9 jul 2007

Os novos visitantes

Valery Karpin (Tallin, Estonia, 1969) é hoxe un exitoso promotor inmobiliario en Galicia e Cariño. O despacho de Valery Karpin S.L. está instalado na terceira pranta do luxoso edificio Simeón, na Porta do Sol, de Vigo. Viste diseño italiano con cinturón de Dolce & Gabbana incluido e desprende un fresco aroma a cosmético de novo rico metrosexual recién saido da ducha. Vigo é o centro operativo de Valery Karpin S.L., Karpin e o seu compañeiro de aventuras Míchel Salgado teñen bon ollo pra os negocios inmobiliarios, estudian ben as suas inversions, cada zona e as posibilidades, valoran riscos... e pensan que no noso concello pode haber manteca. Manteca de boa, da que se pode untar lixeira no pan, mentras disfrutas da vista a praia da Concha o da Basteira.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Perdoade se cambio de tema, pero e que hoxe desviaron a carretera por Landoi debido as obras do acondicionamento da travesia de Feás. Da mesma obra só falar, que ten boa pinta, ainda que ten unha importante demora (8 meses), logo parecen as obras do Escorial; se profundizamos na mesma, vemos algun que outro burato negro no que están afectados os intereses particulares dos veciños, e falar destes temas sería alentar un enfrontamento que ninguén espera nin desexa entre os veciños, pero é xusto sinalar que existen.
Todo ben e tal, ata que surxe un imprevisto, o xa citado desvío por Landoi da carretera principal na que veciños e empresas quedan a marxe na peor época do ano posible e que foi posto en marcha o día de hoxe.
Na miña humilde opinión os veciños de Feás merecen as respectivas explicacións. ¿Ata cando? ¿Como? e sobretodo ¿Porque?.
Para dar as respecivas explicacións hai onde elixir, un alcalde, un vicealcalde e un concelleiro de obras veciño de Feás. Facede gala diso do "goberno para todos". Pero se ainda así, estades moi ocupados ou perezosos ou simplemente "missing", facede público na prensa se é que non supón esforzo económico na factura do teléfono.

Anónimo dijo...

Ah! Moi agrdecido pola post.Saudos.

Anónimo dijo...

Agradecidos nos, Sesta bipartita, seguiremos aprobeitando as tuas reflexións que nos parecen do mais interesante. Moitas gracias por colaborar os Aguillóns nacen para que os fagamos entre todos.