18 oct 2010

Promesas non, feitos

A Xunta de Galicia en resposta á moción presentada polo Partido Popular de Cariño nun pleno celebrado a finais de maio e na que se pedía á Xunta a inmediata incorporación dunha praza de pediatra no centro de saúde, que foi suprimida no mandato do anterior Goberno bipartito do socialista Touriño. Desde a Xunta anúnciaron que a praza se cubriria próximamente mediante un Concurso de Traslado e Oferta Pública de Emprego (OPE). Pero como é loxico ese “próximamente” xenera dubidas, por iso as nais de Cariño prevén manifestarse a próxima semana na entrada do centro de saúde para protestar co lema “Promesas non, feitos” para acelerar a dotación dun pediatra que consulte aos seus fillos diariamente. Ti que opinas, podes votar na enquisa do lateral.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira que deben ver mal as cousas o PP cariñés para mentir e manipular no seu blog deste xeito. E mira que xa nos teñen acostumados. Pero o desta vez supera o imaxinable.

Tamén é de traca que, despois do traballo feito polas nais, despois de máis de 1300 firmas recollidas, etc. nos digan que "A Xunta de Galicia en respota á moción presentada polo Partido Popular...". Menuda forma de apropiarse do traballo alleo. Qué pouca vergonza!

Anónimo dijo...

Gracias a Rafael Girón que está loitando desde que o bipartito nos jodeo o pediatra fai casi catro anos e os da vila non queren estar compartindo. Dous días na vila, un día en Mañón e dous dias en Cariño. Especialista en apropiarse do que os demáis fan e mentir, ten o alcalde de Cariño a exclusiva.

Anónimo dijo...

Xaneiro de 2008... A Xunta de Galicia gobernada polo bipartito nombra un cargo de relevancia ao pediatra de Narón, o pediatra que atende en Ortigueira e Cariño trasladase a Narón a sustituir a esa baixa...E eu preguntome...

¿Estaba o señor Armada e os señores socialistas a fronte de algunha reivindicación veciñal? Se estaban nalgun lado...¿Onde? Ay si oh, xanero do 2008... ¡Con Touriño na casa da cultura enganandonos a todos coa VAC! ¡Na nosa cara, na nosa casa! e todo por que había elección xerais "inminentes"...

Volvendo aos FEITOS E PAPEIS E ESCRITOS NUNHA ACTA...

O PP de Cariño presenta moción no concello polo pediatra, dentista, fisiuterapeuta....PEDIATRA.


Os que se apropian do traballo alleo son os señores socialistas NO SENTIDO MAIS LITERAL DA PALABRA....


NON CREE?

Anónimo dijo...

os do pp coma sempre sacan a foto cos que traballan pero eles de traballar ostias son coma "CARRACHAS" no lombo do obreiro .

Anónimo dijo...

Ai si, os socialistas estan pra medalla ao traballo... teñen o lombo esnaquizado de traballar... iso si moi tocan a guitarra... ou o que cadre ¿non si?

Anónimo dijo...

Non vos poñades nerviosos, oh! Se xa imos ter pediatra grazas a Feijóo, non sei a conto de qué vén tanto alboroto!

¿Ou é que xa sabedes que os vosos coleguis da Xunta van pasar de vós olimpicamente, unha vez máis, e deixarnos como estamos? Por certo: me troncho con la lucha pro-pediatra de Girón dende fai catro anos. ¿Pero non era "en resposta" á moción do PP de Cariño a finais de maio? Se é que nin sequera sodes capaces de coordinar os vosos argumentos. Ai, ai... canto custa porse a traballar despois de tanto vaguear.

Oito anos perdidos dijo...

O de Touriño foi cojonudo puxo a mesma primeira pedra en dous sitios distintos, dín que era unha pedra especial para estas ocasións.Non sei como non lles cae a cara de vergoña con tanta mentira, non me extraña que a xente de ben este hasta os collóns dos políticos. Na Voz de Galicia que o mesmo PISOE nos recomenda leer na súa web xa explica o que pasou. O que temos que facer é unha manifestación como os do carbón das Pontes, nos coma sempre a velas vir, pero nin unha declaración de apoyo a os nosos veciños que lles están dando donde máis doe: no seu traballo, compraron camións e se hipotecaron por culpa do PISOE, e o ZP facendo aeroportos pras ovellas en León.

Anónimo dijo...

A moción para pedir inmediatamente o pediatra foi conxunta do PP de Cariño e Ortigueira. Como a sesión plenaria ordinaria foi antes a de Ortigueira, Armada enterouse da moción pola prensa entón mandou a convocatoria posteriormente pra incluir na orde do día a "sua reivindicación" facendo propio a recollida de firmas e a iniciativa das nais(que non actuan baixo ningunha sigla, so defenden os seus intereses). Aí, sacamos a moralidade dos protagonistas... Lembremola data: Xaneiro de 2008, e Girón non estivo só, o PP de Cariño reclamou o pediatra ao mesmo tempo, independientemente de quen estivese na xunta.... pero o problema foi ocasionado polo bipartito... penso que iso é evidente e incuestionable.

Agora ben, non esquecer da deuda ocasionada polo bipartito e o feito de ter unha sanidade cada día máis insostible... na que a formula do copago cada día sona como a única saída.

Anónimo dijo...

O PP en Cariño levou a súa reivindicación e votouse coma en Ortigueira... pero hai que lembrar quen manda en Cariño e quen goberna as súas anchas... pode facer o que lles dea a gana... pero a reivindicación do PP foi atendida pola xunta xa que PP, levaba moito tempo xa FACENDOSE ECO DAS DEMANDAS DAS NAIS, NON APROPIANDOSE DA SUA LABOURA REIVINDICATIVA, firmou xunto coas nais, demostrou que atende a Cariño antes que a ninguén e deixa que as nais sexan as únicas protagonistas por so a elas lles afecta o problema.

Na web socialista podedes a preciar como a reivindicación era propia antes que delas

lembramola data: Xaneiro de 2008.

Oito anos perdidos dijo...

Hoxe na Voz de Galicia, meu gozo nun pozo, resulta que despois de oito anos o asilo dos vellos- outra mentira máis-, eso sí, a culpa é doutros; cando o sentido común nos dí que iso remátase se pagamos a quen nos lo faiga, en fin; xa vemos o que fan. Agora gostaríame saber para cando a piscina de auga qente?

Anónimo dijo...

Gracias e só gracias ao plan E, inminentemente, agora ben, vai haber que facer colectas casa por casa todolos meses pra mantela ou coleccionar hipotecas que eu non vou pagar e aproveito e chamo a desobediencia civil... os pufos que os pagen os incompetentes.

xa bastante teñen os municipios ricos que comparten piscina con outros municipios... imaxinade nós, a min gustame ser de Cariño e vivo sin piscina tranquilamente. Bastame con ter luz, agua, saneamiento, as pistas rozadas, e as instalacións municipais en perfecto estado(E xa pido moito)

Irresponsabilidade a máxima potencia.

Anónimo dijo...

O uso caciquil do plan E vai facer realidade a piscina, nunca, XAMAIS, se plantexou no inicio do proxecto o uso das enerxias renovables... na que será a mayor infamia perpetrada aos cidadáns de Cariño pra obter réditos electorais a sabiedas da inviabilidade da instalación.

Pero botadelle unha ollada a Casa da cultura, o pabillón, a pista de pádel, o campo de fútbol(sobre todo os vestiarios), a area da praia cubrindo as pasarelas de madeira e mitad delas apodrecendo,...¿De verdade pensades que somos parvos ou non sabemos en que mundo vivimos?¿A quen pensades enganar?

NON SE PRODUCE, NON HAI POLIGONO INDUSTRIAL, NON HAI RECURSOS E CADA VEZ MÁIS FAMILIAS E MAIS XOVES MARCHAN E EMPADROANSE NOS SITIOS QUE LLES DAN OPORTUNIDADES. ESA É A TRISTE REALIDADE NON HAI QUE TENTAR DE ENGANAR Á XENTE. QUE LEVADES 20 ENGANANDO A DISCRECIÓN QUE XA ESTA BEN!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Atopeime hoxe cunha manifestación reivindicativa, diante do centro de saúde.

Sinceramente teño que dicir que a maioria dos presentes(que eran ben poucos)estaban alí orquestados por alguén que soe quedar na sombra, porque sabe que sempre ten xente pra facerlle os traballos sucios, pra él non queimarse moito.

O que está clarísimo é que moitas madres das que estaban alí, xa tiveran fillos dende o 2005 ao 2009, que foi nos anos que nos quitaron o pediatra. ¿Por qué nestes anos non houbo recollidas de firmas nin manifestacións esexindo un pediatra ?.

"Elemental querido Wathson" o goberno da Xunta era outro.

Cinismo e hipocresía era o que se respiraba neste ambiente, véselles de lonxe a protesta demagóxica con transfondo político que había na reivindicación.

Oxallá veñan cantos médicos ou pediatras se necesiten en Cariño, pero sigo dicindo, que as necesidades dun pediatra xa veñen de moito atrais.

Anónimo dijo...

"(...) eu non vou pagar e aproveito e chamo a desobediencia civil... os pufos que os pagen os incompetentes."

Se fixeses iso cando faltaron os cartos na Confraría...