13 sept. 2007

Nin galescola nin Cariñoescola

As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Pois ben as dúas únicas galescolas que funcionarán na comarca de ferrolterra, son a de Fene e a de Ortigueira, que arrincarán o novo curso escolar o vindeiro luns 17. O centro de Fene ten capacidade para 61 pequenos de 0 a 3 anos de idade e está situada nunha antiga escola unitaria rehabilitada. Abrirá de sete e media da mañá a nove e media da noite. En Ortigueira, a galescola conta con 41 prazas e está situada no antigo centro de saúde da vila. En Cariño temos que esperar prometer o prometeron moito nos seus programas electorais os bipartito que nos goberna, pero parece que para este curso non vai a idea. O caso que nin Galescola que e a sua marca de garderia, nin garderia garderia, o mellor e meter os neniños e neniñas na entrada do concello, con un pouco de sorte Luis e Manolo coidan de eles.

10 comentarios:

quemasdá dijo...

Non ten que ver co tema, que sí me parece interesante, sobre todo vendo a gran afluencia de carritos de bebé e os que veñen e que algunha mamá terá que depender dunha guardería para traballar para o neno ou nena, que con un solo soldo non basta.
Gustaríame que alguén me soupera interpretar o seguinte :
-Si o 25 de abril che dan unha axuda e tes de prazo un mes contado a partir do día seguinte, ¿qué día remata o prazo para pedir a axuda?
Parece unha adiviña, pero non o é.
No DOGA aparece así, e claro, como aquí o máis tonto fai reloxos, cadaquén o interpreta á súa maneira.
Gustaríame que por medio deste blog me respondérades.Senon tampouco pasa nada, que os organismos oficiáis responden "de contado"????? ou lles leva unha semán responder a un correo eléctronico.Serán os virus....

Anónimo dijo...

Si che deron a axuda ya non hai prazo para pedila ¿non si?

mimadriña dijo...

Tes razón, pero agora explicame o seguinte:
O PRAZO PARA A PRESENTACION DE SOLICITUDE DE AXUDAS SERÁ DUN MES CONTADO A PARTIR DO DIA SEGUINTE AO DA PUBLICACION DESTA RESOLUCION NO DOGA.(25 de abril de 20079)
Ainda non hay axudas, pero si dúbidas de cando acaba o prazo. Por favor.

mimadriña dijo...

Tes razón, pero agora explicame o seguinte:
O PRAZO PARA A PRESENTACION DE SOLICITUDE DE AXUDAS SERÁ DUN MES CONTADO A PARTIR DO DIA SEGUINTE AO DA PUBLICACION DESTA RESOLUCION NO DOGA.(25 de abril de 20079)
Ainda non hay axudas, pero si dúbidas de cando acaba o prazo. Por favor.

japi dijo...

Meu deus, no 20079 xa funcionará todo moito millor.Foi un erro, pero a pregunta segue no aire....cando e o día seguinte a un mes do 25 de abril...Absténgase listillos

Anónimo dijo...

Seguen indo as cousas para a vila e nos tan contentos. Armada con firmar licencias para os de fora xa di que ten traballo arreo, o Varela coma un can de palleiro, e o PP de Fachal que carallo fai? Hay oposición neste pobo?

Anónimo dijo...

manda carallo ¿elogo de que e esa axuda?

casqueiro dijo...

Programa do PSOE de Educación e xuventude nas ultimas municipais empeza con dous puntos:

- Posta en funcionamento dunha Galescola (gardería infantil)

- Impulsar a ampliación da oferta educativa existente no Instituto de Ensino Secundario

4 anos e 100 dias en nada de nada.

Sesta bipartita dijo...

Eu agardo que propoñan melloras sustanciais en materia de educación por parte dos dous grandes partidos nas vindeiras eleccións xerais.
O empobrecemento da educación é unha realidade e estaria ben que tanto PSOE e PP asuman as súas culpas na xestión de tantos anos, e que tristemente pódese calificar e cuantificar con datos.
A sociedade mudou de forma notoria, e estos cambios tiveron un impacto no ámbito escolar. A relación profesor-alumno, o compañerismo, a disciplina, a orde, a solidariedade, as ganas de aprender... Cada vez costa máis facer unha actividade lectiva correctamente.
Un neno de 12 anos ten xa unha certa independencia, co seu móvil, cas súas cousas sen ter esa persoa ao seu carón todo o día coma antes. Os inmigrantes cada vez son máis e necesitan axuda nunha integración dos seus rapaces.

En fin, son moitas as cuestións a abordar e non só non se actúa senón que se empeora cada ano máis. Aprovar alumnos con múltiples asignaturas, cando o deber e incentivar ao estudo. O sistema educativo anda coxo, ten que mudar.

As galescolas son moi interesantes, pero moita xente mantense á expectativa. Por iso, penso eu, non optaron en facelos en gran medida pendentes dos resultados e a aceptación da poboación a estos centros.
O que quero que me expliquen, e cales son as diferenzas con outras garderias, porque tamén imparten en galego ainda que non sexa estandar e normativizado. Un fala según o ambito social onde se atope. En secundaria a min deronme a maior parte das asinaturas en galego e sin embargo comunicabame cos meus compañeiros en castelán. E os neniños ainda que se lles ensine no galego estandar, e esten vendo a galega todo o día a comunicación será cos seus veciños e será sendo en Cariño "dialectal" con geada e castelanismos a punta pala. BOA SORTE.

Sesta bipartita dijo...

*"....multiples asignaturas suspensas".