14 sept 2007

Educación e pacto


Eu agardo que propoñan melloras sustanciais en materia de educación por parte dos dous grandes partidos nas vindeiras eleccións xerais. O empobrecemento da educación é unha realidade e estaria ben que tanto PSOE e PP asuman as súas culpas na xestión de tantos anos, e que tristemente pódese calificar e cuantificar con datos. A sociedade mudou de forma notoria, e estos cambios tiveron un impacto no ámbito escolar. A relación profesor-alumno, o compañerismo, a disciplina, a orde, a solidariedade, as ganas de aprender... Cada vez costa máis facer unha actividade lectiva correctamente. Un neno de 12 anos ten xa unha certa independencia, co seu móvil, cas súas cousas sen ter esa persoa ao seu carón todo o día coma antes. Os inmigrantes cada vez son máis e necesitan axuda nunha integración dos seus rapaces. En fin, son moitas as cuestións a abordar e non só non se actúa senón que se empeora cada ano máis. Aprovar alumnos con múltiples asignaturas, cando o deber e incentivar ao estudo. O sistema educativo anda coxo, ten que mudar.As galescolas son moi interesantes, pero moita xente mantense á expectativa. Por iso, penso eu, non optaron en facelos en gran medida pendentes dos resultados e a aceptación da poboación a estos centros.O que quero que me expliquen, e cales son as diferenzas con outras garderias, porque tamén imparten en galego ainda que non sexa estandar e normativizado. Un fala según o ambito social onde se atope. En secundaria a min deronme a maior parte das asinaturas en galego e sin embargo comunicabame cos meus compañeiros en castelán. E os neniños ainda que se lles ensine no galego estandar, e esten vendo a galega todo o día a comunicación será cos seus veciños e será sendo en Cariño "dialectal" con geada e castelanismos a punta pala. BOA SORTE. (Fdo. Sesta Bipartita)

2 comentarios:

Morán dijo...

E entón chegou a emisora episcopal (COPE) e aclarounos o que é unha galescola e a cultura galega:

http://ficheros.lalinterna.com/audios/culturanews030907.mp3

pola manhá non hai nada melhor que acordar, e ponher a Cope, nin pablo motos, nin gomaspuma, nin anda ya, nin nada, programas de humor como os da Cope non hai ningún

Anónimo dijo...

La consultoría BM Trada acaba de conceder al área deportiva A Preguiza, en el ayuntamiento de Ortigueira, los certificados de calidad ISO 9001 y 14001. Desde la apertura de las instalaciones el año pasado, el número de abonados supera ya los 850... (Diario de Ferrol 17/9/07).

Xa sei que as comparacións son odiosas... pero chegados a este punto... ¿Alguén pode calificar a area deportiva de Cariño?, bueno ese alboio para curar Xamóns que ten de pabellón, ese cacho de hormigón pintado de verde que se supón que é unha pista de pádel, aquilo onde o C.D. Cariño, xoga os partidos... Non é unha tarea doada... non señor...