misa, pero non por iso vou a empichocar ós que van.
Como a min non me gusta o fútbol non mediei na conversa, pero vendo o mensaxe do laico este aplico o conto. ¿Por qué tería que pagar o concello unha canle de tv? ¿Para ter contentos ós dos bares e a 4 afecionados?
¿Ou é que a igrexa non é de interés nacional?

Anónimo dijo...

Non son o tal Laico. Pero sei as respostas.

1ª. Armada non contestou nada a nada.
2ª. Non digo que non teñas nin idea... simplemente non tes coñecemento deste asunto en concreto. Armada antes das eleccións ofreceu a cambio dos votos na Pedra cartos da diputación... a historia é a que é.

¿Tiraría vostede a súa casa sr cura? Ainda cortou o outro día un monte propiedade da igrexia de Landoy, e todavía anda a pedir para ainda máis "cousAS"(Disque un velario) aos veciños de Landoi...

"Votade a conciencia..." Dixo "HIXI", ao remate da misa previa as eleccións na Pedra... e a xente respondiu... é confirmouse coma un peso pesado na cabeza de lista do PSOE nas vindeiras municipais...

Unha cousa é a metodolixia que se emplea nas misas e na tarea do sacerdocio... e outra moi distinta inmiscuirse nos intereses de todo o concello tendo como compinche ao sr.Armada. Laicos cabreados... e practicantes tamén; xa que, dise,coméntase que a asistencia a misa esta minguando por momentos e que mais de un se plantexa contactar ao obispado para poñer ao obispo ao día deste e outros asuntos de HIXI...

A obra cheira(SEN TER CULPA NINGUNHA OS OPERARIOS, FAN O QUE LLES MANDAN) a CHA - PU - ZA - DA.

Anónimo dijo...

CHAPUZADA pagada por todos coma a do Artal.

Anónimo dijo...

Mais preguntas...
¿Constalle a vostede que os cartos da Deputación non son o que se estan a usar para o arreglo da citada Igrexia?
¿Comprobou vostede que os votos destas últimas eleccions municipais sufriron grandes variaccions cas de fai 4 anos?
(farei as preguntas de 2 eu 2)

Anónimo dijo...

Primeiro:
Fai uns días informeime(Diputación) sobre a viabilidade das subvencións para unha obra coma a da igrexa da Pedra...
Dixeironme que nanai, xamáis se concede unha subvención a unha obra xa comezada sen o amparo de Diputación. Pra a concesión necesitase previamente, entre outras cousas un proxecto, despois un proxecto de exucución e a supervisión a pé de obra dos técnicos de Diputación. A resposta sería NON. A menos que se produza desvío de caudal público, polo tanto, prácticas fraudulentas. Polo tanto o que a oposición preguntou e léxitimo e necesario. TRANS - PA - REN - CIA ao grupo de goberno.


E por último, a segunda pregunta, a resposta é SI. Unha mau "DIVINA", e a intervención e pataleta dun comando intransixente do propio partido... dito sea de paso, agora podense presentar candidatura dentro do refundado Comité PP cariñés. Aos intransixentes do PSOE, que fagan un exercicio de autocrítica, estanse facendo cousas moi "raras". E agora, 4 anos vista das eleccións municipais e hai que facerse moitas preguntas e atender moito socialista descontento, que haino espeso; ao BNG... idem de lienzo. A xente non pode poñerse tan nerviosa por catro noticias da prensa e por uns poucos plenos... algo non furula. Pero bueno, é unha opinión, non todo está nos libros.

Anónimo dijo...

Alcalde, ¿ESTÁ AMAÑANDO A IGREXA COS CARTOS DE TODOS? ¿É VOTEDE O PROPIETARIO DA PARCELA DO LAVADERO NA QUE REALIZA UN CENTRO SOCI.. DE MAIORES?

Anónimo dijo...

-Convenio coa Diócese para a rehabilitación do complexo arquitectónico de Sta. María da Pedra (igrexa, casa reitoral e muros perímetrais).

-Futura construcción dun albergue xuvenil e centro sociocultural(xestionados polo Concello) na antiga casa reitoral de Sta. María da Pedra.

Cariño, maio de 2007 [nº 9]
Boletín de Información Municipal
Grupo Municipal Socialista
----------------------------------

¿Poden os empleados do Concello facer unha obra nunha propiedade privada (Igrexa) e que ao Concello lle pague o arreglo a Deputación Provincial?.
E o mellor encima aforra cartos: xa que os empleados do Concello cobran dos impostos de todos; como empleados públicos que son. Isto recordame o que fixo un cura en Ourense, que con boa fe, saltouse todos os procedementos legais e por pouco ten que sentarse no banquillo por malversación de caudales públicos.
Patético

Anónimo dijo...

El Consello de la Xunta autorizó ayer a la Consellería de Cultura a suscribir un convencio con las diócesis gallegas para invertir 300.506 euros en la restauración del patrimonio eclesiástico. Entre otras, la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol recibirá 47.480 euros para acondicionar la iglesia de Santa María da Pedra en Cariño.

Anónimo dijo...

¿ Qué me queres dicir?.Non entendo moi ben o que me queres dicir; ¿ O arreglo da igrexa o paga o Sr. Bispo e máis os veciños da Pedra?.Si é así: ¿Que pasou cas promesas do Sr. Armada Castro ?;¿ foi o Sr. Cura engañado polo Sr. Armada Castro?. Si se sínte engañado ten a obriga moral de aclaralo a os veciños.Os veciños necesitamos saber a verdade da boca do noso Párroco; sen ambigüedades e con toda claridade; máxime tendo en conta que nosoutros tamén aportamos diñeiro pra esa obra da igrexa.Se a Deputación Provincial, polo momento, non aportou nada , debe decirsenos.Temos a mala experiencia co Sr.Armada de que en obras que él non tuvo nin arte nin parte, dí que foi él o que fixo a xestión e consegueu a obra. Os veciños da Pedra necesitamos confiar en alguén: e que mellor que no noso Párroco; pa iso somos creintes que co paso do tempo seremos os que financiaremos a nosa Igrexa: malo, senon podemos confiar en quen nos pide.

Anónimo dijo...

Queria decir que a DIputacion non debe ter problemas para axudar a amañar a Iglesia da Pedra xa que o anterior arreglo foi subvencionado (polo que imaxino que tamen foi inspeccionado) por un organismo publico, o cal deberia ser garantia de transparencia. Ou e o obispado tamen un organismo do que debemos desconfiar...pensas que non e capaz de protexer o seu patrimonio ¿? Por que aqui estamos a falar do concello, pero...¿que me decides da diocesis? O fin e o cabo e patrimonio da mesma.
En canto o dos votos nas anteriores eleccions...quedei sin resposta.
Un saludo respetuoso.

Anónimo dijo...

Ou sexa que os que van a misa pagan pra o obispado que a súa vez paga a obra na que os veciños do concello incluido os que van tamén a misa de HIXI paga ao concello que fai a obra pra que lle page éste a diputación que tén a obriga de subvencionar todo.

Un triste tigre come trigo en un trigal..

Repetimos... TRANSPARENCIA por favor.

Unha cuestión, a subvención que se lle concedeu con anterioridade, informadevos ben se era pra obra inicial(Ésta en concreto),...

Se se fixo unha metedura de pata... que se recoñeza e punto. Naide está en contra de reformar, rehabilitar... unha igrexa do século XVIII... forma parte do noso patrimonio. Pero na miña opinión e penso que conmigo está de acordo moita xente estanse facendo as cousas mal dende o comezo desta lexilatura co fin de respostar a unha "promesa" electoral.

Nas anteriores eleccións pódense sacar moitas conclusións pero o que foi certo foi que nos porcentaxes foi o PP, o único que subiu, ainda encima cas súas circunstancias, non foi unhas elecións na que viron Armada e Cia. correspondido un traballo, simplemente tratouse dun asentamento con tendecia decadente, como lle pasara a Tallón nos segundos comicios de alcalde, claro está e niso podemos estar moitos de acordo o desgaste do PP non é o mesmo o sufrido por calquer partido de esquerdas sexa onde sexa(O PP posée moita mais autocrítica e xa se desgasta él soliño. Ademais teño a impresión de que ou es do PP ou estás a morte en contra del) Pero bueno, non todo está nos libros...
Outro saúdo cordial tamén.

Anónimo dijo...

hay que fumar menos y beber agua que luego se lee aquí muchísima borricada
académicos de sofá

Anónimo dijo...

Si, incienso de todo a cen e auga bendita nunha tina da roupa. Menos prexuizos que os problemas estan ahí e xa sería o colmo que nos calemos, ou peor ainda que cando nos den merda pa comer ainda encima digamos grazas ou digamos que chove cando nos están a mexar por enriba.
A ver se nos indicala luz ti, que andamos a divagar en van neste deserto sen fin.
los borricos.

Anónimo dijo...

quen podería dar resposta á túa cuestión leva varios días, ou semanas, perdido/a
debe de estar a sestear

Anónimo dijo...

O mellor que se poderia facer e poñer neste blog unha relacion do que fixeron os sociatas e os pepeiros durante as suas epocas de mandatos.
Eu no estou capacitado, nin dispoño de informacion exacta para poder facelo xa que levo tempo fora de Cariño.
Unha vez feita a relación (con rigor), enton poderiamos ver a favor de que se inclina a balanza, e asi acabar de unha pu..... vez de botarnos os trastos a cabeza e de decir que son mellores.
Haber si se acaba este debate de unha vez.O importante e que se fagan cousas polo pobo e de ser constructivos y en ese aspecto tanto os sociatas como os pepeiros teñen algo que decir e bastante que calar.

Anónimo dijo...

Tarolo o poder xa !!!!

Anónimo dijo...

Que veña Quin a facer un dos seus bailes eiquí a Cariño; leva gastados máis de un millón de euros en bailongos e os nosos vellos nin os oleron; si as Asociacións "Faroleiro" e outras, non van: ou unha de duas ou é que non se enteran; ou ben non lles gusta o tipo que ten o guapo de Quin. Cómese e viaxase gratis con bailongo incluido e foto con Quin. Que coño fai o Tarolo que non promociona estes bailes: empezando por él que xa está na idade pra poder disfrutar destas ventaxas.

Anónimo dijo...

Hai cousas mais sinxelas e baratas que non se estan a facer desde hai moito tempo.Por exemplo, por que non temos mais papeleiras?.Creo que hai unha cada 500.000 m2.
Aqui o qu interesan son as obras faraonicas para sair nos xornais co comentario a pé de foto.
Por que non se poñen bandas sonoras para facerlle disminuir a velocidade os kamikazes que van en coche y moto?.Vaise esperar a que maten a alguén e logo tomaranse medidas.
Cando se van acabar de preparar as aceras?. O tramo que hai dende a parada de taxis ata a casa de oficios e unha puta vergoña.
O tramo que hai a ambos lados da calle de acceso o Concello (enfrente o Garampin) y cando lle vai obligar o Concello a os donos do Karaoke y do Submarino a manter a acera no seu color orixinal e non en color negro de tanta merda que xa acumula. Bueno ao mellor neste ultimo aspecto estou falando de mais e resulta que o responsable de facer esa limpeza e o Concello. De todos os xeitos dame o mesmo, pero que alguen o limpe.
E volvendo o tema da inseguridade cidadan, recordarlle o Alcalde que o Venres roubaron carteiras no mercado.Algun iluminado neste foro dixo que Cariño é un pobo seguro, xa empezo a ter as miñas dubidas dende hai unhas datas.
Decir a todos los blogueiros que non son nin pepero, nin sociata, nin bloqueiro nin nada de nada. Simplemente son un Cariñes que quere que o seu pobo prospere, faga quen o faga, xa que aqui hai certas persoas que o unico que fan e antepoñer as suas ideas partidistas á realidade das carencias que tuvimos, temos, e a marcha que imos seguiremos tendo neste pobo.

Anónimo dijo...

1.- Non temos mais papeleiras porque somos moi limpos.
2.- A Voz de Galicia ten que rechear páxinas.
3.- Bandas sonoras Non. O que hai que facer e empezar a multar a todo ó mundo. Está demostrado que neste país so se aprende cando lle van ó peto a un. Se un rapaz non pode pagar unha multa de 300 ou 600 Euros tampouco debería de poder mercar un ciclomotor que custa entre 2000 e 3000 Euros mínimo e pagar un seguro anual que a seu nome ronda os 600 Euros anuales, nin gasolina,... se Papá e/ou Mamá pagan eso que se fagan responsables das irresponsabilidades da criatura.
4.- Ese tramo de acera non o toques, que meses lle levou ó técnico municipal como acomodar o maior número de coches no mínimo espazo. Que se teña que invadir a calzada provocando situacións de perigo para nos mesmos e para quenes están a circular pola mesma é o de menos.
5.- A acera diante do Submarino e do Karaoke debería de limpala cando menos o do Submarino que é quen pon a terraza e se supon que paga por ese espazo, ou lle cobran. Un bó exemplo. Agora non o sei, pero non hai moito podíase ver ós do Marcha Verde recollendo os vasos que quedaban esparcidos pola rúa no entorno do seu local ó rematar a noite e ata barrendo algún lixo.
6.- Sobre as carteiras, tratándose de profesionais caseque pouco hai que facer. Ou veñen archicoñecidos polo corpo benemérito que operan nas feiras e mercados dos arredores ou adivina quen che deu. Hai que levar a carteira ben gardada e as mulleres os bolsos pechados.

Para rematar, eu coido que este robin hood fai unha das exposicións con máis sentidiño que tiven a sorte de ler eiquí.

Anónimo dijo...

Que listiño eres, que ben respostas, se é verdade e ninguén o discute pois todos contentiños. Da gustiño o ben que resolves os problemiñas. Os venres guardias no mercado non fan falta[xa non temos]; carteira ben gardada e as mulleres os bolsos ben pechados,solucionado.
As aceras que as limpen quen as mancha,solucionado.
O tramo de acera é un ben a protexer,é pra os coches, solucionado.

Bandas sonoras non; multas cos guardias que non temos,solucionado.

Papeleiras ¿para qué? somos moi limpiños, solucionado.
Non vos alporicedes que non é bon pra saúde; xa vedes como con sentidiño se soluciona todiño.
Bon Nadal.

Anónimo dijo...

Haiche moito ye ye.
Non vai moi desencamiñado o rapaz.
Xa poden poñer mil gardas civiles no mercadillo o venres que de nada servirán se a xente facilita a labor ós cacos. E coma os que andan de bares cas chaves do coche e o móvil derriba da barra. Calquer día atoparán o sitio. Hai outra clase que son os Pepes do Elenita que deixan o coche aparcado en calquer parte ca chave posta no contacto.
Algún de tantos ideólogos como pululan por eiquí deberían de explicarlle ó respetable a diferencia entre roubo e hurto.
As aceras, e o resto do noso entorno, deberían de limpalas os barrendeiros mais non é normal que teñan que limpar a merda de mais que xenera un local de ambiente.
E falando de barrendeiros: non sei se os barrendeiros teñen adxudicadas rúas ou barriadas, pero de Correos cara a Solana como non pase o neto de Regino por alí non quita a merda nin Dios.
O número de gardas civiles non e directamente proporcional ó segura que pode ser unha vila. Para mostra os Estados Unidos que teñen cherifes ata baixo as pedras e debe ser o país civilizado mais inseguro do mundo.
Se non quedan papeleiras e porque 4 fillos de tal que saen os sábados noite a emborracharse se ceban cás mesmas.
Parece incrible, pero así é. Todos os sábados ante a total pasividade de papás e mamás pasan por medio pobo xuventude, a inmemsa maioría menores de idade, co cargamento de alcohol a consumir pola noite. De pena. Veremos como acaban.

Anónimo dijo...

Desde este martes temos unha nova máquina, que dín no periódico que limpa moi ben:ten auga pras aceras[supoño que tamén xabón], limpará a negrura que agora teñen almacenada de tanto limpalas( xa sabes que si se limpan moito desgástanse), dí o periódico que tamén chupa as follas, preservativos, papeis, plásticos-vasos de plástico non sei,supoño que sí-veredes como van ter envexa os ferrolanos cando veñan a contemplar semellante adianto.Garda civís e municipais, non moitos, mellor ningún, o fin o cabo xa ves o que pasa en EEUU con tanto serif que anda solto.Menos mal que a xuventude bebe pola noite que se o chega a facer tamén polo día non nos queda nin unha papeleira, que por certo, non sei que fan os papeis tirados polas ruas habendo papeleiras; non moitas, xa sabemos.Xa dirás a marca dos coches que quedan cas chaves postas(que algún necesita cambear a mellor),BMV,VW,Mercedes,Bentley,Ferrari poden valer, esto xa sería un roubo; levar un cento vintesete enfurruxado sería un hurto, pra entendernos.Os bolsos ben agarrados e en bandoleira,pra que se tiran del vaiamos nos tamén co bolso. Moito sentidiño; e mirade sempre o cruzar a calle pra un lado e máis pra outro, nos pasos de cebra tamén chimpan á xente. Nestas festas bebede con moderación e non rompades as papeleiras e tirade os vasos nos contenedores amarelos-plásticos-e os de vidrio devolvelos a seu dono.
Bon Nadal

Anónimo dijo...

So vin a foto do xornal e teño a impresión de que e moi pouca máquina para limpar a cantidade de merda que temos no pobo.

A culpa de que Cariño esté feito unha merda, se é que o esta, non é do Concello, e se asi fose, non esquezamos que o Concello somos todos.