12 jul 2007

O rato, a fantasia, e os piratas para Cariño

A Deputación da Coruña patrocina, un ano máis, o ciclo "Noite de Cine", que levará os concellos da provincia proxeccións cinematográficas ao aire libre durante os meses de xullo, agosto e setembro. Cada concello participante contará con entre 3 e 7 proxeccións en función do número de habitantes, no caso de Cariño son tres as proxeccións. Entre os once filmes seleccionados para esta XVII edición do ciclo atópanse algunhas das producións con alta recadación dos últimos meses como "Piratas do Caribe II","United 93", "O código da Vinci" ou "007. Casino Royale", xunto a producións para o público infantil e xuvenil como “Pérez, o ratiño dos teus soños” ou “Ponte cara a Terabithia”. Tamén xogarán un papel importante as producións españolas e galegas como "Volver", de Pedro Almodóvar, "Mia Sarah", ou "Un franco, 14 pesetas", a gran triunfadora da última edición dos premios Mestre Mateo. A selección das películas a realizou polo que nos din Manolo Varela en función do perfil do público da vila, conformado basicamente por nenos. A selección de Manolo para Cariño foi a seguinte, proxectar, o día 8 Pérez, O ratiño dos teus soños, o día 9 o Puente hacia Terabitihia, baseada na novela homónima de Katherina Paterson, e o día 10 Piratas del Caribe II:O cofre do home morto.

No hay comentarios: