20 oct 2010

Mal de moitos, consuelo de...

Na web do PSOE de Cariño din que a piscina está recibindo os últimos retoques e a súa apertura, por fin, está moi próxima. Din que son os primeiros en lamentar o retraso da obra e as razóns do mesmo, relacionadas cos problemas económicos da empresa constructora. E verdade que este tipo de obras son complexas, custosas e que sempre xurden imprevistos. Pero o curioso do caso, é que como argumento tambén usan unha nova publicada o domingo na Voz de Galicia co titular “A piscina compartida de Ares e Mugardos retrasa a sua apertura ata finales de ano”, para eles esto amosa que non somos, nesto do retraso da piscina, nin moito menos, un caso único. O dito de outra forma mal de moitos, consuelo de tontos.

33 comentarios:

xa falta pouco dijo...

O noso concello para adiantar xa podía ir facendo unhas bases para adxudicar o control da piscina a unha empresa que polo menos non poña problemas en limpar a auga quente; que moito porco anda solto.

Anónimo dijo...

Quen é a empresa que se establece unha piscina municipal, en Cariño co seu mantemento e o seu persoal cualificado???


sorte.

Anónimo dijo...

Vamos nadar a basteira que e moi jandre.

Anónimo dijo...

Pode servir o persoal cualificado que atende o polideportivo e máis protección civil e os do Artal que no inverno teñen tempo, eso si se algún se afoga xa está o seguro.

Anónimo dijo...

Nesa nova os señores socialistas minten e queren confundir novamente á cidadanía.

1º Porque a piscina que compartirán Ares e Mugardos está financiada polo Plan E integramente con 400.000 euros. A de Cariño NON naceu co plan E(Xa que logo é obra esclusiva deste goberno e a súa maior preocupació). A piscina de Cariño iniciouse(as obras), aproximadamente, aló polo ano 2005, cuio proxecto non levaba implícito o substento das enerxías renovables. Usouse o plan E pra dotar dunha millonaria instalación fotovoltaica (823.000) euros para ocultar a inoperancia de rematar un proxecto inviable pra o noso concello que agora usaráse electoralmente sen ningún tipo de pudor. O señor Armada quixo deixar o seu selo aproveitando o seu paso pola diputación... habemolo de pagar ben caro.

2º A piscina será recordada como a xestión máis nefasta da nosa historia recente do noso concello moito máis que polo uso caciquil(que ten tela) dos fondos do plan E que se realizou no seu dia. Un concello que depende do financiamento público e do financiamento privado(ata o ano que vén, no que pecharán o grifo)... é inconcebible que se puxeran todos eses cartos e todos eses fondos a un proxecto morto antes de nacer.

3º A Comparación de Ares e Mugardos é dunha falta de vergoña e dunha desfachatez impresentable. O emplazamento desa piscina está no núcleo dun gran tecido industrial, no que hai moitísimos máis habitantes que a nosa vila e se me apuras toda a comarca... e o que é máis importante, xente que poden permitirse abonarse a unha piscina todo ano con todolos menbros dunha familia(xa que todos viven alí).

4º Non é de extrañar anticipar a catastrofe indo facer unha ollada a tódalas instalacións municipais... Carentes de servicios, de material,... cunhas condicións ruinosas e lamentables... engadindolle o feito de que cada vez máis queda menos xente que poida ou desexe usalas... agás os novos veciños vidos das castelas.

¿Quen vai pagar todo isto?¿Quen se fará responsable?¿Que financiamento teremos do estado a partires de agora neste municipiuo que depende en esclusiva del... un estado endebedado, o máis das economías avanzadas?¿Quen van afrontalos presentes e futuros recortes orzamentais?¿Alguen sabe o que nos estamos a xogar?¿Alguen ten conciencia de futuro?¿Alguen quere a Cariño?

Anónimo dijo...

Nesa nova os señores socialistas minten e queren confundir novamente á cidadanía.

1º Porque a piscina que compartirán Ares e Mugardos está financiada polo Plan E integramente con 400.000 euros. A de Cariño NON naceu co plan E(Xa que logo é obra esclusiva deste goberno e a súa maior preocupació). A piscina de Cariño iniciouse(as obras), aproximadamente, aló polo ano 2005, cuio proxecto non levaba implícito o substento das enerxías renovables. Usouse o plan E pra dotar dunha millonaria instalación fotovoltaica (823.000) euros para ocultar a inoperancia de rematar un proxecto inviable pra o noso concello que agora usaráse electoralmente sen ningún tipo de pudor. O señor Armada quixo deixar o seu selo aproveitando o seu paso pola diputación... habemolo de pagar ben caro.

2º A piscina será recordada como a xestión máis nefasta da nosa historia recente do noso concello moito máis que polo uso caciquil(que ten tela) dos fondos do plan E que se realizou no seu dia. Un concello que depende do financiamento público e do financiamento privado(ata o ano que vén, no que pecharán o grifo)... é inconcebible que se puxeran todos eses cartos e todos eses fondos a un proxecto morto antes de nacer.

3º A Comparación de Ares e Mugardos é dunha falta de vergoña e dunha desfachatez impresentable. O emplazamento desa piscina está no núcleo dun gran tecido industrial, no que hai moitísimos máis habitantes que a nosa vila e se me apuras toda a comarca... e o que é máis importante, xente que poden permitirse abonarse a unha piscina todo ano con todolos menbros dunha familia(xa que todos viven alí).

4º Non é de extrañar anticipar a catastrofe indo facer unha ollada a tódalas instalacións municipais... Carentes de servicios, de material,... cunhas condicións ruinosas e lamentables... engadindolle o feito de que cada vez máis queda menos xente que poida ou desexe usalas... agás os novos veciños vidos das castelas.

¿Quen vai pagar todo isto?¿Quen se fará responsable?¿Que financiamento teremos do estado a partires de agora neste municipiuo que depende en esclusiva del... un estado endebedado, o máis das economías avanzadas?¿Quen van afrontalos presentes e futuros recortes orzamentais?¿Alguen sabe o que nos estamos a xogar?¿Alguen ten conciencia de futuro?¿Alguen quere a Cariño?

Anónimo dijo...

Gustaríame saber si esa energía renovable de que tanto presume o grupo de goberno,¿funciona xa?. Disque venden a enerxía e sacan ao ano unhos 50.000 euros e máis quentan a auga. Si é asi ¿quen a compra? Si alguén sabe algo disto que o explique, eu non o dou entendido.

Anónimo dijo...

Unha mostra da xente sabida que escribe por aquí:

"Nesa nova os señores socialistas minten e queren confundir novamente á cidadanía.

1º Porque a piscina que compartirán Ares e Mugardos está financiada polo Plan E integramente con 400.000 euros"

Antes de escribir con tanta vehemencia, numerando os argumentos e demais, deberías informarte un pouquiño mellor. Que a Diputación é quen financia a piscina de Ares e Mugardos é algo sabido por calquera que amose un mínimo interese polos temas políticos comarcais.

Como demostración, bota un ollo aquí:
http://www1.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=12375

Ou tamén na nova aparecida en La Voz o outro día, onde se dí textualmente: "Este añadido a las instalaciones deportivas fue proyectado con fondos del Plan E por un total de 400.000 euros, mientras que los trabajos en el resto del complejo fueron financiados por la Diputación de A Coruña con una inversión que ronda la cantidad de 1,5 millones de euros".

Para escribir con tanta (pretendida) autoridade, hai que comezar por documentarse e ler cun pouco de atención. O que paga o Plan E na piscina de Ares e Mugardos é un complemento (un Spa concretamente). Tamén hai que ser cenutrio para crer que con 400.000 euros faise unha piscina climatizada. En fin...

Señoras e señores, aquí teñen unha mostra da "liña editorial" deste blog. Ignorancia, desinformación, mentira e manipulación cociñadas polo PP cariñés. Non paga a pena seguir comentando o resto, xa que a liña é similar á saída en tromba do punto primeiro.

Anónimo dijo...

As piscinas cubertas climatizadas están financiadas pola Deputación Provincial, non cabe a menor dúbida, foi un lapsus escriptum, que non invalida o demáis que se dí, o tempo dirá e se verá o que vai acontecer coa piscina.

Anónimo dijo...

Tranquilos,xa pronto teremos de todo,piscina,centro de dia e moitas cousas mais.Ahora non hay cartos.cando se acerquen as elecions aparecen enseguida.
(XA BEREDES).

Anónimo dijo...

chorade, chorade.... e pagade.

Anónimo dijo...

Jijijiji....

Perdoade pola falta de expresión(non teño autoridade só son un que intenta exercer a súa liberdade de expresión sin meterme no persoal con ninguén e as veces podome trabucar e podo recoñecelo e rectificar) ... quixen dicir que a piscina de Cariño remátase, gracias a cacicada más grande perpetrada da nosa historia co sustento duns paneis a cargo do plan E. O proxecto estrela o reclamo do PSOE xa non está en perigo gracias aos cartos dos parados....

...que non é o mesmo financiar un complemento coma un spa... coma é o caso dunha piscina compartida por dous concellos....Ares e Mugardos...


Pero na idea esencial que é a inviavilidade do servizo... botase en falta que alguen intente rebatila... niso quixera trabucarme... pero...

Anónimo dijo...

por moita merda que votedes por esas bocazas que tedes vades estar outros catro anos mais na oposicion iso e o que vos jode a mais de catro que escribe por este antro.
un bico... e animo a segir intentando!

Anónimo dijo...

"Señoras e señores, aquí teñen unha mostra da "liña editorial" deste blog. Ignorancia, desinformación, mentira e manipulación cociñadas polo PP cariñés. Non paga a pena seguir comentando o resto, xa que a liña é similar á saída en tromba do punto primeiro".

Polo menos aqui podemos falar incluso vos os socialistad de pro do povo, non coma na vosa paxina que é para ver e creer che guste ou non. Viva a Liberdade!!!

Anónimo dijo...

E mentras a pasear en yate e Cariño ao pedo como dixo alguén

Anónimo dijo...

Os únicos en emporcala vida cariñesa sodes vós co voso cinismo... xa me contaras se hai que ter pouca vergoña con o eslogan socialista "A loita polo pediatra"... cando foron os gobernos progresistas socialistas os que nos deixaron sen este servizo...

... isto contrasta coa negativa e o desprezo por unirse a "outras loitas"... O Concello de Cariño que nos representa a todos e ten a obriga de defendelos nosos intereses non unirse CONTRA O DECRETO DO CARBÓN COMO SI SE UNIU A INMENSA MAIORÍA DOS CONCELLOS DAS COMARCAS AFECTADAS(A nosa tamén) SEXAN DA COR QUE SEXAN OS SEUS RESPECTIVOS GOBERNOS.


Vou do cinismo, do despotismo, do corporativismo, dos que actuán só polo interes puramente electoralista... farto...moi farto...

Primeiramente somos cariñeses e defendemos Cariño sobre todalas cousas... haber se hai sorte e se lle mete iso alguén nos miolos.

Anónimo dijo...

falas moito pero o que falas esta baleiro de contido e siestas farto votate a dormir a sesta que iso fai mellor a dixestion.

Anónimo dijo...

quen se acorda de nosoutros cando nos poñen cupo aos nosos barcos que xa non poden coller peixe de mar por que esta todo vedado que vamos comer carbon,invertiu algo endesa das pontes en cariño? ven buscar xente pa darlles un posto de traballo? solo nos queren pa facer mais forza e so seacordan de nos cando nonteñen donde chamar.

Anónimo dijo...

sodes mala xente

Anónimo dijo...

Endesa non invertiu en Cariño... invertiu nas comarcas do Ortegal Eume e Ferrolterra. Moitos veciños traballaron ou algún ainda traballa en mineria, transporte, mantemento, etc...

Non hai que ser tan sectario e ignorar a realidade que a nosas comarcas pasaron a ser, hoxe máis ca nunca, unha fonte inagotable de paro e da insostenibilidade grazas aos gobernos denominados "progresistas".


Padecemos dos nosos males tradicionais: Dispersión poboacional, migración de poboación activa e avellentamento demográfico severo.... Coa paulatina desintegración da actividade industrial perpetrada polos gobernos progresistas den de Madrid levada a cabo durante décadas estamos abocados a un futuro tan desilusionante coma incerto.


E quen o queira ver a si.... quen teña ollos que o vexa.


punto.

Anónimo dijo...

Temos o que merecemos

Anónimo dijo...

Sempre nos venderon sexa a favor de Andalucía, Cataluña... e últimamente Castela e León e Asturias...

E ainda encima ven o señor ilustrisimo ministro de fomento a vendernos o que apostan por galicia e os galegos....

O que hai que oir, ver e aguantar.

Se a xente o quixo así que se lle vai facer... non aprenderemos nunca.

Anónimo dijo...

A ver a quen "enchufan" na piscina...xa hai listado de posibles candidatos..

Anónimo dijo...

enchufaran ao teu fillo.

Anónimo dijo...

Coma empresa é publica...a saquear... ata que alguen diga abonda xa... e despois a dedicarse a chorar e botarlle as culpas a outro...asi nos pasamola vida... e que se manchen as más outros...

O cinismo de acotío.

Anónimo dijo...

Cando vai ser?. Neste concello o de inminente é unha verba que se pronuncia un día sí e outro tamén e vai pasando o tempo e a vida segue igual; coma dí a canÇión.

Luis dijo...

Viva la gente y viva el vino !
cuanto Anónimo en cariño no debeis estar ninguno empadronado que no me sonais en el registro civil !

PAYASOS !!

Anónimo dijo...

Alguén pòde decir como funcionan os paneles solares? ¿quentan eles a auga da piscina?. A mín dixeronme que se quentaba con propano e que o dos paneles vendíase e asi pagabase o propano e aínda sobraban cartos e os nenos máis os vellos irían gratis.

Anónimo dijo...

Os vellos con carnét e segun sexas fillo de quén.

Luis dijo...

Las placas solares funcionan a base de la malicia de la gente del pp en cariño ....el agua llega a una tª agradable y se puden meter en la piscina toda la mafia a las que os gusta batallr sin fundamento y no hacer nada por el pueblo .... gente del pp,psoe,bng o apolitico y juntos podeis bañaros sin peligro de coge run resfriado ....

Anónimo dijo...

Cando vai ser iso?

Anónimo dijo...

Cando no colexo comecaba a lección de matemáticas, explicandonos unha mostra do que é a PROGRESIÓN ARITMÉTICA contabannos unha historia moi curiosa... Na historia antiga, un rey opulento quixo contratar pra un tarefa a un home, froito da arrogancia e da ignorancia deixou ao contratado que puxera a prezo aos seus honorarios pola súa tarefa... este díxolle ao rey que a tarefa íballe durar aproximadamente dous meses e o prezo era progresivo cada día primeiro era UNHA MOEDA o primeiro día, 2 o segundo, 4... o terceiro, 8 o cuarto... e así sucesivamente todolos días.... O Rey sen dudar seguro da súa fortuna e facendo gala da súa ignorancia aceptou o trato e asi o fixo público...

A pouco de pasalo més tivo que mandar matalo contratista xa que a ese ritmo non chegaba patrimonio e o tesouro pra pagar...(Gustoume esa lección, non me gustaban as matemáticas, pero a escola fun)

Lonxe de fábulas e contos...

Témonos que facer a idea do que estamos a poñer sobre a mesa... Concellos coma Cariño, Cedeira e Ortigueira que teñan cadanseu poligono industrial, piscina municipal... Non sei quen configurou todo isto pero debeu de ter moitos paxaros na cabeza... Non poderemos lograr nunca unha mínima eficiencia e productividade sostible e coherente se non se fan as cousas dende o sentido común.

Somos víctimas da dispersión poboacional... primeiro dotennos de infraestructuras... logo que veñan as dotacións e os servicios con inversión acorde sen empeñarnos co estado e as diferentes administracións...

Anónimo dijo...

Progresión Geométrica de razón 2