2 jun 2012

Licitacions no Concello de Ortigueira

O Concello de Ortigueira inicia o procedemento aberto para a contratación da explotación do albergue de Mera de Arriba e a súa cafetaría. A medida persegue que o antigo escolar indiano, que vén utilizando dende o 2007 só como centro social, funcione en breve a pleno rendemento. Segundo recollen as cláusulas administrativas do procedemento, o adxudicatario asumirá durante o ano de contrato as tarefas de limpeza, mantemento e conservación do edificio, así como todos os gastos derivados do seu funcionamento. Ademais haberá de garantir a apertura do centro como mínimo os venres, sábados e domingos de 9 a 22 horas. Os interesados en facerse cargo das instalacións do histórico edificio, recuperado hai sete anos por un taller de emprego municipal e adaptado durante o último bienio coa instalación dun ascensor, dispoñerán ata o 16 de xuño para presentar as súas proposicións ao concello. Co ánimo de facilitar ao máximo a posta en valor do inmoble, non se esixirá canon, sen prexuízo de que os licitadores poidan ofertalo libremente. Tambeb ábrese un prazo de quince días para que quen queira conseguir o contrato de explotación da cafetaría do "portal turístico" do territorio Ferrol-Ortegal e o mantemento das dependencias, presente as súas ofertas. Establécese un canon mínimo de 3.000 euros anuais máis IVE.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O fraude das eólicas de Cariño ao descuberto:

http://chuza.gl/story/galicia-mar-renovables-s.l-maior-estafa-no-concello-carino

Por se alguén tiña ainda esperanzas

Anónimo dijo...

É o das boias esas do mar, eta visto! Se cando non hai non hai