19 oct. 2007

Preguntas o vento

¿Costará tanto poñer a caseta da estación de bombeo 30 metros máis adiante e poñela o carón da aula do mar? E que non é só estética e polo batifondo do bombeo noite si e noite tamén. E se os veciños queren mover a antena... ¿Cál é o problema? Costas, telefónica, administracións,... non somos quen de arranxar nada?. Corredor Da Costa, Polígono,... ¿Isto non estaba xa para construir?.¿Tan profunda é a sesta?¿Por que a fobia ao PP local?¿Pretende determinada xente que cale e mire cara outro lado?¿A que é debido o acoso a directiva da Caleira?¿Acaso non é unha asociación sen ánimo de lucro?¿Porque non se presentan outros para a directiva no caso?¿Quen vai xestionar e mantela piscina municipal?¿Onde van os consellos parroquiais?¿Cal é a función do medio rural?¿Cal é o propietario dos terreos do antigo parvulario?¿Onde van as axudas na compra das vivendas e a construccion de vivendas de protección oficial?¿Que foi do Artal? e sobre todo ¿Canto lle custou o concello e de cantas subvención dispuxo para amortizalo?¿Que foron dos 300.000 euros para a igrexa da pedra?¿Que foi do alberge da mesma parroquia?¿Que nova hai daquel viveiro de empresas?¿Que é un centro Socio-educativo para maiores?¿Correspondese ca definición de Centro de día asistencial de anciáns?¿A que se debe todo iso?¿Que ou quen esta detrais?¿O edificio de Úsos Múltiples estase usando acorde do que inicialmente estaba destinado?No caso de que fóra asi, ¿que se modificou?¿E canto custou?¿Porque ninguén contesta?¿Somnolencia? (Anónimo)

27 comentarios:

Atalaya do Castro dijo...

Non sei quen eres rapaz ou rapaza pero ti vales pra facer oposición, xa lles deixas os deberes a contestar por algún. Eu a todas esas cuestións sumaría as seguintes:
¿Cal é a productividade en función do soldo dos nosos gobernantes locais?
¿Existe un plan de desenrrolo local ou algunha iniciativa polo emprego que nos quite da economía primaria na que vivimos?
¿Existe algún plan dende o Concello para aproveitar o bum inmobiliario e turistico que o parecer esta por vir?
O mellor mañá penso en outras. Abur.

AVS dijo...

Bla bla bla... ahí, ou aquí se queda o conto. Non ten o que hai que ter para personarse nun pleno e facer xa non todas, senón unha soa pregunta.
Panfleto barato que non convence a ninguén.

Son Eu dijo...

Que pesadiños chegades a ser,recórdame a unha película de Mtnez Soria, D. erre que erre.Saudos.

Anónimo dijo...

Se son pesadiños estes de internete non che digo a xente na rua non para de falar da dichosa caseta da rotonda, xa bautizada coma o Mamotreto Armada

Anónimo dijo...

Cine de Barrio fai verdadeiros estragos. Paco Martinez Soria: Anda Yaaa.
O Mamotreto Armada: Jose Luis fai e Fina o seu. Os Armada.
O mesmo segue a pensar que a vida e coma a obra de teatro que interpretou con Jose Luis sendo novos.
Os anos non pasan en balde.

Anónimo dijo...

e entón a caseta e por despeito?

Anónimo dijo...

Por despeito? Qué pasa, foron mozos?.Celinda, mírame dises dous?.

Anónimo dijo...

Nos detractores desta web, nun primeiro momento denunciaron o denominado según eles: "Cátedra de sofá", e denunciaban que aquí só se quería meter con Armada e que era todo política de chiquiteo e de aportar algo ao pobo nada de nada. Algunhas, estilo "Fiadeira", que na campaña electoral mostrouse "indecisa", e no día de reflexión nos fai sermón sociolista e nos invita a ser menbros do seu club e tachounos de fascistas, ela!! o fascismo baséase no aniquilamento cos medios que sexan, das ideas contrarias a que un suxeito defende por medio da imposición e a opresión. Non sei en que mundo viven algúns, a verdade. Tamén se asomou o sindicato anticaleira-antipp-antifina... en fin, "anti", pero defender, defender... ¿Que é o que defenden?¿A que se dedican?
E como esquecer o comando Tipp-exx que nos deleitou co seu estrepitoso fracaso dado que o PP mellorou resultados e gracias aos seu aprox. 58 votos nulos que xerou mermou o poder da oposición e vendo dende a súa perspectiva foi un doble fracaso, que malas son as influencias, verdade. Acabase facendo todo ó revés por puro interés, ect...ect...
Aquí o único que vexo é que a xente quere saber o que pasa no seu concello lonxe de hipótesis conspirativas, intereses lucrativos, envexas...
Pero sabedes o que non vin en todo este tempo... argumentos de peso para desmentir, criticar, apoiar,... fagamos un esforzo, meus parruliños....

Fiadeira dijo...

Desculpa querido anonimo....¿a quen tachei eu de fascista? ¿a quen te refires cando falas de "nos"....quenes sodes "vos"? Abraiada me acabas de deixar, ou teño Alzheimer como Maragall, ou estas a confundirte de persoa eh... En canto o tema da Caleira, demostrado quedou o seu talante, e como podes comprobar...nunca mais alí escribín, din que non hai maior desprezo que non facer aprezo, e así o fixen. En canto a defender ideais, meu parruliño...xa estou maior para iso, loitei o meu fai anos, agora...tócavos a vos, eu quedo de expectadora curiosa e de cando en vez...doume o gusto de divagar. A certa idade podo permitirmo.
Saudiños a tod@s.

Anónimo dijo...

Aqui hai archivos para os que teñen Azheimer. Maragall(Pascuall) non ten iso, ten arrepentimento como a maioría do seu partido. Sen embargo, o talante da Caleira non sei se é en relación coa política ou pola xestión dunha páxina web, en todo caso é un asunto interno se é a segunda opción. E tés razón, agora tócanos a "nós".

Anónimo dijo...

Sí, teno .Hoxe, se lees a prensa ou ves o telediario poderálo comprobar da súa boca.E estou desa fiadeira ata o moño.Porque ¿ela? non escribira máis nunha web xa se considera non apta.Anda xa!Que descansadiñas deberon quedar...

Anónimo dijo...

E que saben que escribindo ainda que sexan con outros "nick", poden apagar o chiringuito, e que a xente ca mente sucia deberian pñer outros foros para expresar toda a merda que levan dentro. E de paso decir o que non din nas asambleas e demais "correlias". Impunidade e merda. Cariño é Cariño.

Anónimo dijo...

Perdón, por invocar. Vedes que non fai falla "güija".

O Aguillón dijo...

Sempre se esquence que Os Aguillóns pretende ser unha reacción cívico-política independente na blogosfera, cuia finalidade principal é a de traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño. Máis clariño non o podemos poñer "traballar a prol dun cambio profundo" tanto "nas formas de gobernar" entendase aqui os que gobernan (PSOE-BNG) "e de facer política" entendase aqui (PSOE-BNG-PP). Todo o demais son lerias. Danos o mesmos que pensen de nos isto o aquelo. Os nosos principios son eses ainda que aburramos e estemos todos os dias erre que erre con deterninados temas, pero son os temas locais dos que se falan na rua. Eses temas son os que interesan O Aguillón, pero estamos abertos a todos aquelo que os nosos lectores procuren. Non olvidedes a nosa cabeceira: Aqueles comentarios que entendamos procuran o debate limpo serán asumidos coma post neste blog. Participa.

Anónimo dijo...

Benvido aguillón (¿quén serás?) a crítica dos teus comentarios ou dos teus principios. Vaiche ser difícil defendelos.Sobre todo porque non se che ve que tires a dereita ou a esquerda.E aquí iso non se perdoa.¿saes á rúa a falar do que consideras inxusto?Tal vez te escondas, como fan moitos, no anonimato para expoñer as tuas ideas, pero iso non vale.Da a cara.

Anónimo dijo...

Ea Ea Ea O Aguillón e cojonudo como o Aguillón non hai ninguno Viva o Aguillón!!!!!!

Fraguela dijo...

Nestes días a opinión que ten un cidadán normal e corrente coma min deste goberno PSOE-BNG, e a mesma que a de outros moitos veciños, os cales empezan ver con preocupación, que Cariño segue e seguirá anclada no pasado, sen ninguna perspectiva de mellora, agás ese afán de “ladrillizar” Cariño dende a Pedra ata rotonda de entrada no porto. Pode por tanto que a caseta da estación de bombeo sexa o monumento a esa "ladrillación" dq nosa vila. Unha pena que dame a min que xa non ten arreglo posible, salvo torcer a cabeza e mirar pra outro lado.

Anónimo dijo...

O futuro e presente neste pobo. Para ben, ou para mal, algún día había chegar, e chegou.

Anónimo dijo...

Se en Cariño se ladrilliza será que non viaxas. Verías como están Ortigueira, Cedeira, Viveiro, etc,.

Os solares teñen dono. E cada un fai con el o que lle da a gana.

Ata hai ben nada tíñamos un cine, discoteca, disco pub,.. e en nada haberá unha urbanización con vistas.

Se non lles era rendable os donos, ¿vas a prohibirlles tu que fagan cunha propiedade súa o que consideran máis axeitado?

Sesta bipartita dijo...

Comenzaron las obras de reforma de la casa de la cultura municipal. La obra consta de un nuevo sistema de climatización. El coste del proyecto asciende a 43.829 euros.
(Diario de Ferrol 23/10/07)

¿Cómo esquecerse desta maravilla arquitectónica? Teño ido a representacións teatrais nas que ocurrían situacións moi curiosas. De súpeto, comezaba a chover con forza e o ruido facíase tan insoportable que obrigaba aos actores a suspender momentáneamente a obra. O escalofrío de vergonza invadía aos alí presentes, ou cando quedábase un silencio sobrecolledor e sepulcral ata que... zás! (Bloughgfbloblogpffffssssssshhhhh)decatámonos que alguen tirou da cadea no baño, e volvían outra vez os escalofríos...
A "instalación" moderna e futurista, cos materiais mais innovadores e inspirada nos garaxes e chabolas, ese arte con tanta indiosincrasia. Por iso hai que reformala, pra que perdure no tempo simbolo do "temos o que merecemos". É simbolo do macutismo cariñés, coma a plaza roxa... só que alí vaise ven peiteado de gala e co cuello estirado coma o dunha avestruz.
¿E o "novo" mercado municipal?¿Segue alí? Ata o de agora serviu de camerino pra o festival de rock. E que, debe de ser que os de Cariño vamos sobrados. Alguén durmui a sesta e tirou o espertador pola fiestra.

Anónimo dijo...

¿E por que a de bandazos pelo-seta todolos dias bota un cacho mirando para as ruinas que ten nas queimas? ¿Agardando que lle naza outra pila de merda ruinosa no sitio? Este pobo esta plagado de personaxes do estilo, de verdade, da lastima.Que vergoña...

Anónimo dijo...

Os ricos tamén choran.Pero pásano ben mirando o que teñen heredado e pensando que van ser os máis ricos do cimenterio.A segunda , máis ben a terceira xeneración dos ricos non dan pau a auga.Está a pasar cos fabricantes e comenza xa cos armadores, poucos quedan e menos van quedar.

Anónimo dijo...

Si, pero a pena e que non hai un que non viva como o mais miserable do pobo...iso non e vida.

Anónimo dijo...

Nin pa eles nin pa o pobo é vida.

Anónimo dijo...

"Sempre se esquence que Os Aguillóns pretende ser unha reacción cívico-política independente"

Pode ser, pero na forma e non fondo e afín o PP.

Endexamais ollo comentario pro Manolo Varela nin Luis Armada.

Anónimo dijo...

Pra falar adulando a ises dous ai que ser subnormal sádico-masoquista.

Anónimo dijo...

Non fai falla adular a Manolo Varela nin a Armada pero... ¿por que nunca se verten neste blog críticas cara Fachal?.

Ata onde puiden ver cos meus propios ollos nons é quen de artellar un discurso coherente en público. E difícilmente é quen de leelo.

Se os outros non valen (que pode ser, non digo que vaian)...¿vale este suxeito?. ¿Que méritos reune?. ¿Sabería chegar a Santiago para pedir algo (non digo pedir, digo chegar)?

En fin, pobo...