21 ago 2007

Enquisa dos servicios municipais

A recollida de lixo, os sercicios sociais, a policia local, cultura, servicios rurais e incluso secretaria non estan mal valorados, parece que para a maioria dos nosos lectores o servicio do concello de Cariño de urbanismo é o peor con moita diferencia sobre os demais o 70 % dos que votaron a enquisa creen que o urbanismo e o peor servicio do concello. Alguen lle pide o aguillón que cambie a enquisa por outra de "utilidade pública". Ben podería ser, din:- ¿En qué local de copas poñen mais garrafón?- ¿En qué restaurante meten as clavadas mais grandes?- ¿Qué aloxamento hosteleiro é o peor?...todo se andará, de momento mais público que o noso concello non hai nada.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran cartel o das festas do noso patrón San Bartolo, ainda que iso da relixión non se leve agora, cando falamos de festexos todos se apuntan. O dito, ten recoñecemento iso de facer as festas senón que lle pregunten a Armada que calificou de pordioseros e tercermundistas a os que ian a pedir polas casas pra festa. Disfrutemola que sexa como sexa é unha festa e é a nosa. FELIZ PATRÓN VECIÑOS!!!!!

Anónimo dijo...

No Ortegalrock, eu só fun o venres, e todo moi ben, cabe salientar a actuación de Alviés, que estiveron estelares. Deberian repetir nas festas. Boas festas a todos.

Anónimo dijo...

que se pode esperar dun pobo que ten como urbanista a un electricista..pois eso un corto circuito