27 ago 2007

A maría de Cariño

María, herba o cannabis, a marihuana de toda a vida foi noticia este mes de agosto -no que empeza a florecer a pranta- pola intervencion da Garda Civil. Non é un secredo o seu consumo entre moitos dos rapaces e rapazas do noso concello, e facil velos fumando «porros» entre eles algún de pais coñecidos. O caso e que a Garda Civil de Cariño, a raíz da aparición dunhas fotos nun móvil, detuveron a cuatro rapaces acusados dun delito contra a saude pública por presuntamente cultivar e preparar marihuana na sua casa. As sospeitas comenzaron a raíz do descubrimento por parte da Garda Civil dun teléfono móvil extraviado no paseo marítimo e que contaba con unha fotografía de plantacions de marihuana no seu salvapantallas. Ante a sospeita de que se puidera estar producindo un delito, os axentes examinaron o teléfono comprobando como no mesmo había outras fotografías similares a anterior, tomadas o parecer tanto nunha zoa de monte como no interior dun inmoble. A Garda Civil, tras averiguar a dirección de varias vivendas que puideran estar relacionadas con estos feitos, e cumplindo os requisitos legalmente establecidos, levou a cabo tres rexistros domiciliarios. Nestas actuacions se incautaron de máis de 750 gramos de marihuana, 330 de hachís, unha pequena cantidad de cocaína, varias macetas e diversos efectos posiblemente vinculados có cultivo e preparación da marihuana, como un sistema de riego, un foco, un picador ou envoltorios. Os feitos foron postos en coñecemento do Xuzgado de Instrucción de Ortigueira. Parece que algún esta disposto a montar unha nova industria en Cariño, ante a falta de peixe "marihuna en conserva".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante o enlace que poñedes dun piso en Cariño, increible que pidan 201000 euros por 58 metros cadrados. Non me extraña que os rapaces queran despois rentabilizar os metros cadrados prantando marijuana.

Anónimo dijo...

son o de antes, estou abraiado, poñen pisos de 28 metros cadrados (61000 euros) estes son menos metros que o que decia a ministra, non si, o final a ministra era unha adelantada, debeu ser que algún colega seu de Cariño pasoulle a receta.

Anónimo dijo...

Situación lamentable.

Lamentable, pola operación, por que, na miña opinión, tanto os corpos da garda civil coma os da policia deberían facer unha investigación máis a fondo pra coller os que manexen todos eses tinglados. Só se conforman con coller a un par de rapaces con 2 kilos de droga. Minudeo, comparado cos cartos que move todo iso, incluso en Cariño.

Lamentable, por que hai demasiados rapaces novos movendo e consumindo. Estamos a falar de menores de idade. Os pais deben tomar cartas no asunto.

Lamentable, por que non é un tema novo, xa é coñecido na vila. Afectou a varias xeracións, e con eles ás súas familias.

O concello debería concienciarse do problema e fomentar campañas dende o propio concello e na escola aproveitando a súa presenza no consello escolar pra intentar frear todo iso dende a raiz. Pero sobretodo os pais, que teñen que axudar e apoiar todolas propostas pra incentivar unha vida saudable aos seus fillos.

Tamén seria de boa axuda, que toda xente poña da súa parte. Os locais onde actúen, que chamen inmediatamente a policía, se hai que denunciar, hai que denunciar, o que non se pode facer é amparar unha actividade delictiva. Quedamos apampados co que vemos pero non facemos nada. Tense que acabar polo ben de todalas partes.
Sesta chunga.

Anónimo dijo...

EL CONSELLO DE CONTAS AUDITARÁ OCHO AYUNTAMIENTOS DE LA ZONA

El Consello de Contas prevé inspeccionar este año los movimientos urbanísticos realizadospor ocho ayuntamientos de la zona...Más concretamente, los municipios que estarán bajo la lupa del Consello son Ares, Cabanas, CARIÑO, Cedeira, Mañón, Ortigueira, Pontedeume y Valdoviño.
Estos ayuntamientos acogerán sus respectivas fiscalizaciones sobre la disciplina urbanística practicada en los ejercicios 2005 y 2006.
En un primer momento, el Consello de Contas remitirá una encuesta a los concellos sobre los aspectos generales relacionados con la materia auditar.
Acto seguido, se analizarán aspectos concretos, como los planes de ordenación sobre los que se rige cada municipio, además de comprobar si se mantiene la situación en la actualidad.... Tambien se comprobará la RELACIÓN JURÍDICA DEL ARQUITECTO LOCAL CON CADA CONCELLO, las ordenanzas fiscales sobre las tasas de licencia de construcción, y las liquidaciones finalizadas en los años auditados. El número de licencias urbanísticas solicitadas y aprobadas serán también objeto de estudio, del mismo modo que las inspecciones y los expedientes abiertos, y las sanciones impuestas en los diferentes ayuntamientos.
Finalmente, se estudiarán los mecanismos de cada municipio para reponer la legalidad en los casos en los que se hayan detectado posibles infracciones.
Los citados ayuntamientos suman a otros cincuenta elegidos por el Consello de Contas en zonas de costa, al ser más susceptibles de registrar irregularidades de tipo urbanístico.

Luis A. Nuñez(La Voz de Galicia 22/8/2007)

Nin en San Bartolo hai sesta.

Anónimo dijo...

Bla, bla, bla. O consello de contas dirixido por catro lamecús, dame a risa, falades coma se fose unha inspección da Facenda e non é así, outra comedia mais.