9 may 2012

O latexo da vida e da conciencia

O vindeiro sábado 12 de maio, ás seis da tarde, terá lugar en Cariño a presentación do libro O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado. O acto, organizado conxuntamente pola Agrupación Socialista de Cariño e a Asociación Cultural Fuco Buxán, terá lugar no Local Social da Casa do Concello. Intervirán Jonathan Miranda (membro da Agrupación Socialista de Cariño), Fernando Ocampo (directivo de Fuco Buxán) e Rafael Pillado (autor do libro. A publicación deste libro coincide co 40 aniversario dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, nos que faleceron dous traballadores e resultaron feridos moitos outros. Aquelas movilizacións obreiras supuxeron un momento clave na loita contra o franquismo e situaron ó movemento obreiro ferrolán na vangarda da loita pola democracia en España. O libro pretende ser, polo tanto, unha homenaxe a todo o movemento obreiro e un recoñecemento ás persoas que loitaron en Galicia polas liberdades democráticas.

No hay comentarios: