23 ago 2007

A Danza de Arcos

Foi a mediados do século XIX cando uns mariñeiros de Cariño trouxeron desde Cuba unha tradición á vila, a Danza de Arcos. A agrupación da Confraría de pescadores é a encargada de realizar máis de cen pasos diferentes nesta danza, que tras dous séculos, logrou converterse en símbolo de Cariño. A súa branca indumentaria e a gran cantidade de colorido que portan nas flores dos seus arcos, fan deste tradicional baile algo vistoso e entretido. Ano tras ano, o 24 de agosto, día de San Bartolo, é cando trinta bailaríns exhiben a Danza de Arcos para goce dos asistentes. Primeiro fano ao longo e ancho das rúas do lugar, máis tarde abrindo paso e acompañando ao santo na procesión, e ao final realizando tradicional danza fronte ao seu patrón. Os nós, a serpe ou a arcada son algunhas das laboriosas coreografías que empregan estes mozos para arrincar. (A Voz de Galicia) (Foto X.M. Docal)

No hay comentarios: