29 abr 2012

Xogos de guerra en Cariño

O airsoft é un xogo e deporte de estratexia baseado na simulación militar. Trátase dun xogo de guerra similar ao paintball. Esta actividade baséase na simulación de combates usando réplicas de armas de fogo (as cales disparan pequenas bólas de PVC ou biodegradables de 6 ou 8 mm de diámetro) en escenarios de xogo similares aos dunha guerra real, con equipamento similar ao militar. Aínda que non existe unha indumentaria concreta, cada equipo prefire equiparse segundo o tipo de xogo ao que se dedique. A pesar do que moita xente pensa, o airsoft non é un xogo violento, todo o contrario, é un xogo que fomenta a colaboración en equipo así como a relaxación e a diminución do estrés ocasionado polo traballo, estudos, cidades ou outras causas principais. Sempre que se xogue con seguridade e atendendo a minimas normas que marca o xogo. As réplicas de armas utilizadas no Airsoft non son perigosas se se dispón das proteccións axeitadas e se non se utilizan en lugares públicos ou non homologados para o xogo. Pero como se pode observar no video, a poucos metros, do centro de Cariño, estase a xogar, sin seguir as mais minimas reglas de protección nin nos xugadores,(como minimo unhas lentes homologadas) nin no espacio de xogo. Un perigo para os rapaces e un posible disgusto para pais e veciños.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El airsoft es el primo marica del paintball.