16 may 2012

Dia da Bici en Cariño

O vindeiro sábado 26 de maio terá lugar en Cariño a primeira edición do Día da Bici . As actividades desta xornada están organizadas polo Concello de Cariño e o Club Ciclista Cariño, e contan co patrocinio de Hormigones Pita Graña. Neste día realizaranse 3 actividades relacionadas coa bici:

1ª actividade: Unha ruta sinxela para tod@s aqueles/as que desexen realizala, cun traxecto que partirá do Cobertizo ás 9:45 h e percorrerá o Paseo marítimo, seguido da Laguna e voltará a continuación ao Cobertizo. A distancia total deste percorrido é de 3,23km . @s nen@s nacidos entre o ano 2008 e o 2003 que desexen participar terán que ir acompañad@s dunha persoa adulta que se faga responsable do seu coidado e seguridade.

2ª actividade: Unha ruta un pouco máis dura que comezará tamén no Cobertizo ás 11:00 h, continuando logo polo Paseo marítimo, subida ao Monte Mazanteu ata as praias de Figueiroa para voltar ata Fontao e concluír de novo no Cobertizo. En total os participantes cubrirán 13,71 km. Neste percorrido só poderán participar aquelas persoas nacidas antes de 1998.

3ª actividade: Esta será unha proba de habilidade para @s peques e desenvolverase no Paseo Marítimo durante a celebración da segunda ruta. É obrigatorio para todas as persoas participantes en calquera das rutas levar casco e bebida (auga ou bebidas isotónicas).

Quen desexe participar deberá inscribirse na Casa da Cultura antes do día 25 de maio ás 13:30 h. Para máis información, podedes acudir ou chamar á Casa de Cultura (tlf.: 981420216)

No hay comentarios: