23 ago 2007

Feliz San Bartolo

Do 23 o 26 celebramos o San Bartolo en Cariño, como sempre esperemos que a festa finalice, si as inmobiliarias, constructoras, promotores, e demais persoeiros o permiten, cunha xira campestre a Cantarrana, na que esperemos tamen sobren as sardiñas e o viño entre todos os asistentes. Non estaría de mais algunhas latiñas de Modesto, por aquelo da tradición. Dende hoxe pasacalles, bandas e orquestras inundaran o povo xa que a partir das 11.00 teremos xogos na rúa e ás 17.00 horas de xogos no mar, xa sabedes, as tradicionais cucañas e travesía a nado. Xa pola noite, a música soará na praza Vermella a partir das 22.30 coa orquestra da Televisión de Galicia amenizando a velada. O día grande de Cariño será o venres, cando despois da misa solemne que comezará ás 12.00 horas, o patrón San Bartolo sairá en procesión, os bailaríns da Danza de Arcos da Confraría de pescadores, en compañía da banda de gaitas de San Xiao de Trebo, irán quentando motores polas rúas, ata que chegue o momento de acompañar ao santo na procesión. Pola noite, na praza Vermella, a verbena a cargo de orquéstra Lamas e a partir das 22.30 horas e un espectáculo de música e humor por parte dos Amados. No San Bartolo pequeno (o sabado) misa solemne e procesión ás 12.00 con pasacalles. Despois de comer, o trofeo San Bartolo, que comezará a partir das 16.00 horas. E como cada noite verbena con a orquestra Europa e mais o grupo brasileiro Renato Spencer e Café Caxaça, para quentar ben o persoal .A orquestra Os Senadores, coma manda a tradición, será a encargada de despedir as festas de San Bartolo 2007 o domingo.

No hay comentarios: