8 ago 2010

O cheiro vai o pleno municipal

O PP cariñés reclama a posta en marcha da estación de bombeo e a depuradora, polo cheiro que teñen que soportar a diario os veciños do centro de Cariño. Na Voz de Galicia o portavoz do PP, Juan Manuel Fachal, di que propón ao pleno municipal que o Concello se comprometa a solicitar de inmediato a posta en marcha tanto da estación de bombeo como a depuradora de augas fecais e residuais co fin de solucionar "o cheiro tan desagradable que vén sendo habitual no centro do noso pobo". Parece que as narices do PP fano despertar do seu letargo, agora esperar que as narices do PSOE e BNG desperten a responsabilidades dos seus donos e como goberno fagan algo.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

e...mais non é sin tempo carallo, da noxo ter que soportar este cheiro aparte que que e moi toxico, desagradable e asqueroso hay quen dí que Cariño sempre cheirou...asi nunca na vida...vaia vergoña sempre nos toca de bailar co a mais juapa e eiqui ningen move un dedo, si isto ocurre noutro sitio rodarian cabezas pero en Cariño mexan e cajan por ti
e non digas nada que ni caso che fan...asi nos luce o pelo. INDIGNANTE.

Anónimo dijo...

Calquera lle pon o cascabel ao jato.
Donde anda o alcalde eo vicepresidente.
DRAMATICO.

Anónimo dijo...

Ibáchese sendo hora xa; que vergoña chegar a Cariño e ulir a merda na máis pasar a Pedra.

A ver se o Pesoé...comeza a traballar agora que veñen as eleccións; del Tarolo, pasamos palabra, visto y no visto.

Anónimo dijo...

os cartos tamen cheiran.aaah!, pero no son tóxicos.

Anónimo dijo...

Para que Cariño non cheire hai que levar ós causantes dos cheiros a onde hai que levalos.Como fan en tódolos lugares,por suposto.O malo é cando alguen lle concede licencia de ampliación no medio da vila a unha das fontes que máis cheiros xera.Aqueles lodos traen estos barros.

Anónimo dijo...

Si home si, pero Luisiño e mais o seu can de palleiro Taroliño non fan nada polo polígono industrial e o seu "viveiro de empresas" que poñen nos seus panfletos, así nos luce o pelo.

Anónimo dijo...

Cariño agora non cheira a o peixe, o cheiro e a MERDA.

Anónimo dijo...

E, por si fora pouco, agora somos unha localidade lucense(La Voz de Galicia 17-8-2010 )

Anónimo dijo...

Cando ides publicar as contas do concello? O pobo quere saber como está deixando este sociolisto burgues as arcas municipais.

Anónimo dijo...

Adeuda do concello enlongase dos 800.000 euros. A metade que Ortigueira, sen embargo, cabe suliñar as diferenzas máis que notables en equipamentos, servicios e xestión... e agora algún diriame vaita pa vila... pero é a realidade. O noso concello, non é dos que máis deuda teñen, pero esta sumido na incognita dun futuro incerto... ainda máis cando se poña en funcionamento a piscina municipal cuberta... inviable e insustentable pra un concello coma o noso. Se lle engadimos un barco ocio-recreativo-educativo... que navega dous meses mediante encargo que deixa perdas aproximadas de corenta mil euros anuais amortizando as máis ca importantes subvencións... non che quero o conto.

Non hai futuro por que non hai plan e non hai proxecto... agás se vive e se xestiona por e para o votante e non pra o conxunto de cidadáns cariñeses, que ven con impotencia cómo se converte o seu pobo nun lugar sen identidade, sen proxectos, sen esperanzas e sen espectativas.

O concello agora e máis doado de xestionar, entre outras cousas polo plan de Urbanismo unha herencia do PP. Gracias a el o concello é un lugar máis doado de xestionar e no que se ingresan máis cartos cunha lexislación e unha "ordenación", pioneira na súa época, e que xa moitos concellos quixeran ainda hoxe. Pese a iso, este grupo de goberno con dúas lexislaturas as súas espaldas, non foi capaz ou non quixo a realización do parque empresarial do Sagrón, eixe fundamental despois da dinamización do noso porto(O unico do Ortegal) do que pode ser a consolidación dun proxecto que alberge esperanzas pra o noso futuro sen ver cómo emigran en masa(como xa non se acordaba) os xoves do noso pobo que naceron aqui e que piden oportunidades pra prosperaren na terra que lles viu nacer.

Os señores do grupo de goberno o único que fixeron foi enganar a todo ser vivente cariñés primeiro co anuncio da "inminentes obras de realización do parque empresarial" aló polos comezos do 2007 e seguindo coa máis ca memorable foto con Touriño proxectando un proxecto dunha estrada totalmente nova que enlazara cunha tal VAC Ferrol-San Cibrao que creou o PP polo ano 96(Que xa choveu!!!). Os orzamentos incumplidos ano tras anos, recurtados ano tras ano,... e chega o señor agora ex presidente que xa naide se acorda del a Cariño a prometer andrómedas e tres meses despois suspende os estudos e o traballo de inxeneria do 70% do trazado pra poñer unha pedra e Ortigueira pouco despòis. Unha indignidade absoluta... non contencos con iso culpase ao novo goberno do PP que retrase a VAC por ocurrirselle plantexar uns orzamentos acordes coa realidade.

Da estrada pantasma cariñesa xa naide fala e vexoo normal. Non se pode mentir a xente e menos a nós. Xa que o goberno autonómico ten unha deuda pendente con nós e debennos unhas infraestructuras que nos rescaten do aillamento pero que á súa vez nos achegen a outros núcleos de poboación coma Ortigueira... se non, será unha perda de cartos e de tantos anos... simplemente lamentable.

Iso é a herencia do bipartito e do noso grupo de goberno actual co señor alcalde á cabeza. Un señor do que terá que responder nas urnas os case vinte anos da súa xestión.

Anónimo dijo...

Felices festas e a pasalo ben...

Un comentario nada máis...

Os socialistas cariñeses volven a practicar do dobre raseiro que tanto lles caracteriza.

Na súa web estánse a queixar da disminución de obra pública no ultimo ano... mentres o seu ministro de fomento lle reclama a Xunta e o novo goberno de Feijóo 2.600 millóns de euros sen negociar prazos como si negociou noutras CC.AA. gobernadas polos socialistas como por exempla Andalucia(que non teñen a necesidade historica nosa e so responden a caprichos electorais). O dito, o cinismo, a demagoxia, o puro interes partidista que deixa retratado a máis de algún.

A maquinaria socialista activase nas CC.AA. e ayuntamentos gobernados polos populares a véz que nos gobernados por eles prestanse a facerlles a vida máis doada a o camiño máis doado en vistas as citas electorais do vindeiro ano.

O que si cabe salientar unha cousa que se pón cada día máis evidente: Os remordementos de conciencia dos socialistas por MENTIRLLE aos cidadáns en temas de infraestructura no seu frustrado goberno bipartito que apenas venceu a lexilatura... máis concretamente na VAC Ferrol-San Cibrao... unha espiña cravada e unha evidente incompetencia e tomadura de pelo tristemente que habemos de lembrar moi acotío tal e como estan os tempos.

Agora só se precisa sinceridade e franqueza cos cidadán non pataletas duns señores que non aceptan nin ainda dixiren os resultados electorais que os deixaron no dique seco e sen rumbo na actualidade.

Anónimo dijo...

Di aquí alguén que a VAC Ferrol-S.Cibrao a creou o PP no ano 1996. Se estamos no 2010 (14 anos despois dese 1996), e o bipartito so gobernou 4 anos...¿que fixo o PP nos outros 10 anos sobrantes? A conta é ben sinxela.

Curioso.

Anónimo dijo...

Cada día cheira peor e naide dí ni fai nada, e cheira a MERDA.