12 sept 2012

Piden a retirada dunha grua en Ortigueira

Veciños e comerciantes de Ortigueira piden a retirada dunha grúa nunha das rúas do centro da vila que impide o tránsito de vehículos e que condena con perdas de vendas a todo o comercio e á hostalaría da zona, por favorecer unha obra privada. Os afectados mantiveron o pasado luns unha reunión co alcalde en relación á situación xerada pola derruba parcial dun inmoble o pasado 16 de agosto a consecuencia das obras desenvolvidas na parcela anexa. Por agora se encargo un informe técnico ao arquitecto municipal que concretará as medidas precisas para garantir a seguridade da rúa, así como valorar as alternativas para substituír a grúa existente.

No hay comentarios: