29 may 2012

Paci deixou o Concello

O pasado venres 25 de maio, no pleno municipal do concello de Cariño, fíxose oficial a dimisión do Concelleiro do BNG. “Paci” Óscar Bellón Fernández, o neto de Bellón o electricista de Feás, que aludíu razóns persoais para xustificar a súa decisión, despois de mais de 20 anos de militância no BNG, ainda que na mente de mais dun concelleiro andan outras razons. O seu posto será ocupado por Inés Martínez Deus, que figurou no séptimo lugar na candidatura do BNG ás pasadas eleccións municipais. As persoas que ocuparon os postos quinto e sexto, Raúl Veiga Bellón e Flora Miranda Pena respectivamente, renunciarían a tomar posesión do cargo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

iste que era da upeja o dos ecojalejistas?

Anónimo dijo...

Un pouco mais e se quedan sin xente para ir de concelleiro, isto cheira a dias contados da Puri.

Anónimo dijo...

É certo, case quedan sen os suplentes, e aínda quedan 3 anos por diante. É unha mágoa, pero polo ben de Cariño, o Concello necesita estabilidade política.

Museo Do Mar dijo...

Eu penso que debe de volver o noso Luis, que como ben dí , non é verdade que o concello no teña cartos. Na páxina do PSOE témolo ben explicado, e máis nos periódicos. O Artal daba Cartos, moitos cartos. Os paneis solares da piscina dan para quentala e máis cartos para o concello. Os 672000 euros que nos prestaron foron para pagar o pouco que se debía. .12000 euros para a gardería pouco lle supón ao concello,agora dín que non cobra a alcaldesa, pois con ese aforro sobra para darlle a gardería e que non peche, o noso Luis cobraba de carallo xa que merecíao polo ben que o facía.

Anónimo dijo...

fixo ben paos seus,ke os enchufou a todos nas oficinas do concello,na limpeza do concello, na depuradora,etc.. ben de carallo