Este fin de semana disfrutaremos da festa popular da Virxe do Carme, amenizada por orquestras, pero o acto máis multitudinario será a Procesión da Virxe do Carme do luns, ó seu remate, coma sempre a Ofrenda Floral ós Náufragos depositando unha coroa de flores no mar os pes dos Aguillons, todo elo gracias a Cofradía de Cariño. A Imaxe da Patrona dos Mariñeiros regresará entón á vila acompañada polos devotos. Todos sabedes eso, pero algún o mellor non sabe que dende os inicios do cristianismo, a Virxe María foi proclamada como "Estrela do Mar" e o seu equivalente "Stella Maris", daí que a estrela sexa un elemento da iconografía mariana. Desde o século V era frecuente que cando algunha expedición mariña tiña unha misión difícil ou arriscada, se puxese baixo a especial protección da Virxe María. Alfonso X El Sabio, nunha "cantiga" ordena que "as popas dos buques de certa importancia estean decoradas, formando doselete para garda-la imaxe da Virxe". O nombe de do Carme ven escapulario do Carme entregado pola provia Virxe os Carmelitas, según a tradición. A devoción pola Virxe do Carmen foi crecendo, e o Papa Sixto V aprobou a súa festa no ano 1587 Os mariños españois, na expedición descubridora por augas do Pacífico, en 1602, puxéronse baixo a advocación de Nosa Señora do Carme. A expedición organizada en Cartaxena por Antonio Barceló contra Arxel, en 1784, impulsou a devoción e a celebración da súa festa entre a mariñeiría. En 1901, sendo rexente María Cristina, unha Real Orde do 19 de abril, dispón que "sexa declarada Patrona da Mariña de Guerra a Santísima Virxe do Carme, que o era de feito de tódolos navegantes e se verifiquen, o día 16 de xullo, día da súa festividade, os actos que se mencionan". Outra Real Orde, do 28 de xuño do mesmo ano, declara o Día do Carme como festivo para a xente mariñeira. A II República aboliu a Orde, que sería restaurada despois. Nos séculos XVIII, XIX e XX a Virxe do Carme é considerada por todos como a Virxe do Mar, Estrela do Mar e Raíña do Mar. Nos disfrutaremos da festa da nosa patrona o fin o cabo Os Aguillóns entán no mar. (Foto de X.M.Docal)13 jul 2007
Disfrutade da Festa da Virxe do Carme
Este fin de semana disfrutaremos da festa popular da Virxe do Carme, amenizada por orquestras, pero o acto máis multitudinario será a Procesión da Virxe do Carme do luns, ó seu remate, coma sempre a Ofrenda Floral ós Náufragos depositando unha coroa de flores no mar os pes dos Aguillons, todo elo gracias a Cofradía de Cariño. A Imaxe da Patrona dos Mariñeiros regresará entón á vila acompañada polos devotos. Todos sabedes eso, pero algún o mellor non sabe que dende os inicios do cristianismo, a Virxe María foi proclamada como "Estrela do Mar" e o seu equivalente "Stella Maris", daí que a estrela sexa un elemento da iconografía mariana. Desde o século V era frecuente que cando algunha expedición mariña tiña unha misión difícil ou arriscada, se puxese baixo a especial protección da Virxe María. Alfonso X El Sabio, nunha "cantiga" ordena que "as popas dos buques de certa importancia estean decoradas, formando doselete para garda-la imaxe da Virxe". O nombe de do Carme ven escapulario do Carme entregado pola provia Virxe os Carmelitas, según a tradición. A devoción pola Virxe do Carmen foi crecendo, e o Papa Sixto V aprobou a súa festa no ano 1587 Os mariños españois, na expedición descubridora por augas do Pacífico, en 1602, puxéronse baixo a advocación de Nosa Señora do Carme. A expedición organizada en Cartaxena por Antonio Barceló contra Arxel, en 1784, impulsou a devoción e a celebración da súa festa entre a mariñeiría. En 1901, sendo rexente María Cristina, unha Real Orde do 19 de abril, dispón que "sexa declarada Patrona da Mariña de Guerra a Santísima Virxe do Carme, que o era de feito de tódolos navegantes e se verifiquen, o día 16 de xullo, día da súa festividade, os actos que se mencionan". Outra Real Orde, do 28 de xuño do mesmo ano, declara o Día do Carme como festivo para a xente mariñeira. A II República aboliu a Orde, que sería restaurada despois. Nos séculos XVIII, XIX e XX a Virxe do Carme é considerada por todos como a Virxe do Mar, Estrela do Mar e Raíña do Mar. Nos disfrutaremos da festa da nosa patrona o fin o cabo Os Aguillóns entán no mar. (Foto de X.M.Docal)
O Aguillón escribiu isto
.
as
8:09
Etiquetas:
Sociedade
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Temos que agradecer a Cofradia que desde sempre apoiou esta festa, moitos diran que e loxico xa que e a sua patrona, pero non e asi da festa disfrutamos todo o pobo. Gracias o actual Presidente e a todos o que o precederon.
Disfrutade un pouco por min,xa que non póido estar nestas datas,eu ben quixera ,e a nosa virxen do Carmen ben o sabe ,pero sempre me toca ir no inverno.Que sexades todos moi felices e trouleade o que aguante o corpo.Saudos a todo o pobo.
Temos que agradecer a xente do pobo que aportou os euros para levar a cabo esta festa porque o que é a cofradía nada de nada.
Primeiro gastaron os cartos en xuizo co concello e agora non hai nin pa festas.
E unha vergoña. Nin os mais vellos do lugar lembran que pediran polas portas para as festas do carmen en Cariño.
Non houbo queixa. Polo menos a salmonella quedou fora das festas.A "mala baba" que teñen algúns non é contaxiosa.Eu paseino ben.Gracias aos que dechedes uns euriños da paga extra para unhas orquestras.Bailade por min o luns, que eu traballo. Bicos
as miñas felicitacións á cofradía,porque sin estar boyantes, atreveronse a facer unha boa festa
atreveresonse a mandar a 4 infelices a pedir polas portas. A Juan sobralle peito para algunhas cousas pero parece que nin a política nin as festas son o del.
Publicar un comentario