5 mar. 2011

Depositos de madeira a vista

Os concellos de Cariño e Cedeira, volvéronse a reunir para establecer novos detalles do proxecto para a construción duns depósitos madeireiros na zona do Ortegal en consenso coas firmas madeireiras fincadas nas localidades e con as asociacións de productores. O proxecto inicial contempla a creación dunha vintena de cargaderos de madeira en puntos estratéxicos da comarca. A idea é habilitar zonas de almacenamento e facilitar o acceso aos camions. Estes almacéns contarán cunha área de mil metros cadrados nos que estará habilitado un espazo para a carga e descarga de material, o estacionamento e o traballo dos vehículos pesados. A idea, que esperemos non cambie, e que estes almacéns estarán situados lonxe de núcleos rurais, en lugares fáciles de adaptar nos que non haxa que facer moito desmonte.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois noraboa.Sempre que se faigan ben as cousas, millor para todos.

Anónimo dijo...

pólitica... idea conxunta entre Cariño e Cedeira... politiqueo local... iluminación... utilidade 0. A madeira tense que deixar nos poligonos ou parques empresariais e non transladar a actividade nos núcleos de poboación(temos dispersión poboacional... a moitos non lle entra na cabeza), non convertir os mesmos nun foco de tráfico pesado cos problemas e perigos que iso ocasiona.

Anónimo dijo...

Que nos dan a cambio a nos os portugueses?postos de traballo 0 e foder as pistas moito,pero bueno algo sacaran os alcaldes me supoño, por que pa molestarse por algo que non incumbe a naide do pobo,non lles sera mellor a estes cabezas pensantes de preocuparse das empresas locais que estan a pasar todas por moitos apuros e mirar de darlles os poucas obras que se fan nos concellos que yas den as empresas de aqui.

Anónimo dijo...

Pero, ¿a quen se lle ocorre semejante estupidez? a madeira pra os polígonos, claro é que non hai. O caso e pasar unha pala e cobrar polo almacenaxe, fagan un polígono como fan nos pobos do primeiro mundo e cobren polos servicios, o poligono é unha inversión do concello non un gasto, esta "iniciativa" non ten nin pes nin cabeza. "A ignorancia dos políticos e a nosa condena".

Anónimo dijo...

Claro que polígonos non hai; mentras o PSOE goberne en Cariño será a promesa electoral eterna.
Os depósitos, que os leven ó monte, que non os poñan ó lado do Paseo Marítimo. Ademáis o que se di postos de traballo, moitos non xera.

Anónimo dijo...

Por que liades a responsabilidade do Concello con Portos? A madeira que está en Cariño está no espacio do que dispon Portos de Galicia.

Anónimo dijo...

Entonces porque o alcalde ten tanto interese,en buscar outro sitio??????.

Anónimo dijo...

A capacidade de influencia, presión, diplomacia e representación tena o Concello. Non quierades os sociolistos tratar de escurrir o bulto.

Anónimo dijo...

A responsabilidade e de non executar inminentemente un poligono industrial... xestions que teñen un alto custe electoral

traballo portugués dijo...

Dentro de pouco a madeira vai chegar diante do Fornil. Postos de traballo cero. Pistas, cunetas desaparecidas.Nin limpan a merda que deixan pastrada polas cunetas e máis polas pistas.

Anónimo dijo...

Este Concello vai a pique, merda e cheiros por todas partes. Que leven a madeira enfronte da casa do alcalde, alí teñen sitio a barrer.

Anónimo dijo...

Facia xa tempo que non ía a Cariño; a verdade é que está de pena, estaba cheo de merda polas beirarrúas.