13 jul 2007

Disfrutade da Festa da Virxe do Carme

Este fin de semana disfrutaremos da festa popular da Virxe do Carme, amenizada por orquestras, pero o acto máis multitudinario será a Procesión da Virxe do Carme do luns, ó seu remate, coma sempre a Ofrenda Floral ós Náufragos depositando unha coroa de flores no mar os pes dos Aguillons, todo elo gracias a Cofradía de Cariño. A Imaxe da Patrona dos Mariñeiros regresará entón á vila acompañada polos devotos. Todos sabedes eso, pero algún o mellor non sabe que dende os inicios do cristianismo, a Virxe María foi proclamada como "Estrela do Mar" e o seu equivalente "Stella Maris", daí que a estrela sexa un elemento da iconografía mariana. Desde o século V era frecuente que cando algunha expedición mariña tiña unha misión difícil ou arriscada, se puxese baixo a especial protección da Virxe María. Alfonso X El Sabio, nunha "cantiga" ordena que "as popas dos buques de certa importancia estean decoradas, formando doselete para garda-la imaxe da Virxe". O nombe de do Carme ven escapulario do Carme entregado pola provia Virxe os Carmelitas, según a tradición. A devoción pola Virxe do Carmen foi crecendo, e o Papa Sixto V aprobou a súa festa no ano 1587 Os mariños españois, na expedición descubridora por augas do Pacífico, en 1602, puxéronse baixo a advocación de Nosa Señora do Carme. A expedición organizada en Cartaxena por Antonio Barceló contra Arxel, en 1784, impulsou a devoción e a celebración da súa festa entre a mariñeiría. En 1901, sendo rexente María Cristina, unha Real Orde do 19 de abril, dispón que "sexa declarada Patrona da Mariña de Guerra a Santísima Virxe do Carme, que o era de feito de tódolos navegantes e se verifiquen, o día 16 de xullo, día da súa festividade, os actos que se mencionan". Outra Real Orde, do 28 de xuño do mesmo ano, declara o Día do Carme como festivo para a xente mariñeira. A II República aboliu a Orde, que sería restaurada despois. Nos séculos XVIII, XIX e XX a Virxe do Carme é considerada por todos como a Virxe do Mar, Estrela do Mar e Raíña do Mar. Nos disfrutaremos da festa da nosa patrona o fin o cabo Os Aguillóns entán no mar. (Foto de X.M.Docal)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Temos que agradecer a Cofradia que desde sempre apoiou esta festa, moitos diran que e loxico xa que e a sua patrona, pero non e asi da festa disfrutamos todo o pobo. Gracias o actual Presidente e a todos o que o precederon.

Anónimo dijo...

Disfrutade un pouco por min,xa que non póido estar nestas datas,eu ben quixera ,e a nosa virxen do Carmen ben o sabe ,pero sempre me toca ir no inverno.Que sexades todos moi felices e trouleade o que aguante o corpo.Saudos a todo o pobo.

Anónimo dijo...

Temos que agradecer a xente do pobo que aportou os euros para levar a cabo esta festa porque o que é a cofradía nada de nada.
Primeiro gastaron os cartos en xuizo co concello e agora non hai nin pa festas.
E unha vergoña. Nin os mais vellos do lugar lembran que pediran polas portas para as festas do carmen en Cariño.

Anónimo dijo...

Non houbo queixa. Polo menos a salmonella quedou fora das festas.A "mala baba" que teñen algúns non é contaxiosa.Eu paseino ben.Gracias aos que dechedes uns euriños da paga extra para unhas orquestras.Bailade por min o luns, que eu traballo. Bicos

Anónimo dijo...

as miñas felicitacións á cofradía,porque sin estar boyantes, atreveronse a facer unha boa festa

Anónimo dijo...

atreveresonse a mandar a 4 infelices a pedir polas portas. A Juan sobralle peito para algunhas cousas pero parece que nin a política nin as festas son o del.