Mostrando entradas con la etiqueta politica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta politica. Mostrar todas las entradas

4 dic 2007

A feira segun lle vai nela

A conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes comprometeuse a que a vía de alta capacidade da costa norte estea acabada e en servizo no 2011. Así o afirmou na reunión que mantivo onte con alcaldes das comarcas de Ortegal e a Mariña Occidental Lucense. Pero claro cada un conta da feira segun lle foi nela. O rexedor do BNG de San Sadurniño, como o de Cedeira, do PSOE, destacaron a importancia do compromiso "político e serio" de terminar as obras no 2011. Poudo mais podias decir os socios do bipartito ¿non?. Pola súa banda, o alcalde do PP de Ortigueira, alegrouse de que os traballos comecen neste Concello, pero lle gustarian que aumenten os presupostos e que se adianten vos prazos dous proxectos construtivos. Este unha de cal e outra de area. Metras que o alcalde de Moeche, do PP tambén declarou que sentía "unha profunda decepción" despois do encontro: "os presupostos redúcense en máis dun noventa por cento e así non creo que se cumpran vos prazos prometidos", sinalou. ¿E o noso alcalde dixo algo? pois non o sabemos pero estar estaba na reunión, pero seguro aplicou a maxima de caladiño non cometemos erros.

18 ago 2007

Opa yo viazé unha ciudá

A situación do territorio en Cariño é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro do concello para mal e ao servizo só duns poucos. Os intereses dos especuladores van cos intereses da administración municipal. Mirade o que di o PSOE de Cariño "....temos que valorar moi positivamente o dinamismo que se está a producir no sector da construcción, en boa medida relacionado co feito de que moitas familias están decidíndose a optar por Cariño como lugar de vacacións e segunda vivenda. Non cabe dúbida de que a elo contribúe o noso traballo no goberno municipal, fomentando a imaxe de Cariño no exterior...".Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar o rumo da especulación. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un Cariño ordenado, racionalizado e próspero.

9 jul 2007

Os novos visitantes

Valery Karpin (Tallin, Estonia, 1969) é hoxe un exitoso promotor inmobiliario en Galicia e Cariño. O despacho de Valery Karpin S.L. está instalado na terceira pranta do luxoso edificio Simeón, na Porta do Sol, de Vigo. Viste diseño italiano con cinturón de Dolce & Gabbana incluido e desprende un fresco aroma a cosmético de novo rico metrosexual recién saido da ducha. Vigo é o centro operativo de Valery Karpin S.L., Karpin e o seu compañeiro de aventuras Míchel Salgado teñen bon ollo pra os negocios inmobiliarios, estudian ben as suas inversions, cada zona e as posibilidades, valoran riscos... e pensan que no noso concello pode haber manteca. Manteca de boa, da que se pode untar lixeira no pan, mentras disfrutas da vista a praia da Concha o da Basteira.

4 may 2007

Armada entre mulleres

Ana Fachal, a diputada Beatriz Sestayo, e a Ministra de Sanidade, Elena Salgado farán de teloneiras de Armada, xa que darán o mitin de presentación da candidatura do PSOE o sábado as oito da tarde no auditorio municipal, ali estaremos. O Aguillón, non se perderá o espectáculo, non imos a ver a Ministra, imos a escoitar a Armada e a Ana, que para eso son os da casa. Eso si prometemos que hasta o sábado non imos nin fumar, nin beber, nin fo... , non sea que a Ministra nos castigue. Que sorte ten o noso Alcalde tres mulleres de categoria para el soliño. Esperemos que nos deixe en bo nivel. Armada estamos contigo, non nos defraudes.

2 may 2007

¿Basurero o Museo?

Almacenar residuos junto a un vertedero ya clausurado sí es ilegal. Por eso la Consellería de Medio Ambiente investigará el depósito de residuos que está realizando desde hace años, el Concello de Cariño en el antiguo vertedero municipal, que fue sellado en el 2003. Lo lamentable es que la Conselleria presidida por el socialista Manuel Vázquez no tenía constancia de tal almacenamiento. Será que la basura que almacena un amigo es menos basura. El Ayuntamiento se enfrenta a posibles sanciones administrativas si finalmente la investigación de la consellería determina que el basurero es totalmente ilegal. Pero seguro que nos dan una sorpresa y el nuevo basurero lo premian como obra de arte modernista o como museo de piezas únicas. No hay como tener amigos para que miren para otro lado.

1 may 2007

Esto ten que cambiar

As rentas baixas no noso concello corrían fai un lustro paralelas o baixo precio do suelo e a vivenda, o que posibilitaba a quen tiña un empleo, permitirse un teito. Esa situación cambiou e as dúas liñas fixéronse diverxentes: os ingresos medios en Cariño, por exemplo, en base aos datos do IRPF non soben moito dos 12.000 euros, pero os pisos, que antes -fai catro anos- podíanse adquirir por 60.000 euros, custan agora, en obra, máis de 90.000 e 100.000 euros no mellor dos casos, e máis de 160.000 euros no centro do centro urbano de Cariño, unhas cifras imposibles para as rendas pequenas e medias. Un mozo que queira traballar na localidade para unha empresa, salvo excepcións, dificilmente chegará aos 800 euros ao mes. O bum urbanístico polo que atravesa o noso Concello e a presunta prosperidade pola que pasa o sector da construción contrastan cunha realidade que non corre parella coa multiplicación dos pisos e as casas: cada vez son menos os veciños que poden adquirir unha vivenda. A culpa e do nulo interese demostrado polos que gobernan o noso concello de fomentar impulsar a promoción pública, reduciron as oportunidades para quen nacemos aqui.

30 abr 2007

La lista de Armada

Al PSOE de Cariño le costó despejar el camino hacia las elecciones de mayo. Tras varias semanas de marejada interna, y alguna que otra llamada infructuosa, que hizo preocupar a Armada, nuestro alcalde y candidato, al final cerro la lista y se pudo llevar a la junta electoral. Una candidatura que une incluso a viejos amigos desde hace meses enfadados, no hay como temer algo, para unir esfuerzos ¿verdad?. La ley del silencio se impuso, para mantener el gobierno. Para los que no sepáis quien va en la lista ahí os la ponemos:
1.- DON JOSE LUIS ARMADA CASTRO
2.- DOÑA MARIA LUISA NOVO FRAGUELA
3.- DON ALBERTO IGLESIAS FRAGUELA
4.- DOÑA ANA ISABEL FACHAL FRAGUELA
5.- DON LORENZO FOJON LOPEZ
6.- DOÑA ENMA MARIA SALGUEIRO VEIGA
7.- DON XOSE LOIS ARMADA PITA
8.- DON ANTONIO REMUIÑAN VELO
9.- DOÑA MARIA ISABEL SANCHEZ RAMALLO
10.- DOÑA SARA REY LOPEZ
11.- DON JOSE RAMON RUIBAL POSE
Suplentes:
1.- DON IBON CASTRILLON PAZ
2.- DOÑA IRIA RUBIDO PARDO
3.- DON LUIS GALCERAN PITA

Foro cerrado, Foro aberto

A Asociación de Mulleres Rurais A CALEIRA realizan actividades formativas, de lecer e asistenciais, e estan presentes naqueles foros municipais, provinciais ou autonómicos nos que se debaten ou toman posicións sobre aspectos inherentes á esencia da Asociación, pero polo que parece os Foros de Internet que tan activos estaban nás últimas semanas e que tiñan na sua web deixaron de existir. Nos Os Aguillóns, para que a sana costume de escribir non se perda abrimos un FORO DOS AGUILLONS, de libre acceso, asi que non vos cortedes, podedes entrar nel dende o enlace da dereita ou da esquerda según se mire, eso si, procurade, facer comentarios constructivos, que para destructivos xa están os profesionais.

28 abr 2007

Nos jodidos, pero el contento

Nos conta un visitante da blog que o noso Alcalde, cobrou 40.800 € metras que o noso Presidente do Goberno, Zapatero cobrou 89.303 € no mesmo ano. Asi que, o noso querido Alcalde, nos sae a cada un de nos a 8 euros, con 50 centimos por ano, mentras que Zapatero saenos a 0.0018 centimos. Moi barato comparado con Armada. Vale a pena ter Presidentes do Goberno e non Alcaldes. Manda carallo! como di o noso lector. En definitiva, o que parecia barato sae caro, pero por desgracia non soamente para os electores.

27 abr 2007

Touriño xa ten placa en Cariño

Cariño estrea Casa Consistorial e claro Armada leu un discurso no que recordou os avatares polos que pasou a construción do edificio. Un edificio que temos gracias a Tallón, pero xa sabedes uns cardan a lá e otros gañan a fama. Armada e o conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, inauguraron o inmoble, pero o descubrir a placa conmemorativa do acto inaugural vemos que figuran solo os nomes do alcalde e de Touriño, Presidente da Xunta, quen, finalmente, non puido asistir. Unha pena, Touriño non quere saber nada de Armada. Non sabemos si Anxo Quintana estaba invitado, nin o que pensa O Tarolo da plaquiña.

Benditas eleccións

O pasado luns, día 16 de abril, foi cando o servizo de ambulancia do Centro de Saúde de Cariño funciona a pleno rendemento, isto é, as 24 horas do día os 365 días do ano. Que sorte temos que dentro duns dias teñamos as eleccions municipais, por fin o noso querido alcalde fixo algo, pero un pouco mais e nos quedamos para as próximas municipais. Parece que o PSOE ten previsto no seu programa unha ambulancia de dous pisos, todo será contaxio das inmobiliarias.

Fin do engano

Os gobernos deben seguir a opinión maioritaria dos cidadáns, dos veciños, esa é a democracia. Pero isto non é así. Claro que os alcaldes e concelleiros deben escoitar aos cidadáns, telos en conta, pero ante todo deben levar a cabo o programa de transformacións e xestión para o que foron elixidos democraticamente. Pero de todo isto en Cariño non saben nada, por desgraza. O noso Alcalde e o seu socio, están máis preocupados, dende fai meses, por gañar as vindeiras eleccións municipais que por gobernar para os veciños, parece que o PP está recuperando posicións, e claro eso pon en perigo o seu sillón.

¿Será esta a Candidatura do cambio?

O patrón maior da Cofradía de Pescadores de Cariño, Juan Manuel Fachal, será finalmente o candidato do PP a alcaldía. O ex alcalde e concellal, Fernando Tallón, de 63 anos, sempre dixo que a sua continuidade como candidato a alcalde estaba condicionada a aparición dun aspirante novo, algo que pasou no último momento. O parecer a lista de Fachal é a seguinte:
Candidatos:
1.- JUAN MANUEL FACHAL MANTEIGA
2.- MARIA JOSEFA ARMADA LÓPEZ
3.- JOSÉ LUIS PÉREZ PÉREZ
4.- JORGE SANCHEZ GARCIA
5.- ANA MARIA LOPEZ FERNANDEZ
6.- ANTONIO TEIJIDO PENA
7.- JOSE MANUEL BELLON RODRIGUEZ
8.- BEGOÑA PEREZ MARTINEZ
9.- JOSEFA LUCITA RODRIGUEZ OTERO
10.-CONSTANTINO MODESTO PIÑEIRO CAJETE
11.- JULIAN PEREZ GARROTE
Suplentes:
1.- ANA MARIA ORIZALES PARDO
2.- MARIA DEL CARMEN VILA ALTESOR