25 oct 2007

Antenas e solucions

Os veciños de Ortigueira que se opoñen á instalación dunha antena de telefonía móbil na zona do Salgueiro, en pleno centro da vila, esixen que sexan retirados do centro urbano todos os transmisores destas características. O pleno someteu hoxe a aprobación inicial unha ordenanza para afastar os transmisores das casas. Coa entrada en vigor desta ordenanza municipal se permitirá regular a colocación das antenas, esixindo ás empresas que respecten unha distancia mínima con respecto aos núcleos de vivendas, así como outros edificios considerados sensibles, como colexios, residencias e centros de saúde. (O Aguillón)
Antenas, aparcadoiros, mamotretos... Un pobo non é un campo de batalla coa belixerancia de intereses partidistas e particulares. Aos que hai que defender son aos veciños non as siglas. O primeiro é o primeiro. (Fdo. Sexta Bipartita)

No hay comentarios: