21 nov 2012

Cariño en lata

Sostibilidade, autoxestión, promoción dos produtos autóctonos e dalo a coñecer son os piares nos que se apoia "Cariño en lata", un proxecto de turismo, hostalaría e gastronomía que dará comezo o día 27 e que estará vixente ata de setembro de 2013. Un curso de cociña de produtos locais para aprendices e cocinillas convértese no punto de partida dunha oferta que nace para que o territorio de Ortegal "teña un recoñecido e merecido recoñecemento". O Concello de Cariño e o xefe de cociña Óscar Galandum están detrás dunha iniciativa que, ademais do curso xa citado, tamén inclúe outro especializado para hostalaría, un concurso de micro-cociña, pinchos e tapas, a elaboración dun receitario local e a edición dun libro-guía de turismo e gastronomía cun suplemento de actividades de ecoloxía, sendeirismo e lugares para divulgar as posibilidades que o municipio ofrece en todos os apartados. Para tomar parte na primeira das convocatorias, dende o Concello de Cariño infórmase de que ata o día 27 estará aberta o prazo de inscrición. O Concello será a referencia para aquelas persoas que desexen tomar parte nunha iniciativa que se impartirá en diferentes días e horarios para adaptarse á demanda. O prezo da matrícula tamén é variable, en función de que o pagamento se faga por adiantado ou fraccionado. Así, mentres que polo curso completo se aboarán 40 euros por 32 horas de clases, se se realiza o pagamento por adiantado aplicarase un bonificación de 5 euros, polo que o importe da matrícula será de 35. O centro social do Concello de Cariño acollerá o desenvolvemento dun programa formativo que se levará á práctica os días 27 e 28 do presente mes e o día 1 de decembro. Entre outros contidos, os participantes serán instruídos sobre cuestións dietéticas e nutricionais, a cociña con conservas, salsas e gornicións e algúns pratos de cociña internacional. Óscar Galandum traballou na cadea hoteleira Meliá, foi distinguido na Guía Chicha e resultou finalista como cociñeiro do ano en 2009 e 2011. Dende hai un tempo reside no municipio de Cariño

4 comentarios:

Anónimo dijo...

E éste, de quen ben sendo?...

Anónimo dijo...

E éste de quen ven sendo?...jjjjiijaaajaja

Anónimo dijo...

xenial

Anónimo dijo...

Dantesco....E os vellos con menos horas de axuda.