7 may 2013

En xullo ponse en servizo a variante de Ortigueira

A Xunta avanzou esta mañá que a variante de Ortigueira poñerase en servizo no vindeiro mes de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) achegou un importe económico de máis de 44 millóns de euros para a execución deste tramo de 8,4 km que une a estrada As Pontes – Ortigueira (AC-101) coa localidade de Espasante.Este treito beneficiará a máis de 6.550 habitantes do Concello de Ortigueira ao supoñer unha alternativa á elevada intensidade de tráfico da estrada Ferrol – San Cibrao (AC-862), ao seu paso polo núcleo ortegano. Esta vía tamén significará unha mellora na accesibilidade da zona norte da provincia da Coruña, ao reducir a máis da metade os percorridos pola AC-101, dirección As Pontes e nun 45% pola AC-862, cara a Ferrol. Tamén posibilitará evitar o paso polas travesías de Ortigueira e Cuíña, que suman mais de 3 quilómetros de lonxitude. Na actualidade, nesta infraestrutura viaria tan só están pendentes os traballos de adecuación da capa de rodadura e pintura. A Consellería de Medio Ambiente xa levou a cabo accións de escavación e desmonte, recheos e estendido de mestura bituminosa. No que se refire a estruturas, esta vía conta con tres enlaces: Ortigueira Sur (AC-110) (Ortigueira – As Pontes); Ortigueira Norte, conecta coa AC-862, no lugar de Barbós; e Espasante, que conecta coa AC-862 no lugar de Agromaior. Ademais dispón de dous viadutos, catro pasos superiores, dous pasos superiores de fauna e dous pasos inferiores. A variante de Ortigueira supón o cumprimento dos criterios que dende a Consellería de Medio Ambiente se está a establecer en materia de infraestruturas, co fin de dar prioridade as obras en curso, seguido da conservación da rede actual de estradas e melloras de seguridade viaria.

1 comentario:

Anónimo dijo...

You can not only be in the various center activities.
Our Internet marketing programs will enable Taiwanese businesses to capture more orders.


Stop by my web blog: search engine optimization services program