12 sept 2007

Comenzan as clases no CEIP

Hoxe comenzan as clases no CEIP "Manuel Fraga Iribarne" esperemos que o inicio do curso 2007-2008 non teña problemas e os rapaces tomen ben o asunto de empezar despois dunhas largas vacacións. Os que teñan algunha duda sobre o calendario escolar poden pinchar no seguinte ligazóns: Calendario escolar 2007-2008 (pdf). Para os que non son de Cariño e ven esta web reproducimos un texto dun neno do colexio que describe moi ben o centro "Cariño está na provincia de A Coruña. É un pobo pequeno pero moi bonito,temos a sorte de ter mar e praia . Ten vistas preciosas, un colexio, unha biblioteca, tres parques, miradoiros...En Cariño está o cabo Ortegal e os tres aguillóns tamén temos un faro, hai moito ambiente e veñen moitos turistas e ten uns bos restaurantes. O noso colexio chamase Manuel Fraga Iribarne, está situado en Cariño, provincia da Coruña. No colexio hai nenos/as de 3 a 12 anos. Nós temos 10 anos é estamos no curso 5ºB coa tutora Dulce María Vázquez Fernández. O noso colexio ten: sala de informática, salón de actos, dúas sás de profesores (unha máis pequena ca outra),patio cuberto, un inmenso patio fora. Hai varios profesores e unha morea de nenos."

No hay comentarios: