24 may 2011

Resultados para a reflexión


E de supoñer que as tres forzas politicas que se presentaron as municipais no noso concello esten a reflexionar. No BNG ainda non se creen o que aconteceu o 22M, una lista totalmente renovada logrou para os nacionalistas un resultado historico e ser, por primeira vez, primeira forza no Concello, duplicando os seus votos. No PSdeG-PSOE ainda pensan que é un sono o que pasou o 22M, a perdeda de mais de 300 votos do seu electorado e pasar de primeira a terceira forza, fan que os cimentos da militancia reclamen axustes dende a autocritica. E seguro, que pronto veranse as consecuencias de non facer unha renovación axeitada os tempos. Non é por tirar flores os nosos lectores, pero as respostas a enquisa de "Os Aguillons", apuntaban xa moi claramente que o electorado socialista reclamaba un cambio que non se lles ofreceu. O PP, tambén ainda da voltas a cabeza, do por qué non acertaron, e fracasaron, de maneira historica, perdendo 156 votantes y sobretodo non logrando arrancar, cos tempos que corren, nin un dos votantes socialistas desencantandos como si o fixeron noutros municipios. Os nosos lectores tamben apuntaron na nosa enquisa este descontento, a renovación do PP, non logrou despertar o interes esperado, nin os votos. A incorporación estrela da lista, mais que aportar, despertou moitas preguntas do por qué da mesma, o que non resultou o final ser una incorporación non creible. E evidente que o BNG recolle o descontento do PSdeG-PSOE e do PP, o aumento de votos dos nacionalistas case calca a baixada das outras duas formacións. Eso non o debe olvidar Puri Seixido, cando tome o bastón de mando, ten moito voto prestado, que espera un xesto. Nos apostamos sempre dende Os Aguillons, por unha nova forma de facer politica en Cariño. Agora pode ser o momento. En primeiro lugar, apostando por un goberno monocolor do BNG, con apoios puntuais co PP e co PSdeG-PSOE, facendo que a democracia participativa sea a nova forma de facer politica, para iso o PP debe permitir o que sempre din, de que goberne a forza mais votada, e o PSdeG-PSOE non debe forzar un bipartito en Cariño, coma prenda dun bipartito noutro concello. Por último, tanto o PP coma o PSdeG-PSOE deben dar paso a unha nova xeneración de politicos que defendan Cariño por riba das suas diferencias persoais. En tempos de crise, por riba das diferencias persoais esta o ben común, de todos, xa sexan do PSOE, do PP ou do BNG.