24 oct. 2007

Reforma da Casa da Cultura

Comenzaron las obras de reforma de la casa de la cultura municipal. La obra consta de un nuevo sistema de climatización. El coste del proyecto asciende a 43.829 euros.(Diario de Ferrol 23/10/07) ¿Cómo esquecerse desta maravilla arquitectónica? Teño ido a representacións teatrais nas que ocurrían situacións moi curiosas. De súpeto, comezaba a chover con forza e o ruido facíase tan insoportable que obrigaba aos actores a suspender momentáneamente a obra. O escalofrío de vergonza invadía aos alí presentes, ou cando quedábase un silencio sobrecolledor e sepulcral ata que... zás! (Bloughgfbloblogpffffssssssshhhhh) decatámonos que alguen tirou da cadea no baño, e volvían outra vez os escalofríos...A "instalación" moderna e futurista, cos materiais mais innovadores e inspirada nos garaxes e chabolas, ese arte con tanta indiosincrasia. Por iso hai que reformala, pra que perdure no tempo simbolo do "temos o que merecemos". É simbolo do macutismo cariñés, coma a plaza roxa... só que alí vaise ven peiteado de gala e co cuello estirado coma o dunha avestruz. ¿E o "novo" mercado municipal?¿Segue alí? Ata o de agora serviu de camerino pra o festival de rock. E que, debe de ser que os de Cariño vamos sobrados. Alguén durmui a sesta e tirou o espertador pola fiestra. (Fdo.Sesta bipartita)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Simbolo do macutismo cariñes...Unha boa metáfora,que é digna de estudio. Sesta, debes de explicala. Mochilas ,macutos, cestas na praia da Concha sempre abondaron.O que está claro que hoxe estamos no século XXI e Cariño ten xente , como tí, sesta, preparada, intelixente, e que debe dar un paso adiante por seu pobo e prepararse pra sacarnos de encima a esta cuadrilla de inanes que temos no concello, na Xunta e no Goberno.O único que sirve pra algo e Zerolo.

Anónimo dijo...

E de paso que fan obras, que inclinen un pouco o chan , para que os de atráis vexan algo. Como no cine da Solana q.e.p.d.
Penso que o arquitecto non cobraría.Qué trapallada.

Sesta bipartita dijo...

As obras no tramo da estrada Mera-Cariño en Feás, con motivo do acondicionamento das beirarúas desta parroquia, despois de máis dun ano de realización, e agardando o seu asfaltado coa estrada levantada dende o 30 de Xulio... podemos dicir que afronta o seu sprint final.
Esta estrada é o pilar ou un dos pilares onde vai sustentado o futuro desta vila e ¿porque non dicilo?... desta comarca.
Por iso, non podemos consentir como veciños, que se catalogue a vía principal pra Cariño como a unha vía secundaria do montón, e temos que loitar por ela. Por iso, ésta non pode seguir sendo competencia de Diputación, ten que pasar a mans da Xunta, de maneira inmediata.
Pero... dirá o noso goberno autonómico ¿Que me pode ofrecer Cariño pra poñer en marcha esta transferencia?
É unha boa pregunta, pra que poidan apostar por nós... debémos ter as cousas claras. Grupo Bipartito... ¿Que é Cariño, pra vostedes?¿Cal é o proxecto de futuro desta vila?¿É viable?

Sesta bipartita dijo...

Ortigueira, xunto con múltiples vilas costeiras ten unha aposta clara polo turismo.
Unhas boas infraextructuras e un porto deportivo son as claves pra apostar por este sistema, e que nas Rias Baixas teñen a súa eclosión. Pero teñen múltiples desvantaxes a nivel social e laboral.
Pódese apostar pola industria. Necésitase moitísima inversión e o apoio dos municipios que puideran ser beneficiados. Ou sexa temos a Cariño, a Ortigueira... dous polígonos, un porto de mar de garantías e a estrada Mera-Cariño... Habendo un porto exterior de Ferrol, pódese ofrecer unha vía alternativa ao tafico comercial, dando a benvida a múltiples e diferentes empresas(Construcción, mantemento, transportes, tecnicos de diversas especialidades....) Demos un paso adiante, todos. Aspiremos a máximo que poidamos por que habemos de recibir a metade da metade. Pero debemos ter as cousas claras todos. ¿Quienes somos?¿De donde venimos?¿A donde vamos?...

Sesta bipartita dijo...

Vecinos de Ortigueira exigen la retirada de una antena de telefonía movil. El pleno se someterá hoy a aprovación inicial una ordenanza para alejar los transmisores de las casas.(La Voz de Galicia 25/10/07).

Antenas, aparcadoiros, mamotretos... Un pobo non é un campo de batalla coa belixerancia de intereses partidistas e particulares. Aos que hai que defender son aos veciños non as siglas. O primeiro é o primeiro.

Anónimo dijo...

Faime gracia a ordenanza:

"La ordenanza, que fue aprobada de forma inicial, exige a las empresas que sitúen los aparatos de transmisión «prioritariamente en suelo rústico» y a una distancia mínima de 500 metros con respecto a los denominados espacios sensibles, que son los colegios, residencias para la tercera edad, hospitales y centros de salud."

Ou sexa que como non resida un nese radio de acción, se un veciño pon unha antena na sua terraza/tellado/azotea/chamalle X, hai que joderse e soportala.

Valente ordenanza.

Anónimo dijo...

¿ Quiénes somos ? ¿De dónde venimos? ¿ A dónde vamos ?. Tí crees que istes fistros que temos son capaces de respostar a semellantes preguntas, nin endrojaos hasta as choupas.Eso respostouno Jesús de Nazaret fai máis de 2000 anos e mira como andamos a ostias en todo o mundo, e a Jesús de Nazaret crucificáromno.

Anónimo dijo...

¿Quén estaba escoitando a Jesús de Nazaret?

O maior invendo da historia: a igrexa católica, románica e apostólica.

E empezaron nun pesebre...

Manda Carallo.