25 may 2011

A contra das "reflexions oportunistas"

Pareceme unha vision oportunista a "reflexion" elctoral aquí plantexada. O Partido Popular perdeu 156 votos con respeto á anterior convocatoria. O que non dí e que o censo baixou de 4.360 a 3.900 votantes, e a participación apenas aumentou tres puntos porcentuais de 61% a 64%. Son datos, e sí, e para todos, pero penso que influir, influe. Non creo nuha migración masiva de votos do PP á o bloque (aos datos remítome)... non os vexo capaces depois do vivido pola xestion do señor Varela e pola loxica utilidade para un goberno de coalición co señor Armada. Polo tanto bastante oportunistas as reflexións. Polo que o PP respeta farán reflexións e tomarán decisións mais cedo que tarde. De falar dunha democracia participativa. Non sei en que mundo vivides... un goberna, un ten que ter as ideas claras e cumplir o programa que ofreceu á cidadanía. Vichedes a catro na plaza do sol, que actuan así por ser o goberno de quen é porque se fose o goberno de dereitas estarían tirando pedras á policia. Como un goberno de esquerdas é incompetente, e nas CC.AA. son gobernados por caciques corruptos... dicimos, en vez de cambialo, que "o sistema esta mal"... iso sí que é ter cara...Pero bueno, estabamos en cariño e o de democracia participativa son puras andrómenas. Quen se saca as fotos son os mesmos, quen pon as placas tamén e quen fai politica do todo vale tamén... Ou sexa que para oir burradas mellor falar de futbol... O que plantexan eiqui é cambiar o PXOM, cambiar o poligono industrial cos terreos xa comprados, apostar polos emprendedores,.... volver aos oitenta en definitiva... nos tempos en que estamos!!! Iso non pode haber democracia participativa que trague iso... pero buano seguide cos paxariños na cabeza que asi nos vai e nos irá a todos... a este concello quedanlle dous telediarios... pra a lexislatura que ven xa no terá viabilidade algunha... menos ainda privada de autofinanciación a partires do ano que ven. Sintoo. O Partido Popular arrasou nestas elecións municipais en Galicia e en España. Acordou, apenas un día das elección que en todolos municipios e gobernos de CC.AA. vaise a realizar automáticamente cadansúa auditoria, porque de seguro todolos gobernos saíntes manipularon as contas e a realidade dos mesmos nestas eleccións. Pra Cariño case que era vital a realización dunha auditoria, xa que temos un agasallo con todalas letras como foi unha instalación de 2.000m2 en piscina cuberta climatizada cando este concello non ten onde caerse morto... a basta xa con que "non somos cidadáns de segunda" ou "por que yo lo valgo"... A realidade é cruda e non vende... pero ninguén a pode cambiar sea de dereitas, esquerdas ou do pau do medio

64 comentarios:

A CABEZA NON PARA ! dijo...

estou de acordo en algunhas cousas co que comenta vostede pero outras son indefendibles.que sigas pensando que Fachal er candidato do pp solo ten un nome FANATISMO,en canto ao asunto da piscina non vai vostede mal encamiñado pero ollo,na vila mais da mitade da xente que iba e de Cariño polo cal xa entrou nun deficit preocupante.... a maiores dos mais de 6 millons de euros de deficit,si leu vostede ben 6 millons de deficit e que eu seipa alí sempre gobernou o pp,como pode comprobar en todolos partidos hai iluminados...un saudo e grazas por facer criticas sen insultos e constructivas.

A CABEZA NON PARA ! dijo...

estou de acordo en algunhas cousas co que comenta vostede pero outras son indefendibles.que sigas pensando que Fachal e bon candidato pra o pp solo ten un nome FANATISMO,en canto ao asunto da piscina non vai vostede mal encamiñado pero ollo,na vila mais da mitade da xente que iba, e de Cariño polo cal xa entrou nun deficit preocupante ao deixaren de ir.... a maiores dos mais de 6 millons de euros de deficit,si leu vostede ben 6 millons de deficit e que eu seipa alí sempre gobernou o pp,como pode comprobar en todolos partidos hai iluminados...un saudo e grazas por facer criticas sen insultos e constructivas.

Anónimo dijo...

Poden empezar as auditorías polo IGAPE.Ou rematar de aplicar a que se fixo na Confraría.As dúas baixo a dirección do PSOE e do BNG.

pataqueiro dijo...

Eu votei o PP, e dentro de catro anos votarei o PP. Como di un, o outro dia por aqui, votaria a un saco de patacas, pero se son patacas PP, se son patacas PSOE ou Bloque nin pensalo. Pero ainda asi teño que recoñecer que nin fai catro anos, nin agora o meu voto foi con alegria a urna. Eu creo que o PP pode dar mais de si en Caariño, seguro que se miran un pouco hai xente con valia, e con ideas e gañas de traballar, que poden defender as suas ideas, sin alporizar os contrarios (que non enemigos). A nova alcaldesa (que so a vin nos carteis) que non coñezo, pois desearlle sorte que a vai necesitar, non tera una tarea facil, a de lidiar cos socios de goberno, que teñen xa moitas horas de vuelo na politica local. Esperemos que despois desta semana as cosas vaian a mellor.

Anónimo dijo...

Se un veciño meu fai unha boa xestión, eu non voto PP, quedome na casa, é un veciño ou veciña e non teño nada que obxetar sexa ou non das miñas ideas ou do partido que simpatice.

Destas visións amables da politica local veñen estes lodos...

...coidado co simil "saco de patacas" haber quenes veñen por detrais, imos agardar por esa xente comprometida e preparada...

Luis y Fachal que dimitan dijo...

Se acabaron las palabras. Estos cuatro años que nos esperan pueden ser ilusionantes. Desde el primer momento trabajar, trabajar y trabajar con honradez y humildad.Estoy segura que Puri no nos va a defraudar; tiene criterio propio y no creo que se deje engañar. El PP y el PSOE que reflexionen y a renovarse.Según mi parecer Luis y Juan Fachal debían dimitir como concejales ya que nada van a aportar en esta legislatura; nada más que resentimiento, frustración y nada de aportar ideas constructivas, su inutilidad quedó mas que demostrada en estos ocho años.Todo lo tuvieron y nada hicieron. Ánimo Puri y gobierna sola y pide apoyos puntuales, con transparencia.

Anónimo dijo...

Por esa regra de tres, tanto pode gobernar Puri coma Fachal, porque ámbolos dous teñen catro concelleiros. Sigo reiterandome no dito, a algúns parece que lles gusta facer memoria selectiva, pois o BNG gobernou xa en Cariño durante 8 anos, así que de aires novos, 0. ¿Dónde estivo esta señora metida para denunciar e criticar o desastre de bipartito que tiñamos en Cariño?. "Resentimiento, frustación, y nada de ideas constructivas", pois todo elo avalado polo selo do BNG.

Anónimo dijo...

VAIA ENCUESTA!!!!.E,LOGO NON PODE GOVERNAR O BNG CO PP???????.POIS ISO E O QUE DIN OS RESUTADOS DAS ELECCIONS.

Anónimo dijo...

BNG-PP home seria unha opción si Fachal non vai de concelleiro, de outra forma o vexo dificil.
BNG-PSOE No PSOE tiñan que dimitir os tres concelleiros e dar paso os outros tres, para que a cousa poideser sair.
PP-PSOE Imposible, nin Luis nin Fachal o permitirian.
BNG solo: pode intentarse pero o vexo dificil.
BNG-PP-PSOE seria o loxico en un concello pequeno e jodido, e con estes resultados. pero vamos eso non pasa nin nos mellores sono.

O final....

Anónimo dijo...

Se a elexida polo pobo non mostra dende o minuto un o seu liderazgo... temolo crú en Cariño... quen mostre o lideragdo e a súa capacidade pra gobernar gobernará porque a situación no concello é moi preocupante e hai urxencias... merecemos un goberno forte

Anónimo dijo...

Para ser un concello con moita xente maior, o resultado da que pensar. Con respecto a representación do Bloque por Manuel Varela, queda claro. A candidatura do PP era moi variada, pero pouco aceptada pola xente.¿Por qué? Eu teño o meu propio criterio. O PSOE, renovarse ou morrer.Eu confío nunha muller, a que tiven ocasión de escoitar cando quixen, e tamén confío nos que van con ela, homes e mulleres.

Anónimo dijo...

O PSOE en Cariño ten xente de sobra para facer un bon equipo para as próximas municipais; o caso é que queiran dar un paso adiante. Hai xente que xa estivo por ahí e que si se xuntan poden ser duros de roer para os outros; e dende logo están capacitados como o que mais para intentar levantar o partido en Cariño. Sóame que xa hai anos houbo conversas con algunhos para renovar o partido, e por qué non ahora. Eu coñezo personalmente a alguns, e de verdade que non me parecen interesados en personalismos, ó contrario, penso que primeiro porían a Cariño por diante.

Anónimo dijo...

¿Por dous tontos refireste a Luis e o Tarolo?.

Anónimo dijo...

Xubilados sin poder adquisitivo, obreiros pagando os gastos dos empresarios, xuventude emigrando a búsqueda dun traballo, Colexio e Instituto con descenso constante de alumnado, empresas contratando e pagando media xornada(logo trabállanse 10 ou mais horas), traballos de seis meses na casa e seis en activo sin poder acumular paro, comercios pechando. ¿ Pero non nos damos conta que Cariño é coma unha fachada de cartón pedra que mais cedo que tarde terá que reinventarse ou desaparecer como concello? Non sei, porque non estou capacitado para elo, se estamos a tempo de sentar as bases do noso futuro, pero ós que lle compete isto dígolles que se poñan as pilas; non queda moitos intentos.

Anónimo dijo...

Hablan de ánimo a Luis, ¿pero no dijo en un mitin que esta era su última vez como candidato a la alcaldía?. Confirmádmelo.

ArirsetoK dijo...

Dos amigos hablando
- Yo no voto personas, ¡yo voto ideas!
- ¿Y si te doy cien millones de pesetas?
- Pues voto a quien sea, porque la idea es buenísima....

UndKriño dijo...

Están un descalzo un vilancho e un pixín e dille o descalzo!...... EN CEDEIRA NACEU UN BEBE SEN PERNAS E FIXERONLLE UNHA OPERACION E AGORA E CAMPEON DE ATLETISMO
dí o vilancho!.......NA VILA NACEU UN BEBE SEN BRAZOS E FIXERONLLE UNHA OPERACION E AGORA E CAMPEON DE NATACION
Ahí queda o pixín cavilando e dí!......NON JODADES ISO NON E NADA EN CARIÑO FAI UN TEMPO NACEU UN BEBE SEN TESTA E PUXEROLLE UNHA POTA CHENA DE MERDA E AGORA E ALCALDE. Un saúdo veciños.

Anónimo dijo...

Son o de antes, non é con afán de meterse con ninguén, son chistes políticos. Por si é o caso de que lle afecte a alguén.

Anónimo dijo...

Yo tanpoco me siento capacitado para dar una solución a los problemas qeu veo en Cariño, pero lo que tu dices lo llevo pensando hace mucho tiempo. Yo digo como es que los que cobran por pensar no hicieron nada para que muchas personas no tengamos estas preocupaciones.

Anónimo dijo...

pero imbeciles acordarvos como estaba Cariño fai 23 anos que nos chejaba a morca as casas,tiñamos catro farolas o campo de futbol no medio da Concha ,tiñamos a tenencia de alcañldia no calexon de picos,ayudantia de marina en Ortigueira os medicos habia que ilos buscar o restaurante ou hostal que se quedaban etc,etc,etc.Eu non digo que non se poideran facer mellor as cousas ou melloralas pero entre uns e outros e aportando algo podese mellorar.si hay que facer un puente,hay que estar de acordo PP,PSOE E BNG,despois de que o teñamos feito discutiremos que farolas poñemos ou de color o pintamos.pero o importante pa os veciños seria ter o puente feito fixerano uns ou outros,isto e un exemplo.Esta seria politica que entenderia os veciños porque o fin o cabo e pa quen se deberia gobernar e non pa os partidos .Asi esta a plaza do Sol e outras aburridos dos politicos e dos partidos.

Anónimo dijo...

Deixeimos un pouco de tempo a ver o que xurde dos resultados.
A ver si nos clarean a vista.

Anónimo dijo...

Joder co de maís enriba.
Hai 23 anos eu tamen era 23 anos mais novo.
E hai 50 mandaba Franco.
Vai rañala.

Anónimo dijo...

No me imagino a Cariño con el mismo aspecto de hace 23 años. En el aspecto estético hemos mejorado, pero también es precioso el Taj Mahal, su único pero es que se trata de un mausoleo, y Cariño está también muerto, social, laboral y culturalmente.

Anónimo dijo...

Agota que o sabes vouche dicir que todos os pobos da entidade de Cariño, por ahí che andan nos aspectos que ti sinalas. Asegúroche que se aparecen axentes dinamizadores aparecen as oportunidades debaixo das pedras.
O cariñés sempre foi pobo decidido cando lle pediron o seu apoio en beneficio da colectividade. Os exemplos son varios: Instituto nos anos 70, concello nos 80, etc. Penso que ten que xurdir a persoa que una e reinvindique o que necesitamos, para que o de "todos a una" comeze xa. Iso sí, salvadores da patria non, que xa algún se postulou e vamos como vamos.

Anónimo dijo...

Hai momentos nos que os comentaristas que se deixan caer por eiquí me sobrepasan. O que non deixo de preguntarme e como pode ser que con tanto iluminado hai no pobo so houbese 3 candidaturas.

Anónimo dijo...

VAITE ARMADA!!!!!!!!!!!
VAITE ARMADA!!!!!!!!!!!!!!!
TEN VERGONZA POR UNHA VEZ NA VIDA!!!
TEN RESPETO POLOS SOCIALISTAS!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Iluminados: aqueles ós que lle da a luz de cheo. Qué tipo de luz?, metaforicamente poden ser moitas, para ben ou para mal, o exemplo de iluminación empeza por Xto. Dende logo para presentarse con gruposs de goberno como os que vimos estas eleccións á alcaldía o único que quedan son dudas e sombras, a iluminación e a claridade teránse que despexar, ou non?

Anónimo dijo...

Vaia clase maxistral sobre iluminados; a verdad que non sinto as pernas despois de tanto razonamento. Reconoce que te liaches un pouco ou do contrario consideradeite o iniciador dunha nova doutrina filosófica: luznegrismo

Anónimo dijo...

Recomendoche a lectura dun autor de novelas chamado Dan Brawun, lerás moito sobre os iluminati, e dende logo andan entre a luz e a sombra, non o inventei eu. A realidade sempre supera á ficción ou non?

Anónimo dijo...

Perdoa porque non sabía que te referías os Iluminati, por certo un tema que me apasiona. Non creo que poidan ser comparados cos que ti nomeas das listas electorales. E unha opinión, so iso. Un saúdo.

inane dijo...

Moita Wikipedia

Anónimo dijo...

frikipedia mais ben

Anónimo dijo...

tamén hai a pixinpedia.

Anónimo dijo...

Si, e a moitos dos iluminados comentaristas deste blog, en PIXIMPEDÍA chamaríanlles "bestas-pardas" (non topo mellor calificativo).

Anónimo dijo...

Eu aos que aspiran a ser catedráticos low cost, aos que se cren máis listos que os que non pensan coma él, aos que están encantados de coñecerse...

non os catalogo xa se catalogan a si mesmo... pouco máis se podería engadir.

sen acritude. Cariño "ProGre"SaAdecuaDamente...

ai dios, que alto te pos...

Anónimo dijo...

SOPLAGHAITAS, GARRULO, ignorante, cobarde, déspota...
Podería seguir, é o bon do anonimato a qué sí?
O que se sinta aludido que responda qué carallo!

Anónimo dijo...

Falade de algo serio, oh. Xa vos repetides moito con tanto insulto gratuito. Seguro que algunha vez todos fumos algo do que apuntas. Eu polo menos non tiraría a primeira pedra.

Anónimo dijo...

¿Esa "instalación de 2.000m2 en piscina cuberta climatizada" no se construyó con el dinero que el ex alcalde Armada robó a Landoy?

En el pueblo todos conocemos la historia de aquel pleno...

Anónimo dijo...

Cuenta, cuenta, que yo no estoy al loro de la movida.

Anónimo dijo...

¿Qué lles roubaron cartos?, será para menos. Si é certo, non sei a que esperan os de Landoi para acudir ó Xulgado.
Penso que tocas de oído ou que non sabes interpretar o que se resolve nos plenos.

Anónimo dijo...

Fixeron un uso interesado do plan E, perpetrando a maior cacicada da nosa historia... roubar roubar non roubaron a ninguén digamos que usaron uns fondos extraordinarios a conveniencia electoral(en vez de usalos en nova obra publica por exemplo alcantarillado de Landoi, e entre outras cousas) ata fixeron coa segunda fase do plan E un dispositivo de vixilancia anti roubo de paneis solares e un xaula en forma de centro social en Feas... ou era ao revés? en fin, e o que temos os iletrados.

Anónimo dijo...

todo apoiado polo Bloque Nazonalista Galego... por certo.

Anónimo dijo...

Hago memoria y me acuerdo de un personaje del BNG, cogobernante en funciones del Concello de Cariño, que iba a ser candidato a concejal en las listas del PP allá por los años 90; intento frustrado por los militantes con más peso en el comité local, que supieron oponerse al cabeza de lista, que tampoco era del PP, según él mismo se cansó de repetir. No estoy descubriendo nada nuevo, solo refrescando las memorias para que veamos que los hay, que con tal de estar, les vale subirse a cualquier carro. Ay, si supiera que ahora sacarían 4 concejales..

Anónimo dijo...

La frase del alcalde que hizo salir a la gente del pleno:

-Como Landoy xa ten moitos cartos (toma ya) o que lles toca a eles vouno (si) gastar na piscina.

Tan surrealista como cierto. Cuando te vas a ir de cacique, las cosas se hacen así, soltándolo delante de todo el mundo.

Anónimo dijo...

tu,el de la memoria...recuerdas que la semana pasada el del pp le propuso al del soe un pacto para gobernar?eso si es integridad...o ese tema no te interesa?
hablando de refrescar,sabias que en las pasadas elecciones le ofrecio la alcaldia al del bloque para desbancar al del soe? ay! eso no te viene a la memoria!eso si es seriedad y compromiso con el pueblo....

Anónimo dijo...

Soy el de la memoria, veo que estás de acuerdo con la crítica que yo hago, porque, como si no escribirías eso. Hablamos de lo mismo, sea del partido que sea, eso a mí me da igual, solo hablo como ciudadano que en la mayoría de los casos se siente engañado por el personal. El que tú comentas ya no engaña a casi nadie, me molestan más las actitudes de los que creía me eran más próximos.

Anónimo dijo...

Moito falades de memoria, pois vouvola refrescar con unha noticia dunha herencia. Sentencia contra o Concello de Cariño, pola que ten que afrontar o pago de casi 200 millóns das antiguas pesetas á empresa constructora do edificio de usos múltiples, actual sede do Concello. A sentencia xa é en firme sin posibilidade de apelación. Ahora facedes memoria para saber quen foi o alcalde que nos deixou esta herencia.

Anónimo dijo...

Eu coñezo a un alcalde que adxudicou esa obra con un presuposto... e outro que firmou unha débeda porque supostamente a empresa saiuse do presuposto inicial. Se ese edificio fose de usos múltiples marítimo y terrestres varias consellerias da xunta afrontarían o custe da débeda restante como se compromentero dend e un inicio... pero ao cambiar a intalación facer un despacho oval e a casa do concello... a deuda foi para o concello gracia á capacidade dun gran xestor e gran negociador.

Anónimo dijo...

ben falado.....

Anónimo dijo...

Eu o que conozo que o levaron a xuicio foi a Tallon e non a Luis enteradesvos o que pasou co empresa que fixo o concello.e que desde o norte ata sur nada mais que hay imputados do PP esperemos dentro de 4 anos,xa o veremos $$$$$$.

Anónimo dijo...

Levaron a xuizo ao concello de Cariño... porque un alcalde nada máis entrar recoñeceu unha débeda(que non tiña porque recoñecela dado que o concello só é un mero intermediario: só adxudica obras á empresas cun presuposto concreto. A empresa adxudicataria excediuse do mesmo pero ese non é problema do concello que se safaran coa xunta... pero modificouse a finalidade do edificio e a xunta non se fixo cargo).

A culpa foi de quen modificou un edificio para convertilo en sede do concello e recoñeceu unha débeda pra botar as culpas a outro dado que a denuncia ao tribunal de contas que este home fixera nin foi a trámite e por medo a que os seus votantes descubrisen que todo o predicado foron puras andrómenas chegou a facer semellante barbaridade que pagaremos todos con intereses.

Supoño que apareceran casos de imputados do PP... e que o mapa politico de españa mudou considerablemente... e o que lle queda.

Anónimo dijo...

Vamos, que ahora as sentencias dos tribunais dependen de que se recoñeza unha deuda e non de que a empresa constructura faga a denuncia por non cobrar o que se lle adeuda. Falase de excederse no presuposto inicial, supoño que a empresa non reclamaría mais do firmado no contrato de adxudicación, por que se foi así, non hai tribunal que lle dea a razón. Estas obras de megalómanos, tipo Cidade da Cultura, pasan factura; e que casualidade, ocorre sempre que se van os que firman eses despropósitos.

Anónimo dijo...

excediuse e o concello firmou que pagaría esa débeda... polo tanto tribunais e sentenza... hai algo que non se entenda?

Os tipos atoparon auga e tiveron problemas para cimentar as bases, pero repito non é problema do concello, querian parar a obra e porque a ian parar se a xunta faciase cargo cas suas conselleria coma a de mar, servicios sociais igualdade...

pero fixose un despacho oval tiraronse tabiques pra facer un edificio consistorial en plan "dinastia"... quen modificou é o culpable todo estaba en orde e a xunta pagaba e arranxaba coa empresa todos ese problemas co subsolo.

Anónimo dijo...

por certo ese edificio é o noso emblema da fachada marítima... convertiuse nun simbolo. ¡Quen lle dera a moitos concellos costeiros un edificio asi!

Anónimo dijo...

Xa vimos o que gastaron as Consellerías. Inaugurouse un local para mulleres maltratadas nas
vísperas das eleccións, sí o venres, e dentro non había nin mobiliario, so houbo cartos para poñer unha placa conmemorativa e para "pinchos y vino español". Do resto do edificio creo que nada de nada, e tempo houbo se eses compromisos da Xunta foran tan firmes,como se sinala, para rematar a obra. Dende logo que o seguinte fixo un despacho que para si quixera un Presidente, pero polo menos temos unhas instalaciós decentes para o cidadán.
A Xunta pagaba e arranxaba coa empresa (sic), e logo, porque no fixo neses intres que gobernou o anterior.

Anónimo dijo...

informarse e despois opinar. a deuda é gracias ao que quixo facer unha casa consistorial a súa imaxe e semellanza.... deudas? deberiase ter cuarenta millós de euros porque non merecemos máis ca "paus"... e ainda asi non aprenderemos nunca. asi nos luce o pelo.

Mirador da Miranda dijo...

¿Os cartos do AGADER? ¿Non eran para rematar o Edificio de Servicios Múltiples Marítimos e Terrestres? ¿Por qué se utilizaron para iniciar o Centro Socio- Educativo para as Persoas Maiores?. Por moitas mentiras que soltedes, o pobo está máis que enterado de quen é quen. Ánimo Puri e sorte.

Anónimo dijo...

Si iso pury, enterate do que deben ademais do centro socioeducativo para personas maiores centro de dia residencia furado, os cartos do agader que son fondo para o desenrolo do rural, non chegaron... segun contan deben 600.000 euros... sumallle 900.000 da sentenza a pagar da Mega Casa do Concello tuneada e a deuda de 30.000 euros que deixa anualmente o artal máis coñecido coma buque aula do mar, leva case 5 anos... 150.000 euros... engadimoslle o megadeficit que engadira anualmente a piscina (os traballos de remate das obras foron a cargo do concello dos cartos do contribuinte para gañar unha elección que resultaron fatais pasando a seren a última forza politica de Cariño... eses cartos invertidos de remate da construcción deixando como avala suposta fonte de enerxia dos paneis solares... engadese a través de estudos independentes que é probable que este servizo deixe unha débeda ao redor de 100.000 euros anuais... que serán 400.000 euros ao remate da lexislatura (contado o amortizamento dos paneis).


Quedanlle dous telediarios a este concello e a esta candidata a alcalde vanlle botar as culpas de todo. Seremos un concello intervido e obrigado a fusionarse con outro concello limítrofe. O FRACASO DA ESQUERDA CARIÑESA, O FRACASO DOS POLITICUCHOS DE CARREIRA VITALICIA, O FRACASO DA EXISTENCIA DE CARIÑO COMA CONCELLO, O FRACASO DOS CARIÑESES QUE NON REACCIONARON A TEMPO, O FRACASO DUN SOÑO, O FRACASO DUN FRACASO PROGRESISTA SOCIAL DEMÓCRATA.

pagano da piscina dijo...

¿Sabe alguén donde andan as limpadoras da piscina? Eu hai polo menos unha semana que non as vexo. Pasou o día e pasou a romaría; e o que veña atrais que arree.
Xa empezan a caer as caretas.

Fontao dijo...

La marmicoma si non son capaces de vaciar a piscina ou cagar nela. Puri mirade ben se deixan os grifos cerrados. Esta xente ten moi mal perder.

Anónimo dijo...

Ao fracasado anterior. Recibe unha herdanza dos grandes xestores da dereita e da esquerda, pero pricipalmente da dereita co mamotreto de concello que temos jracias ao todavia senador Fraja......

vou pasear no yate dijo...

Eu la marmicoma; collía e tiraba co Edificio e volvía ao da Porta da Pulida que ben nos chegaba para o que facíamos. E iste a hipotecalo e darlle as janancias aos pobres despois de pajar o que debemos.

Anónimo dijo...

A "vou pasear no yate" doulle toda a razón. ¿En que se mellorou co traslado do Concello?. Estamos igual de mal ou ben atendidos, o personal traballa o mesmo; a diferencia está en que hai moito que presume do que non ten e así nos vai. Con todo o que se gastou podían pagar barrendeiros para deixarmos de ser o núcleo mais porco da bisbarra. Está todo cheo de herbas, as aceras negras, cheas de cagadas de cans, os contenedores do lixo cheiran que apestan de non lavalos, as papeleras que faltan non se repoñen.
Alcaldesa, canto traballo tés por diante; simplemente para ter o pobo, e as aldeas medianamente decentes. As obras maiores xa viran mais adiante.

Anónimo dijo...

Si salides polo pobo unha maña calquera, parece unha manifestación de paseantes co uniforme do concello.
PASEANTES.