6 jul 2007

Unha hipoteca flotante

Os únicos movementos que se fixeron en Cariño foron os pre-electorais, movementos de mentiras, de subvencións e de contas correntes. Nesta época un pasa de ser atento, sevicial, un home cercano, ect... a ser frio, calculador, sen escrúpulos e sectario. Bueno, a moitos xa non nos colle por sorpresa. Ontes vin na prensa no apartado local, que Cariño vai poñer en marcha este veran "el proyecto estrella". Cal sería? O polígono industrial? Non! Un porto deportivo? Que va! Un corredor Rápido? Unha nova carretera? Ampliación do muelle?...Nada, "un proyecto estrella" chamanlle a unha hipoteca flotante, aula do mar, barco museo, embarcación turística con guia,... chamada tamén co seu nome de pila... o ARTAL!!! Vendo todo isto, eu preguntome: A xente que lle pasa? Xa non ten dignidade?Podennos enganar, facendo súas as obras polas que outros loitaron e proxectaron. Poden expoliar terreos desprezable e impunemente. Poden facer campañas sectarias. Poden cohacionar a grupos, asociacións e parroquias enteiras con imprevisibles e hipoteticas subvencions, contratos ainda sen firmar e promesas veremos se feitas realidade. Poden insultar e pisotear... pero que naide poña en cuestión unha cousa A DIGNIDADE.A xente que soe cavar fosas remata caendo nelas espero que o noso pobo non entre no lote, pero o que teño claro e que non somos tontos de baba, e tomaduras de pelo coma esas non se poden consetir.Aqui non cambia nada? Temome que si a peor, Entra auga na quilla e é o momento de empezar achicar. Alguen se apunta? (Fdo Sesta bipartita)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

vexo que a Sesta Bipartita fala con claridade, eu apuntome o que sexa.

Anónimo dijo...

Queren facer un pobo para os turistas de madrid donde os de Cariño sobramos, so seremos a sua mán de obra asta que que eles queiran por eso o concello insiste en montar a atracción do artal.

Anónimo dijo...

Pois a min pareceme ben o Artal sera un monumento a inoperancia do concello, non creo que moitos madrileños embarquen, dame que tan tontos non son.