23 abr 2012

En Cariño “Temos un Plan”

A Concellería de Cultura do Concello de Cariño, en colaboración co Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, organiza unha xornada para a mellora de habilidades sociais. No curso "Comunícate" trataranse temas como a comunicación verbal e non verbal, xesticulación, voz, movemento, preparación dun discurso ou como perder o medo escénico. Está destinado a mozos e mozas de 16 a 30 anos. A xornada terá lugar o próximo sábado 5 maio ás 12h na Casa do Concello. Ten que haber polo menos 10 inscritos para que se realice a actividade e 25 como máximo. No caso de que o número de inscritos sexa superior farase un sorteo. Os/as interesados/as poden inscribirse desde hoxe e ata o día 30 de abril inclusive na Casa do Concello en horario de 9h a 14h ou no teléfono 981 405 064. A actividade é de balde e entregarase diploma de asistencia.



No hay comentarios: