22 ago 2007

Reflexions dende a sesta

Este povo está calado, e un silencio que estremece. A xente xa non confía na política e moitísimo menos nos políticos. A cousa e grave, e máis ainda cando é de ámbito local, cande se está tan de préto dos problemas e necesidades da xente. Nas ultimas eleccións, se a abstención fose un partido con representatividade, sería a segunda forza máis votada; a cidadanía está cansa. Pra intentar cambiar esta situación, a xente débe participar, alzala súa voz sexa a favor, sexa en contra e intentando ser conciso. Polo que a min respecta, non poñerei nunca etiquetas de ningun tipo a xente que vote a determinado partido, repito, e non quero ser cansino: nin bos nin malos hai neste pobo nin no pais, só puntos de vista diferentes e pluralidade. En canto aos anonimatos, que nos diron o privilexio de ensinarnos os seus puntos de vista estes últimos días, neste blog, decirlles que o que máis lles interesa a eles é que o pobo de Cariño siga calado ou que diga que chova cando lle están a mexar porriba, pero claro, iso é a miña opinión. Se andamos a xogar aos detectives a facer valoracións superfluas, interpretacións guiadas por un interese concreto. Ou, o que é ainda peor, a xogar a quen é máis radical, coma nos tempos de Robespierre con guillotina na plaza incluida... Vamos apañadiños. Non fomentemos fobias e intentamos atapor luz a todo isto. Esta sesta e profunda, non é a que parece... (Fdo. Sesta Bipartita)

No hay comentarios: